A historiadora e investigadora da Universidade de Santiago Jessica Nogueira Castro é a autora de A siderurxia e o naval, en loita, un orixinal estudo
que recibiu este ano en Vigo o Premio de Ensaio da Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo. A obra percorre e analiza as masivas protestas contra a
primeira reconversión industrial do goberno socialista, desenvolvida entre 1983 e 1985.
O goberno socialista de Felipe González impulsaba en toda España unha durísima política de reconversión industrial no marco dunha profunda crise económica. Ás protestas da siderurxia sumaranse axiña as dos traballadores do naval. Había que evitar a «morte» das súas cidades.