Búsqueda de Editorial : OBRADOIRO

63 resultados

  • UN CHOQUE INESPERADO
    REIMONDEZ MEILAN
    Nun Lugo dominado pola intelixencia artificial e totalmente dedicado ao turismo, catro mozas singulares coliden na entrada do museo provincial. A partir dese choque irán descubrindo unha conspiración ben máis sinistra ca as pericias romanas na cidade e terán que traballar contra reloxo para rescatar os espazos que lles dan a vida. ...
    En stock

    12,15 €11,54 €

  • TRES SEGUNDOS NA ZONA
    LOPEZ LOPEZ, FRANCISCO XABIER
    Roberto non é o primeiro da casa en xogar ao baloncesto, pero si quen máis problemas ten cos «tres segundos na zona». Conseguirá a súa adestradora que os árbitros nos llos volvan pitar? Será a súa irmá quen dea cunha solución? Logrará o ADAB CLUB facer un bo campionato a pesar de todo? Dende o frío inverno de 1891, cando James Naismith inventou o noso deporte favorito, non se v...
    En stock

    12,15 €11,54 €

  • NEKO
    MEJUTO RIAL, EVA MARÍA
    Neko é un canciño rescatado dun contedor do lixo por Xoana que se converte no seu mellor amigo e no seu confidente. Con el fala dos seus sentimentos e vivencias de violencia. E é que Xoana, xunto coa súa nai, é vítima da violencia de xénero. A nena chega ao xulgado e, tras o encontro e conversación coa xuíza, liberarase do peso que lle supón gardar como un segredo as experienci...
    En stock

    11,60 €11,02 €

  • PEGADAS NA TINTA
    VILA AMADO, CLARA
    Hermontis é unha cidade tranquila, lonxe da trasfega cosmopolita de Menfis e do esplendor crecente de Tebas. Nun lugar así non acontecen grandes tramas. Por iso, o intento de asasinato do gobernador foi tan inesperado. Como ían imaxinar Harsa e Takara que a investigación dun pequeoo incendio os levaría a esclarecer un caso tan importante? ...
    En stock

    12,15 €11,54 €

  • OS METROSIDERAIS
    CAJARAVILLE ARAUJO, HECTOR
    Estela, Kofuku, Li, Tomás e a súa cadela Lía conforman a Banda do Cigurat, un grupo de rapaces e rapazas que consolidaron a súa amizade nas clases de reforzo do instituto. Durante as vacacións de verán, os seus integrantes van verse somerxidos nunha emocionante investigación que crava as súas raíces, literalmente, na historia da Coruña, a cidade en que viven. Un astrolabio, unh...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • O ELEFANTE PERDEU A MEMORIA
    GONZALEZ BARREIRO, XOSE MANUEL
    Que o elefante lembrase cada pedra e cada árbore non sorprendía a ninguén. Tampouco sorprendía que fose un elefante-chafariz, un elefante-illa ou que debuxase arcos da vella no ceo... O sorprendente foi que un día perdeu a memoria e mesmo esqueceu que era un elefante. ...
    En stock

    10,55 €10,02 €

  • LOBO RAMÓN
    CANOSA BLANCO, MARIA
    1.1YF, 01.3YF,YPCK9;YF,4Z-ES-AB 00000000000000000 ...
    En stock

    10,55 €10,02 €

  • O PIRATA ATARIPO
    MARTINEZ BARREIRO FRANCISCO
    1.1YF, 01.3YF,YPCK9;YF,4Z-ES-AB 00000000000000000 ...
    En stock

    11,15 €10,59 €

  • AQUELES MOMENTOS QUE PERDEMOS
    ESTEVEZ FERREIRO, JAVIER
    Cando Ela, unha adolescente sen recordos, coñece a Sara, sabe que cambiará a súa vida para sempre. As dúas percorrerán os camiños nun mundo no que a civilización se esvaece. Un mundo sen pasado. Unha terra chea de perigos. ...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • A TARTARUGA AMODOVOU
    CARBALLEIRA CABANA, PAULA
    Amodovou é unha tartaruga. Cada tartaruga, como cada persoa, ten o seu propio ritmo. Cando aprendeu a camiñar, Amodovou soubo que quería percorrer o mundo para sentir a súa música. E os paxaros, que de melodías entenden moito, foron acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso...
    En stock

    10,55 €10,02 €

  • UNHA MISIÓN PARA CLARA
    CAMPO DOMINGUEZ, Mª PILAR
    Clara, unha nena de dez anos criada no amor e respecto á Natureza, quere ser exploradora e visitar a selva amazónica. Non terá que ir tan lonxe porque a aventura virá visitala a ela na persoa de Nimo, un estraño personaxe que chega á súa vida dun xeito misterioso. Despois de lle abrir a porta, xa nada seguirá igual: Clara ten unha misión que cumprir. ...
    En stock

    11,60 €11,02 €

  • OS PROBLEMAS DO NICOLASIÑO
    SEMPE, GOSCINNY
    Nicolás cada día comprende menos os adultos. Por que non entenden que queira comprar cincuenta libras de chocolate de golpe ou que, se ten unha lanterna, é para estar todo o tempo ás escuras e poder alumar con ela? Bo é que conta cos amigos da escola, os mellores cómplices que alguén pode ter. ...
    En stock

    11,75 €11,16 €

  • O QUE NUNCA CHE CONTARON
    CANOSA BLANCO, MARIA / GOMEZ FERNANDEZ, ENRIQUE
    Cres que as ideas se acenden coma lámpadas, sen máis? Nunca te preguntaches por que o solpor pode ter todas as cores que imaxines? Observaches o ceo á noite e non fuches quen de ver o po de estrelas? Quen inventou o baile das bolboretas? E... de onde tiran a inspiración os magos? Ao que descubras os segredos que agochan estas páxinas, verás o que acontece ao teu redor de xeito ...
    En stock

    11,15 €10,59 €

  • A HISTORIA INTERMINABLE
    ENDE, MICHAEL
    A Emperatriz Infantil está mortalmente enferma e o seu reino corre un grave perigo. A salvación depende de Atreyu, un valente guerreiro da tribo dos peles verdes, e de Bastián, un neno tímido que le con paixón un libro máxico. Mil aventuras levaranos a reunirse e a coñecer unha fabulosa galería de personaxes, para xuntos darlle forma a unha das grandes creacións da literatura d...
    En stock

    15,50 €14,73 €

  • NOITE DE TEMPORAL
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL CARLOS
    A madrugada do 2 de xaneiro de 1921 o vapor correo Santa Isabel, con 270 persoas a bordo, afrontou un terrible temporal nas costas galegas. Esta novela, rigorosamente documentada, narra con ritmo vibrante os extraordinarios acontecementos daquela noite memorable. As reaccións da tripulación e da pasaxe, e a heroica actuación dos habitantes da costa que acudiron no seu auxilio c...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • KIBUKO
    ESTEVEZ FERREIRO, JAVIER
    Sara ten unha fonda tristura acubillada no seu corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso xogo. Por outro lado, Kibuko é un monstro que tenta salvar o seu mundo máxico. E ten un plan... ...
    En stock

    11,60 €11,02 €

  • A VACA DIXO MUA
    GLORIA SANCHEZ
    As vogais desapareceron das palabras, dos libros? As persoas non se entenden; por iso, todos andan enfurruñados e tristeiros. Eira, unha nena da aldea, sae na súa busca. Vai lograr o seu obxectivo grazas á axuda de quen menos o espera: unha vaca moi, moi pesada. ...
    En stock

    10,55 €10,02 €

  • NUBE DE NEVE
    PUENTE DOCAMPO, XAVIER
    Oria agacha no conxelador da súa casa o segredo das nevaradas. Rouboulle ao ceo unha gran nube de neve para poder dispoñer das folerpas ao seu antollo. Poderá Oria vestir de neve os días de sol? ...
    En stock

    10,55 €10,02 €

  • SEGREDO DA CASA DE FORMOSO, O
    CAJARAVILLE ARAUJO, HECTOR
    David acaba de facer dezaoito anos e é o único fillo dunha parella de emigrantes galegos en Nova Jersey. No verán previo ao seu ingreso na universidade viaxa a Galicia, onde só estivera ao pouco de nacer, co fin de asinar os documentos para a venda da casa que os Formoso, a súa familia materna, herdaron na localidade costeira de Faramontáns. A súa intención inicial é regresar d...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • BRUXA E FAMILIA
    CARBALLEIRA CABANA, PAULA
    Poucas persoas saben os verdadeiros nomes das bruxas. Poucas persoas se atreven a descubrir os seus segredos. Este libro é para esas poucas persoas, as que escollen os camiños escuros, as que buscan os enigmas, as que non foxen das arañas, as que non lle teñen medo ao descoñecido, senón que o queren coñecer. ...
    En stock

    11,15 €10,59 €

  • O NICOLASIÑO
    SEMPE, GOSCINNY
    O Nicolasiño pásao en grande no colexio cos seus amigos Alcestes, Agnan, Eudes, Clotario, Godofredo, Rufo, Xoaquín e Maxencio. Sempre está disposto a armar leas. Pero non todo vai ser felicidade: achégase o día da entrega das notas! ...
    En stock

    11,75 €11,16 €

  • OS RECREOS DO NICOLASIÑO
    SEMPE, GOSCINNY
    O son da campá que marca o comezo do recreo é música celestial para Nicolás e os seus amigos. E é que, á fin, poden poñer en práctica todo o que lles pasou pola cabeza durante a clase. No patio do colexio berran, comen bolos, xogan ao fútbol... Todo sería perfecto de non ser polo vixilante, o Caldolimpo! ...
    En stock

    11,75 €11,16 €

  • MATILDA OQUELEO
    DAHL, ROALD
    Matilda é unha lectora empedernida e só ten cinco anos. Sensible e intelixente, é admirada por todos agás polos seus mediocres pais, que a consideran unha inútil. Ademais, posúe poderes estraños e marabillosos. Un día decide desquitarse e comeza a empregalos contra a cruel señorita Trunchbull. ...
    En stock

    12,30 €11,69 €

  • E XOEL APRENDEU A VOAR
    CAMPO DOMINGUEZ, Mª PILAR
    Un rapaz de 13 anos, Xoel, que apenas ten vida fóra da PSP e da Rede. O misterio do Merlo Branco. Paco e Carme, uns pais demasiado atarefados. Eunice, a moza pola que suspira o noso protagonista. Fabio, Daniel e Sara, os seus compañeiros de andainas. Don Santiago, o avó que convive cos remorsos dunha gran mentira. Todos eles e algúns personaxes máis conseguen manternos en suspe...
    En stock

    12,15 €11,54 €

  • MOMO (GALEGO)
    ENDE, MICHAEL
    Unha novela única sobre a importancia da amizade, da bondade e do valor das cousas sinxelas. En definitiva, sobre o que de verdade nos fai felices. Momo é unha nena que posúe a marabillosa calidade de saber escoitar os demais e que desexa axudar a xente a humanizar as súas vidas. Máxime cando os homes grises deciden apoderarse dun dos bens máis prezados que posúen as persoas: o...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • O CONTADOR DE ESTRELAS
    JAUREGUIZAR ORTIZ ZARATE, SANTI / CARLOTA ECHEVARRIA
    Antía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis aburrido da súa vida. Debía botar dous meses acompañando a nai nunha base do servizo antilumes, no medio dunha chaira seca e calorosa. Pero cando coñeceu a Enver, todo mudou; el abriulle a porta da astronomía e do namoramento. Xuntos enfrontaron os incendios que provoca o misterioso Piloto Vermello. Aquel verán acabou sendo o ...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • REBELDES (G)
    HINTON, SUSAN E.
    Ninguén dixo que a vida fora fácil. Pero Ponyboy está bastante seguro de que ten todo controlado. Sabe que pode contar cos seus irmáns e cos seus amigos, os de verdade, sempre dispostos a facer calquera cousa por el. Os socs (unha violenta banda de rapaces adiñeirados rival dos greasers, aos que el pertence), nunca lles din «non» aos problemas. Pero unha noite alguén leva as co...
    En stock

    13,50 €12,83 €

  • NOVO DICCIONARIO DA LINGUA GALEGA
    --
    1.1 ,YQF; ,4GB 01.3 ,YPCK; ,YRD; ,4Z-ES-AB 02012052220120521 ...
    En stock

    36,70 €34,87 €

  • O BOSQUE PÁLIDO
    JAUREGUIZAR ORTIZ ZARATE, SANTI
    En stock

    12,15 €11,54 €

  • O FERREIRO DA LÚA CHEA
    MOLINA, Mª ISABEL
    En stock

    10,00 €9,50 €


01 02 03 »