Búsqueda de Editorial : XERAIS

1412 resultados

  • PEL DE CORDEIRO
    COSTAS, LEDICIA
    Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiadas. Lol...
    En stock

    19,50 €18,53 €

  • OS PEIDOS MAXICOS DE SULTAN
    VILLAR, MARTA
    Sil leva unha tempada algo triste: aínda non se adaptou ao cambio de cidade e estalle a custar facer novas amizades. Un día aparece diante da súa casa un can xigantesco, ao que lle pon de nome Sultán, e todo cambia por completo. Sil descobre que Sultán ten poderes máxicos... aínda que algo fedorentos e de consecuencias pouco desexables. Poderá Sil axudar a que Sultán controle o...
    En stock

    13,50 €12,83 €

  • GALICIA, UN MAR CON HISTORIA
    DUBERT, ISIDRO
    Galicia ten un mar con historia e unha historia con mar. O mar situou o país na cerna da historia europea e do mar chegaron mudanzas que mesmo afectaron á vida cotiá das xentes do interior. Neste libro abórdase a importancia de Galicia nas rutas marítimas que trouxeron a fenicios, gregos e romanos até ás súas costas. Igualmente, a participación do vello reino na reactivación do...
    En stock

    22,95 €21,80 €

  • O XOGO DE ESCHER
    ESTEBAN, MANUEL
    Conectados ao gran computador central da compañía Escher, milleiros de seres humanos experimentan múltiples vidas, indistinguibles da vida real. Pero no xogo de Escher algúns xogadores conseguen chegar máis alá das aparencias. «O xogo de Escher» é unha distopía de ciencia ficción. Ou, talvez, unha novela histórica. Ou unha reflexión sobre o problema de demarcación de límites na...
    En stock

    17,50 €16,63 €

  • CURRIÑO. BENVIDO AO EQUIPO
    COSTAS, LEDICIA
    Curriño leva días con cara de can, no peor sentido: botárono da súa mansión, tivo que rebuscar no lixo e segue sen recuperar a súa preciosísima melena! E esa carracha tan pesada continúa suxeita ao seu pescozo. Vaia desastre! Ademais, as rúas están cheas de perigos. Por exemplo, King Kong, o terrible can dos ladridos potentísimos que monta garda fronte ao supermercado, e ao que...
    En stock

    10,95 €10,40 €

  • O SEGREDO DE JOSEPH HAYDN
    DE TORO, SUSO
    Suso de Toro relata un episodio descoñecido até o momento da biografía de Joseph Haydn: un desvío da ruta que o levaba a Londres e que lle permitiu coñecer o reino galego. Haydn descobre a nosa gastronomía, a nosa lingua, a música que se tocaba naquel momento en Compostela, e tamén deixa a súa influencia nos músicos do momento. Un acontecemento que imprimiu unha pegada sentimen...
    En stock

    13,50 €12,83 €

  • IDOL! (V PREMIO DE BANDA DESEÑADA, O GARAXE HERMETICO)
    CHAN, ALBA / ENE
    Vega e Ámbar son dúas adolescentes de 16 anos que deciden concursar en «Idol!», un «talent show» onde un grupo de rapazas probarán sorte para tentar convertérense en estrelas da música. Pero non vai ser nada doado. A Vega, a súa familia púxolle como condición manter a media de sobresaliente no instituto. Ámbar, pola súa banda, ten que enfrontarse a unha realidade moi diferente:...
    En stock

    13,50 €12,83 €

  • A TETA SOBRE O SOL
    NOVO, OLGA
    Desde todos os confíns da terra e dos tempos se sabe onde residen a beleza e a verdade, aínda que todo se cale e todo se tema porque a paixón se controla furiosamente baixo o disfrace do decoro, baixo a presión da conveniencia, baixo as sete chaves do inferno da mentira e do desamor. Por iso onde escribamos lugar entenderán patria e onde digamos desexo entenderán provocación: t...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • VERSO E ACORDE
    POMBO, ALBERTO
    Por que se buscaron a literatura galega e a música tras o golpe de Estado de 1936 Como naceu a música infantil galega Onde se sitúan as orixes do pop galego Por que a finais dos 70 o folk foi recoñecido como música celta Que papel xogaron as orquestras que tocan no campo da festa Como é a literatura galega musicada Como se conformaron na Galiza o rock, o punk, o bravú ou o heav...
    En stock

    20,95 €19,90 €

  • O CONCURSO DOS MELLORES INVENTOS (E OUTROS INCRIBLES ACONTECEMENTOS)
    DAVILA, BERTA
    O Concurso dos Mellores Inventos está a piques de comezar e o premio é nada menos que un millón de billetes. A profesora Calista Parada, eminente científica, está convencida de que a súa bicicleta para viaxar no tempo non ten rival, pero as cousas non serán tan doadas como espera. De calquera xeito, coa axuda da súa amiga Begoña López (unha directora de cine pouco convencional)...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • ANALFABETA
    ESMORIS, ERICA
    Teño cinco anos e xa sei ler e escribir. A maioría dos meus compañeiros ten seis e non len nin escriben tan ben coma min. Mesmo hai un neno que apenas le e só escribe o seu nome. Eu chámolle analfabeto e os meus compañeiros rin. Pero el non. Tampouco se enfada. Non sabe que é o peor insulto do mundo. ...
    En stock

    15,95 €15,15 €

  • NAVE
    SENDÓN, OLAIA
    Néboa fixo dezaseis anos hai pouco e abúrrese mortalmente na clase do profesor Nogueira. Tampouco pode deixar de pensar en que lle acontecería a Noite, a súa amiga que acaba de morrer. Polo resto, a vida de Néboa é moi normal, ou todo o normal que pode ser a vida de alguén que naceu nunha nave espacial e forma parte dos últimos cen mil superviventes da raza humana. ...
    En stock

    13,50 €12,83 €

  • O INCENDIO
    VILA ALONSO, SARA
    Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha voz...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • DONA PROBLEMAS, SALVADORA DA ESCOLA
    O HEMATOCRITICO
    Durante unha das súas misións, Carlota, Dona Problemas, ten un accidente cun mestre, e este ten que coller uns días de baixa. A substituta será, nada máis e nada menos, que A Túa Profe Riquiña, unha «influencer» especializada en educación que, ademais, expón toda a súa vida nas redes. O que podía parecer algo superdivertido, convértese nunha tortura para os estudantes, e Dona P...
    En stock

    12,50 €11,88 €

  • UN ANARQUISTA
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Había pasado ocho años huyendo de su pasado, pero un buen día la encontróàChase Serrano lo fue todo para Tana Blackstone, su primer amante y el primer hombre al que destruyó. Precisamente por eso no esperaba volver a verlo, sin embargo, un buen día Chase se presentó en la puerta de su casa en Brooklyn para exigirle que le compensara por el dolor que la familia de Tana le había ...
    En stock

    17,50 €16,63 €

  • UNHA GORXA CHEA DE PAXAROS.OS CARUNCHOS CANTAN A MANUEL MARÍA
    OS CARUNCHOS
    Neste libro disco Os Carunchos renden homenaxe ao poeta Manuel María musicando unha selección dos seus poemas. Neste ano 2024, Os Carunchos celebran o seu trixésimo aniversario: trinta anos de música en galego. Cun texto de Xaneco, que fai un percorrido pola traxectoria dos Carunchos, e cun epílogo de Xurxo Souto, onde o escritor e músico fala da importancia de Manuel María par...
    En stock

    18,95 €18,00 €

  • A CASA DO AMO.UNHA ANÁLISE DO DISCURSO COLONIAL E RACISTA NA LITERATURA GALEGA
    REIMONDEZ, MARIA
    A finais dos anos setenta, a escritora feminista negra lesbiana estadounidense Audre Lorde resumía a súa crítica ao feminismo branco coa famosa frase: «As ferramentas do amo nunca desmantelarán a casa do amo». A súa mensaxe ecoa aínda hoxe en diferentes movementos supostamente transformadores nos que se deixa de lado unha crítica en profundidade ás estruturas coloniais e racist...
    En stock

    18,95 €18,00 €

  • METAFORA DA METAFORA
    QUEIZAN, MARIA XOSE
    «Metáfora da metáfora» é unha reflexión sobre a palabra literaria como forma de poder e, en última instancia, sobre o poder da palabra nunha meditación sobre o amor sancionado pola tradición literaria masculina e sobre a necesidade de inventar novos paradigmas. ...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • A REDE BRANCA
    MORGAN, PACO
    Ambientada na cidade portuaria de Úrvida (que se pode identificar con Vigo), «A rede branca» é unha trepidante novela negra cunha estrutura coral formada por catorce personaxes protagonistas que van entrelazando as súas historias para debuxar un regueiro de cocaína que, como nunha carreira de remudas, circula desde restaurantes de luxo até patios de prisión. Un narcotraficante ...
    En stock

    14,50 €13,78 €

  • PAN GALEGO
    PEREZ LAVANDEIRA, EDU
    Os galegos efectivamente somos en ocasións reservados, humildes e non moi dados a presumir de nada. Ata que toca falar de pan. Aí non hai reservas nin miramentos. Os galegos non temos problemas en dividir o pan en dúas categorías: o que é pan e o que non. Entre o segundo grupo atópase todo aquel pan que non sexa galego. «Iso non é pan nin é nada» é unha frase que calquera galeg...
    En stock

    22,95 €21,80 €

  • A SOMBRA CAZADORA
    DE TORO, SUSO
    Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírtelles: «Imaxinade que a vosa sombra se separa de vós e cobra vida propia. Imaxinade que a imaxe do espello ten vida de seu e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento en que teñades d...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • VARETAI. PROTECTORA DE ESPÍRITOS
    DE EVAN, ALBA
    Lía é unha rapaza especial, dende cativa é capaz de ver os Vareti, espíritos elementais que protexen o mundo. Cando as cousas comezan a se torcer na vila, decátase de que algo non vai ben. Quen está provocando desastres Quen son eses seres que apareceron de súpeto Xunto con Brisa, a súa inseparable amiga, tentará solucionar a desfeita antes de que cobre dimensións épicas. ...
    En stock

    12,50 €11,88 €

  • A SOIDADE DAS NENAS
    BEIZANA VIGO, MIRIAM
    Celia, unha nena que vive no orfanato Hijas de la Caridad, desaparece sen deixar pegada. Emilia, a súa mellor amiga, tentará suplir o oco que deixa uníndose irremediablemente á súa irmá xemelga, MX, quen fuxirá da pantasma da desaparecida nunha carreira cara adiante. Esa unión medrará con elas nunha relación amorosa de cimentos fráxiles, pero a incógnita da desaparición atormen...
    En stock

    13,95 €13,25 €

  • A NOITE DAS CEBOLAS
    ANEIROS, ROSA
    Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa p...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • O TREN FANTASMA
    ORUÑA, MARIA
    A Alan no lle gusta ir para a cama. Para axudalo a durmir, o seu pai decide lerlle un conto moi especial: «O tren fantasma». Cando Alan queda durmido con el entre as mans... esperta dentro do tren da historia! E as pantasmas serán o último dos seus problemas: montañas máxicas, tormentas terribles, amazonas con espadas... Vaia aventura agarda por el! ...
    En stock

    12,50 €11,88 €

  • A VIAXE DE MEU PAI
    PEREIRA BUENO, FERNANDO
    Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diarios de campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civil española, desde mediados do mes de abril de 1937 até xullo de 1939. Existen poucos diarios coma este que documenten a Guerra Civil desde a perspectiva dun soldado na fronte durante u...
    En stock

    22,95 €21,80 €

  • ABONDA CON VIVIR
    DOPICO, MONTSE
    Unha biografía feita con retallos da memoria que gardaron de Luísa Villalta persoas que formaron parte da súa rede afectiva. Unha análise literaria, sociolóxica e histórica que percorre todas as mulleres que foi Villalta. Un diálogo, con forma de reportaxe, coas súas amizades para tentar explicar quen era Luísa e por que escribiu o que escribiu. ...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • 831-URB
    LOPEZ RODRIGUEZ, MANUEL
    «831-urb» é un exercicio arquitectónico de ambiente ciberpunk onde o ser humano cre recoñecerse. Este libro de poesía foi gañador do XXVI Premio Johan Carballeira. ...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • AS MATEMÁTICAS MÁIS SORPRENDENTES
    SACO PÉREZ, FERNANDO
    O leitmotiv deste libro son os resultados matemáticos que chocan coas nosas ideas intuitivas previas e que nos producen sorpresa, admiración e asombro. Neste texto atopamos curiosas respostas a moi variadas cuestións, entre as que figuran a estatística, as xeniais ideas de Cantor sobre o concepto de «infinito» ou as maxistrais e máxicas solucións de Euler a moitas «series numér...
    En stock

    15,50 €14,73 €

  • O LEGADO DA NENA DO SAL
    GALLEGO, ELENA
    Cando Inés lle prometeu á nai ler os seus cadernos e escribir o libro da súa vida non podía imaxinar o alcance dese legado. Ao abrir o primeiro manuscrito, a memoria devolveulle a imaxe de Carmiña, trinta anos máis nova, escribindo sen parar sobre a mesa da cociña. Inés sabía que se lle presentaba unha oportunidade irrepetible e fixou a ollada na caligrafía coñecida, coma se as...
    En stock

    21,95 €20,85 €