As festas son inalterábeis no almanaque, sobre todo as cíclicas, como o nadal, o entroido, os maios, o San Xoán, os magostos, que están en relación coas catro estacións, coa entrada e saída dun tempo e coa produción agraria. As festas parroquiais son un acougo, unha paréntese de ledicia no traballo, no afianzamento da colectividade arredor do patrón, que é quen centra as festas, arredor da parroquia.