Búsqueda de LIBROS DEL AUTOR: reimondez maria

26 resultados

  • A CASA DO AMO.UNHA ANÁLISE DO DISCURSO COLONIAL E RACISTA NA LITERATURA GALEGA
    REIMONDEZ, MARIA
    A finais dos anos setenta, a escritora feminista negra lesbiana estadounidense Audre Lorde resumía a súa crítica ao feminismo branco coa famosa frase: «As ferramentas do amo nunca desmantelarán a casa do amo». A súa mensaxe ecoa aínda hoxe en diferentes movementos supostamente transformadores nos que se deixa de lado unha crítica en profundidade ás estruturas coloniais e racist...
    Available

    18,95 €18,00 €

    Buy
  • FURIA
    REIMONDEZ, MARIA
    Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante o mundo que a rodea. Cando a cousa parece que xa non podería empeorar máis, atópase co boxeo. Grazas a este deporte e a unha serie de persoas que a a...
    Available

    12,95 €12,30 €

    Buy
  • MULTITUDES
    REIMONDEZ, MARIA
    Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana e parte árbore- e as súas aliadas tentan cambiar o rumbo dun destino que, tras a Gran Desconexión, parecía de novo encamiñado á escravitude e á explotación. Desta volta, os seres humanos que procuran liberarse das cadeas que estableceron as Familias non están sós. Nunha travesía que as leva a explorar o pasado e a...
    Available

    18,95 €18,00 €

    Buy
  • UNHA VOZ, MOITAS VOCES. XELA ARIAS TRADUTORA
    REIMONDEZ, MARIA / LUNA ALONSO, ANA / ÁLVAREZ LUGRÍS, ALBERTO
    Como tradutora, Xela Arias é unha voz e moitas voces. Non só porque usase a súa escrita para facer falar a outras, senón porque do seu traballo tradutor tamén se desprende unha ampla polifonía. Neste sentido, a súa obra dá testemuño do longo camiño que percorremos colectivamente no pensamento e na práctica da tradución en Galicia. Estudar a obra de Arias de xeito atento, diver...
    Available

    19,50 €18,53 €

    Buy
  • COBIZA
    REIMONDEZ, MARIA
    Esta apaixonante novela de ciencia ficción feminista foi merecedora do I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero organizado polo Concello de Pontevedra e Xerais. O xurado destacou «a súa altísima calidade literaria e unha nova e revolucionaria reflexión sobre a construción do sexo e do xénero, das identidades e das orientacións sexuais, así como unha profunda o...
    Available

    19,95 €18,95 €

    Buy
  • A FORMIGA DESTEMIDA
    REIMONDEZ, MARIA
    Unha formiga curiosa e valente decide afastarse do seu formigueiro para vivir novas experiencias. Polo camiño vaise atopar con animais que nunca vira e aprenderá a facer cousas que xamais imaxinara: tocar música, flotar na auga, voar... Tamén saberá da existencia dos humanos: serán tan malvados como contan? Sen temor ao descoñecido, está disposta a descubrilo por ela mesma. Un...
    Available

    12,50 €11,88 €

    Buy
  • AS ESTACIÓNS DO LOBO
    REIMONDEZ, MARIA
    É inverno, a neve cae sobre Múnic e Clara atópase perdida. Sen comprender moi ben como, errou o camiño que a levaba a converterse nunha brillante adestradora canina no seu Lugo natal e rematou alá, nun banco conxelado do Englischer Garten. Todo por aquilo que a xente denominaba «amor». Mais, que era o amor a fin de contas? Era aquilo que estaba vivindo ou a posibilidade de algo...
    Available

    23,50 €22,33 €

    Buy
  • FÓRA DO NORMAL
    REIMONDEZ, MARIA
    André, igual ca os heroes da Banda Deseñada como Superman, Batman e A muller marabilla que tanto admira, vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade. Un conflito que lle parece irresoluble ata que ao seu instituto de Teis chega Mucha das Anzas, unha rapaza de Ribadeo que, contra todo prognóstico, non se sente fóra de lugar malia a súa orixe rural e a súa forma de entende...
    Available

    13,50 €12,83 €

    Buy
  • AS COUSAS QUE NON QUEREMOS OÍR
    REIMONDEZ, MARIA
    A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo contido. Dende que por fin puido regresar da Vilalba dos seus pais á Barcelona da súa infancia, o peso da orixe abre nela fendas que non sabe como xestionar. A proxección de si mesma na cidade, o rexeitamento e a vergoña, fan que por veces esqueza que foi en Vila...
    Available

    23,50 €22,33 €

    Buy
  • CORREDORA
    REIMONDEZ, MARIA
    Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da federación de a...
    Available

    13,50 €12,83 €

    Buy
  • A DÚBIDA
    REIMONDEZ, MARIA
    Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción de " A dúbida " desencadéase a partir dese feito, que provoca o conflito psicolóxico desa muller que empeza a dubidar se coñecía realmente ao home. Un ritmo áxil, a profundidade do conflito psicolóxico e a sutileza con ...
    Available

    19,50 €18,53 €

    Buy
  • EN PELIGRO DE EXTINCIÓN
    REIMÓNDEZ MEILÁN, MARÍA
    Gaia, la protagonista de En peligro de extinción, es una esas persoans que tiene una cerna dura como la de un roble, que asumen y reivindican el monte como lugar de nacimiento personal y que resisten a la domesticación en todas sus formas. Como un animal solitario, Gaia recorre los lugares interpretándose como un elemento ecológico llamado a cambiar el humus de la forma más dis...
    Available

    19,50 €18,53 €

    Buy
  • VOLVO! O REGRESO DE USHA
    REIMONDEZ, MARIA
    Na pequena aldea de Devastana, Usha e as súas amizades regresan das vacacións cos nervios do último curso da primaria, ao final do cal terán que enfrontarse á temida reválida. Mais axiña a reválida pasa a un segundo plano, porque na vida hai acontecementos moito máis intrigantes ca un exame. Para empezar, Deepak non aparece por ningures. A seguir, Lakshmi deixa de súpeto de ir ...
    Available

    11,95 €11,35 €

    Buy
  • EN VÍAS DE EXTINCIÓN
    REIMONDEZ, MARIA
    Gaia é a protagonista de En vías de extinción. Ela é unha desas persoas que teñen a cerna dura coma un carballo, que asumen e reivindican o monte como berce persoal e que resisten a domesticación en todas as súas formas. Como un animal solitario, Gaia percorre os lugares interpretándose como un elemento ecolóxico chamado a cambiar o humus da forma máis discreta pero imborrable ...
    Available

    24,50 €23,28 €

    Buy
  • LÍA E AS ZAPATILLAS DE DEPORTE
    REIMONDEZ, MARIA
    As zapatillas de deporte de Lía son portadoras dunha historia triste. Noutro lado do mundo, nenos e nenas da súa mesma idade e cos pés descalzos, afánanse en meter zapatillas en caixas idénticas ás que ela recibiu o día de Reis. Lía e as zapatillas de deporte de María Reimóndez é unha novela, ilustrada por Iván Sende, que convida a reflexionar aos nenos e nenas sobre a súa resp...
    Available

    11,95 €11,35 €

    Buy
  • O CLUB DA CALCETA
    REIMONDEZ, MARIA
    Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Ferananda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspect...
    Available

    19,95 €18,95 €

    Buy
  • USHA
    REIMONDEZ, MARIA
    Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova vis...
    Available

    12,50 €11,88 €

    Buy
  • CODICIA
    REIMONDEZ, MARIA
    Available

    19,95 €18,95 €

    Buy
  • O MEU AVO E O QUEIXO
    REIMÓNDEZ MEILÁN, MARÍA
    Available

    16,00 €15,20 €

    Buy
  • BÁRBARAS!
    REIMONDEZ, MARIA
    Por incrible que pareza, falar da menstruación segue sendo complicado e mesmo controvertido. Un proceso corporal e cultural que afecta nalgún momento da vida a máis da metade da poboación humana non debería ser un tema fundamental de reflexión? Cun enfoque desenfadado e co obxectivo de facernos reflexionar, Bárbaras! utiliza a menstruación como vía de entrada para achegarnos u...
    Out of stock

    13,95 €13,25 €

  • A SEMENTE, A ÁRBORE, A FROITA
    REIMONDEZ, MARIA
    É difícil que haxa alguén que non escoitase falar nos últimos tempos do " efecto Pontón " . En boa medida, o efecto explícase pola chegada ao liderado do BNG dunha muller nova, con moitos anos de dedicación política ás súas costas, que levou o partido a experimentar unha importante recuperación cun discurso renovado. Este libro é o froito dunha longa conversa entre dúas muller...
    Out of stock

    19,95 €18,95 €

  • A MÚSICA DOS SERES VIVOS
    REIMONDEZ, MARIA
    Todo o mundo semella coñecer a MK, a cantante de moda cunha carreira xa prolongada no tempo, a voz prodixiosa, e a súa excéntrica moza, Gaia. Mais, quen é MK? Que acontece antes de saír ao escenario? Que é o que fica cando as luces esmorecen? Cando remata a última xira? No intre en que pechan os micros das roldas de prensa? Se cadra o silencio é preciso para o reencontro cunha...
    Out of stock

    22,95 €21,80 €

  • DENDE O CONFLITO
    REIMONDEZ, MARIA
    Saínza Combarro, unha xornalista galega que cobre conflitos bélicos para a BBC, vive en carne propia o dilema de optar polo cinismo e a resignación á hora de relatar o que ve cos seus propios ollos ou optar por defender a verdade íntima de quen é testemuña dos feitos máis arrepiantes. A través dela, a novela fala da importancia do exercicio xornalístico nas situacións de confli...
    Out of stock

    19,95 €18,95 €

  • PIRATA
    REIMONDEZ, MARIA
    A Mark Read levoulle moito tempo atopar o seu lugar. Mais aquí está, na cuberta do Williams. Despois da guerra en Flandres, da súa infancia como criado, das súas aventuras na mariña mercante, á fin atopou a súa identidade como pirata. Mais se cadra a súa busca non está completa, se cadra aínda lle queda moito por contar. Na súa historia falta aínda a coraxe de Anne Bonney e as ...
    Out of stock

    20,95 €19,90 €

  • MODA GALEGA
    REIMONDEZ, MARIA
    Un catálogo de dúas estacións. Un paseo polas rúas e os escaparates. Fíos. Teas. Tendas. Corpos. Fendas. Unha cidade. Un percorrido polas mil imaxes e as mil vidas. Entre o consumo e o consumirse. Entre a obriga compulsiva e a alternativa de soñar. Ironía ...
    Out of stock

    10,00 €9,50 €

  • OP427. CORPOS EXORBITANTES. ROSALIA DE CASTRO, TRADUCTORA FEMINISTA
    REIMONDEZ,MARIA
    Out of stock

    8,00 €7,60 €