AA.VV
Durante séculos, as mulleres foron protagonistas silenciadas na historia da música. En Galicia, esta invisibilización vese agravada pola escasa documentación colleitada e traballada ata o momento, a falta de recoñecemento institucional e a limitada presenza de figuras femininas nos relatos oficiais da historiografía musical. A exposición Cantantes líricas galegas dos séculos xix e xx. De Galicia aos teatros de Europa, América e África ?que decorreu no Colexio de Fonseca entre o 4 de outubro e o 16 de novembro de 2024 e viaxou logo (abril-maio de 2025) ao Centro Galego de Lisboa? naceu como resposta a esta omisión histórica. O evento e este libro derivado do mesmo recuperan a memoria e poñen en valor a dimensión vital e profesional de vintetrés mulleres extraordinarias, emprendedoras, valentes e protagonistas de éxitos internacionais, que, coa conquista de infinidade de escenarios, contribuíron de forma decisiva á proxección cultural de Galicia moi para alén das súas fronteiras.