VILLÁN SEOANE, ÓSCAR / RUBIO HERRERO, ANTONIO
Os títulos máis coñecidos da colección Do berce á lúa nun formato máis grande ideal para contar e compartir.
Combinando os recursos do cancioneiro tradicional infantil e recoñecibles imaxes sobre fondos claros, esta colección para cantar e contar é xa un referente da LIX para o tramo 0-3 anos e contribúe a iniciar o camiño da prelectura de moitos nenos e nenas. Cada título é un exercicio poético para educar o ollo e adozar o oído, como explica o seu autor, e a pesar da súa aparente sinxeleza, tanto o seu deseño como o seu contido a partir de temas próximos aos intereses dos máis pequenos, son froito dun longo proceso de reflexión e creación.
Co obxectivo de facilitar o traballo de mediadores e mediadoras, Kalandraka retoma a publicación dos títulos con máis éxito da colección nun formato grande e ideal para compartir. Así, tras Lúa e Animais chega ás librarías Crocodilo, o cal se inicia cun extravagante réptil verde verde verde, que sobe nun baúl, que sobe nun castelo, que sobe...