Búsqueda de Editorial : AIRA

87 resultados

  • A BOCA DA SOMBRA
    PEDREIRA, EMMA
    Alguén está a matar as prostitutas de Putown. O medo esténdese polas súas rúas porque na cidade son elas as que gobernan, as que tomaron conta do propio corpo para que non se lucre del máis ninguén. Unha novela desacougante e moi orixinal que utiliza os mecanismos do terror, da poesía e o humor para compoñer un universo inesquecible. Emma Pedreira pon patas arriba a literatura...
    Dispoñibilidade inmediata

    16,00 €14,40 €

  • O SEGREDO DAS IRMAS ASOREY
    ESTEVEZ, MARTA
    A proclamación da II República, o 14 de abril do 1931, coincide coa morte do prestixioso doutor Asorey en Santiago de Compostela e co asasinato da lavandeira que se ocupaba de facer a bogada na casa del. A incerteza do tempo histórico e o medo das súas catro fillas, que vivían con el, vainas obrigar a tomar unha decisión que condicionará as súas vidas para sempre. Unha novela d...
    Dispoñibilidade inmediata

    21,90 €19,71 €

  • O ATALLO
    MARTÍN I SERRA, MIQUEL
    O narrador e protagonista desta novela vainos contando o seu paso da infancia á adolescencia con tal naturalidade que poderiamos lelo por toda a eternidade. É fillo dos criados dos donos dun chalé no Empordá (Catalunya) e para ir á escola en bicicleta usa un atallo á beira dun estanque de parrulos e un carballo vello e grande. Mais todo está a piques de mudar, non só a súa voz ...
    Dispoñible

    18,00 €16,20 €

  • UNHA GRIPE CABALUDA
    IGLESIAS, BIEITO
    O inspector Benito Marañao volve ás rúas. Ás rúas desertas do confinamento pola «gripe cabaluda» que se estendeu polo mundo no 2020. Desta volta o retranqueiro policía terá que investigar a misteriosa morte dunha moza de quince anos, nuncaso que non é o que parece. Bieito Iglesias volve enfiar os vimbios da novela negra co relato humorístico nunha obra que é alto cume da lingua...
    Dispoñible

    16,00 €14,40 €

  • UNHA MÍNIMA INFELICIDADE
    VERDE, CARMEN
    Annetta, a narradora desta historia, non dá medrado fisicamente por unha enfermidade descoñecida. Pasa a infancia e a xuventude querendo entender a súa nai, a fascinante Sofia Vivier, a persoa máis importante da súa vida, mais tamén a responsable de que na súa existencia sempre pareza flotar no ambiente unha mínima infelicidade. Unha brillante novela, escrita con elegancia e pr...
    Dispoñible

    19,00 €17,10 €

  • DE NOVO CENTAURO
    AGIRRE, KATIXA
    Nun futuro indefinido, pero moi próximo, a realidade virtual-aumentada está no seu apoxeo. Paula é unha das máis brillantes profesionais da creación de contidos para ese multiverso ao que se accede cunhas lentes especiais, as OFtal. A súa percepción sobre as vivencias que experimenta no mundo real e nese novo mundo creado mudará cando viaxa a París para investigar a vida de Mar...
    Dispoñibilidade inmediata

    19,95 €17,96 €

  • (G).JOAQUIN VAAMONDE CORNIDE:PINTOR GALEGO EXITO INTERNAC
    PERFECTO RAMOS RODRIGUEZ
    Joaquín Vaamonde Cornide foi un dos máis destacados membros da Xeración Doente. O seu falecemento con só 29 anos impediulle alcanzar maiores cotas artísticas, mais a súa carreira foi fulgurante. Coñecido principalmente polos seus marabillosos retratos, entre os destaca o de Emilia Pardo Bazán, descoñecíase até agora parte da súa biografía. Perfecto Ramos Rodríguez desvela a súa...
    Dispoñible

    19,90 €17,91 €

  • (G).INOCENTES, OS
    ORUÑA, MARIA
    A tenente Valentina Redondo está a piques de casar co seu grande amor, o tenro e divertido Oliver Gordon. Mais en troques de preparar o casamento, a oficial máis afouta da Policía Xudicial terá que enfrontarse ao caso máis estraño da súa carreira. Varias persoas morren, aparentemente envelenadas, durante un encontro de lecer de varios empresarios no balneario de Puente Viesgo, ...
    Dispoñible

    21,90 €19,71 €

  • XAORA
    MOREIRAS, ANA
    Virxinia anda medio perdida. As súas dores físicas e mais as cicatrices emocionais tráena sen azos, buscando respostas para as grandes preguntas ás que se quere enfrontar como adulta. A visita da pantasma da súa avoa, vitalista, descarada, feliz por recuperar o vizo da mocidade, axudaraa a comprender que é o realmente valioso e auténtico. Ana Moreiras amosa nesta novela gráfica...
    Dispoñibilidade inmediata

    19,95 €17,96 €

  • CANDO CHEGA O OUTONO
    REY NOYA, MARIÑA
    Ourizo Neto camiña canda a avoa polo bosque facendo preguntas sobre todo o que observa. Entenderá como muda a natureza conforme pasa o tempo Unha fermosa historia chea de poesía e beleza que nos achega aos cambios das estacións e os efectos que produce no bosque, cheo de luz e de misterios. ...
    Dispoñible

    16,00 €14,40 €

  • RUTAS POLO PASADO XUDEU DE GALICIA / RUTAS POR EL PASADO JUDÍO DE GALICIA
    MARIA GLORIA DE ANTONIO RUBIO
    Esta guía permite coñecer o legado material e inmaterial que séculos de presenza xudía deixaron en Galicia. Unha visita moi especial á Coruña, Betanzos, Pontedeume, Ferrol, Ribadeo, Santiago, Pontevedra, Tui, Baiona, Monforte, Ourense, Ribadavia, Allariz e Monterrei. O libro organiza as rutas de visita e dá moitos datos prácticos para facilitar esta experiencia que nos reencont...
    Dispoñibilidade inmediata

    19,95 €17,96 €

  • DAMA DE BRANCO, A
    COLLINS, WILKIE
    A vida do profesor de debuxo Walter Hartright cambia para sempre cando viaxa de Londres até Cumberland para darlles clases a Laura Fairlie e Mariam Halcombe. A casualidade farao partícipe dun misterio do pasado que marcará o seu presente. Unha das grandes novelas populares do século XIX, éxito absoluto desde a súa publicación, con tintes de novela romántica, historia de intr...
    Dispoñible

    45,00 €40,50 €

  • BOULDER
    BALTASAR, EVA
    Á protagonista desta novela a súa moza chámalle Boulder, coma eses cons illados que aturan os vagallóns chantados no medio dos océanos. Mais que ocorrerá con esa muller que foxe de todo e de todos na procura da súa liberdade plena cando sinta que o amor está a piques de mudala para sempre Nesta obra Eva Baltasar demostra que é unha das escritoras con máis personalidade e oficio...
    Dispoñible

    16,00 €14,40 €

  • COMO FUNCIONA
    HINCKLEY, PETER
    Que atoparías se cortases pola metade unha máquina de escribir, unha pelota de golf, unha colmea, unha máquina expendedora ou até un carrusel En Como funciona. A extraordinaria natureza das cousas máis ordinarias as mentes curiosas poderán botarlle unha ollada ao interior literalmente de extraordinarias estruturas e mecanismos dentro de obxectos cotiáns con rechamantes ilustrac...
    Dispoñible

    19,95 €17,96 €

  • POLLYANNA
    HODGMAN PORTER, ELEONOR
    Pollyanna é unha nena orfa que da noite para a mañá debe mudar por completo de vida. A súa tía Polly é calada e moi seria e irrítase co bo humor, a fantasía e o «xogo» da súa sobriña. Pero en que consiste o «xogo» En verlle o lado bo a todas as cousas, incluso a aquelas que parecen negativas de todo. Un clásico da literatura infantil cheo de tenrura, imaxinación. Un libro deses...
    Dispoñible

    18,00 €16,20 €

  • O LIBRO DAS MARABILLAS
    POLO, MARCO
    Setecentos anos despois, esta obra de Marco Polo segue fascinando porque nos transporta a un mundo real que parece mítico, a un continente cheo de contrastes, riquísimo en diversidade cultural, natural e xeográfica, berce de civilizacións onde a destrución e o luxo máis refinado conviven. O Libro das Marabillas é un manual para mercadores, escrito con sinxeleza e rigor; a prime...
    Dispoñible

    19,95 €17,96 €

  • O ESPERTAR
    CHOPIN, KATE
    Edna Pontellier vive un matrimonio cómodo, mais anódino, en Nova Orleans, no século XIX. Aínda que se leva ben co marido, a presenza dun atractivo amigo da familia e a calor do verán á beira do golfo de México van transformar o seu xeito de ver a vida para sempre. O espertar, de Kate Chopin, escrita no 1899, lese no noso tempo coma se se acabase de inventar. As emocións da prot...
    Dispoñible

    18,00 €16,20 €

  • O EMPERADOR DE PORTUGALIA
    LAGERLÖF, SELMA
    O vello Jan nunca pensou en ter unha filla e a noticia incomodouno. Mais a primeira vez que colle no colo a súa meniña vaille cambiar a vida. Tan pobre como é, o amor da súa filla parécelle un tesouro. Cando ela teña que marchar para gañar diñeiro co que evitar o desafiuzamento dos pais, Jan creará unha fantasía para fuxir da dura realidade da separación e dos rumores na aldea....
    Dispoñible

    19,95 €17,96 €

  • ANTOLOXÍA ESENCIAL. POESÍA GALEGA (1965-2019)
    LOPEZ-CASANOVA, ARCADIO
    A poesía de Arcadio López-Casanova estivo sempre na vangarda da literatura galega da segunda metade do século xx (versalitas) e do xxi. Combinou o seu dominio da métrica, do ritmo e dos recursos líricos cun profundo coñecemento das posibilidades expresivas da lingua. Esta Antoloxía esencial é tamén unha reivindicación do seu legado. Unha oportunidade para lembrar a súa esencia ...
    Dispoñible

    18,00 €16,20 €

  • OS ESTRAÑOS
    GARRIGASAIT, RAÜL
    Un mozo prusiano de boa familia e coa cabeza máis na música ca no mundo real, chega no ano 1837 a Solsona, en Catalunya, para loitar a prol do pretendente Carlos de Borbón, a prol da Orde na guerra contra o liberalismo da raíña María Cristina. Mais nada do que atopa é como el pensaba, e en vez da mística bélica vai atopar a amizade, a compaixón, se cadra un amor co que non cont...
    Dispoñible

    18,00 €16,20 €

  • A ESTIRPE DO ARCANXO
    REY, NATI
    Maia ten 17 anos, adora os libros antigos e sempre anda á pelexa coa súa melena loura e riza. A súa vida vai mudar cando descobre que está a nacer nela un novo e descoñecido poder. Novas figuras e forzas ancestrais porán a proba a súa resistencia e o seu corazón. Novela xuvenil de fantasía cotiá, protagonizada por unha personaxe inesquecible. Chea de humor, aventuras e algunha ...
    Dispoñible

    19,95 €17,96 €

  • BREO. O CELTA QUE DESAFIOU A ROMA (GALEGO)
    NARLA, FRANCISCO
    Breo é só un neno cando un ataque a traizón arrasa o castro de Lagouzos onde era xefe o seu pai. El foi o único que se salvou. Os que non morreron foron escravizados nas inmensas minas de ouro que alimentan os delirantes soños do emperador Nerón. O Imperio Romano chegou a Gallaecia disque para edificar pontes e calzadas, mais tamén a destrución: da terra e dos vellos costumes. ...
    Dispoñible

    23,50 €21,15 €

  • HISTORIA VISUAL DO RC CELTA (1923-2023)
    LORENZO GIL, CÉSAR / CAMPOS SÁNCHEZ, JORGE
    O Celta fai cen anos. Cen anos de goles, de bágoas, de sorrisos, de unión. Con este libro descubrirás os momentos e as persoas que fixeron posible esta fazaña. ...
    Dispoñibilidade inmediata

    19,95 €17,96 €

  • OS LOBARIÑAS FEIXOO. LUZ E MEMORIA NOS SÉCULOS ESCUROS
    PERFECTO RAMOS RODRIGUEZ
    Gregorio Lobariñas Feixoo é unha das figuras máis descoñecidas e atractivas da nosa historia cultural. Este inquisidor de Crecente escribiu As Galegadas, de a cabalo entre os séculos XVI e XVII, obra hoxe perdida, mais escrita en lingua galega en plenos Séculos Escuros. Antonio Jacinto Lobariñas Feixoo, un dos seus parentes, nacido en Filgueira (Crecente) no século XVII, exe...
    Dispoñible

    19,95 €17,96 €

  • A PARTE DOS ANXOS
    ENMA PEDREIRA / CARLOS LAGO
    Belas criaturas no transo da morte. Humor e terror abrazados nun melancólico tango. Esta colección de relatos de Enma Pedreira e Carlos Lago detense no derradeiro alento para converter o inesperado, o incómodo, o arrepiante... en literatura, en beleza. ...
    Dispoñible

    19,95 €17,96 €

  • AIRES DE POESÍA. ESCOLMA DE POETAS DA BISBARRA DE CELANOVA
    DOMINGUEZ ALBERTE, XOAN CARLOS
    A Terra de Celanova é berce e refuxio de grandes poetas. Esta antoloxía reúne e fai cómplices entres si unha boa presada deles e delas. Forman parte desta escolma obras relevantes de: Anxo Angueira, Manuel Curros Enríquez, Suso Díaz, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Castor Elices, Henrique Feixó, Celso Emilio Ferreiro, Castor Méndez, Xosé Luís Méndez Ferrín, Oriana Méndez, Carlos...
    Dispoñible

    16,00 €14,40 €

  • A INMORAL DOUTORA CONS
    ROBERTO FERNANDEZ ALVAREZ
    O Golpe, xa ancián, recorda a súa adolescencia, na década do 1940 en Pazos de Arenteiro. O tempo que compartiu coa doutora África Cons cando ela chegou para cubrir unha vacante de médica e tivo que enfrontarse á hostilidade das forzas vivas do lugar. Retrato vívido dunha época da Galicia rural que xa se extinguiu. A tensión entre tradición e progreso a través da Medicina. Drama...
    Dispoñible

    21,90 €19,71 €

  • GAZAFELLOS 2
    FON BARREIRO
    Velaquí o segundo volume da serie de banda deseñada infantil máis divertida. Os Gazafellos están de volta cunha chea de aventuras inesquecibles. Tami, Fede, Mauro e Tiago coñecerán novas personaxes fantásticas e vivirán situacións moi gazafellas. ...
    Dispoñible

    15,00 €13,50 €

  • NADA DO OUTRO MUNDO
    CARIDE, RAMON
    Ramón Caride válese do seu inseparable Darío Gancedo para poñer en orde a súa traxectoria narrativa no formato curto dunha forma moi orixinal. Nada do outro mundo é unha antoloxía de quince relatos (un deles inédito) que se acompañan dun comentario crítico e biográfico que converte este libro en rastro e testemuño da ampla traxectoria dun dos autores máis lidos dos últimos trin...
    Dispoñible

    19,95 €17,96 €

  • AGORA QUE CALA A NOITE
    PEDROSA, ELBA
    Voces de mulleres que berran, que se expresan, que se queixan e que se liberan. Voces que lle plantan cara á violencia machista en todas as súas facetas e que reclaman protagonizar as súas propias vidas. Elba Pedrosa tece nos tres relatos que se entrecruzan en Agora que cala a noite unha narración viva, directa e actual. ...
    Dispoñibilidade inmediata

    17,00 €15,30 €


01 02 03 »