Chuvanet é un gnomo. Mora nun bosque marabilloso ó que un día chega un célebre tenor. Chuvanet escóitao cantar e fica fascinado.
O tenor volverá de novo, e entón Chuvanet decide esconderse
no seu coche e seguilo á súa casa para deprender a cantar del.
Alí coñece algúns animais cos que comezará unha bonita amizade. E estando nesas, o tenor é secuestrado. Á súa procura irán Chuvanet
e mailos seus amigos... Mais é mellor leres ti a historia e mergulláreste
nun mundo incrible da man do gnomo.