Con este volume queremos achegar a figura de Ricardo Carvalho Calero a quen sinta curiosidade por este persoeiro que, en pala- bras da súa filla Ma Victoria Carballo-Calero Ramos, consagrou toda a súa vida a Galicia e á cultura galega.
O lector encontrará neste exemplar unha breve biografía e unha cronobiografía, unha escolma de textos acompañada dunha guía de lectura que axude á súa mellor comprensión, un Paso a palabra e o xogo-escapada A caixa de Don Ricardo, que nos levará a percorrer Ferrol descifrando enigmas ata conseguirmos abrir esa misteriosa caixa.