IDIOMA E SOCIEDADE. SOBRE NORMALIZACION E PLANIFICACION DA LINGUA GALEGA
-5%

IDIOMA E SOCIEDADE. SOBRE NORMALIZACION E PLANIFICACION DA LINGUA GALEGA

SOBRE NORMALIZACIÓN E PLANIFICACIÓN DA LINGUA GALEGA

XOSE RAMON FREIXEIRO MATO

24,95 €
23,70 €
IVA incluido
Publishing house :
LAIOVENTO
Year of edition:
2020
ISBN:
978-84-8487-484-3
Pages :
294
Binding :
Rústica
Collection :
ENSAIO
24,95 €
23,70 €
IVA incluido

Nesta obra reflexiónase sobre a lingua galega e abórdanse cuestións relativas á súa normalización e planificación, ben como a outros aspectos da súa vinculación coa sociedade, sempre na perspectiva de procurar a vía adecuada para lle garantir un futuro digno como lingua nacional da Galiza. Máis do que un libro de sociolingüística galega, trátase duns apuntamentos sobre diversos aspectos da realidade social do idioma feitos por unha persoa que se veu dedicando durante boa parte da súa actividade como profesor universitario a estudar a lingua galega desde distintas vertentes. Alén do posicionamento persoal do autor sobre a realidade social desta, moitas outras persoas expertas, galegas e foráneas, foron convocadas a exporen e confrontaren as súas ideas, na procura dunha visión plural da realidade social do galego, dos seus problemas e das súas perspectivas de futuro. É, pois, esta unha obra polifónica, onde o autor, sen ocultar en ningún momento a súa opinión sobre diferentes temas que afectan a lingua e a sociedade galega, ofrece outros puntos de vista que veñen enriquecer o debate e a busca de solucións para unha lingua necesitada de reorientar o seu futuro. Deste modo, temas como o binormativismo, o sesquilingüismo ou o ecolingüismo ocupan un lugar destacado, ao lado doutros máis tradicionais como o bilingüismo, o imperialismo lingüístico ou o reintegracionismo.

Artículos relacionados

Other books of the author