LOURENÇO XOGRAR (PREMIO GARCIA BARROS 2015)
-5%

LOURENÇO XOGRAR (PREMIO GARCIA BARROS 2015)

PORTAS, MANUEL

23,20 €
22,04 €
IVA incluido
Publishing house :
GALAXIA
Year of edition:
2017
ISBN:
978-84-9151-091-8
Pages :
336
Binding :
Rústica
Collection :
LITERARIA
23,20 €
22,04 €
IVA incluido

Editorial Galaxia publica Lourenço, xograr, novela coa que Manuel Portas obtivo o Premio García Barros do ano 2015. A obra premiada no certame que organiza o Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística trátase dunha novela histórica que recrea o período medieval en Galicia a través da peripecia dun xograr.
En opinión do xurado, nesta obra de Manuel Portas destaca a contribución da novela á divulgación da historia e da literatura medieval galegas por medio dun personaxe pouco coñecido, o xograr Lourenço, que constitúe a porta pola que nos asomamos non so aos conflitos políticos que determinaron o que hoxe somos como país senón tamén ás vidas entrelazadas das distintas clases sociais da época.
Mediado o século XIII, Lourenço, un rapaz, un humilde vilán, soña con ser trobador. Como xograr do cabaleiro Joam García de Guilhade, buscará fortuna nas cortes peninsulares no empeño de que a súa arte sexa recoñecida polos escritores contemporáneos. Nin as burlas, nin os desprezos clasistas, nin as penalidades das continuas viaxes, nin sequera as descualificacións sobre os seus dotes literarios conseguirán vencer a súa férrea vontade. Unha morea de poetas, moitos deles nobres sen diñeiro, pululan polas cortes á procura do favor do rei. Eles non van consentir que un vulgar xograr, un aprendiz de ferreiro, fillo dun soldado anónimo e dunha simple cociñeira, poida equipararse a eles. Por se fose pouco, o mozo é de carácter namoradizo e arrastra desde a adolescencia unha historia de amor coa filla dunha das familias máis sobranceiras da época.
O apaixonante e convulso mundo medieval en que se desenvolve a lírica galego-portuguesa, as intrigas palacianas, as batallas, os asaltos a castelos na guerra civil que sacode o reino de Portugal, convértense no pano de fondo para o devalar biográfico do protagonista.

Artículos relacionados

  • TRAGALUZ
    SERRANO, OLGA
    Hana y Unai pasan sus vacaciones en un pueblo tranquilo con la intención de dejar atrás la muerte de su vecina, a quien cuidaron en sus últimos días de vida. Bajo esa calma aparente, empieza a despertar en Hana una angustia insoslayable. Los detalles más cotidianos se vuelven temibles, amenazantes, y la sumen en un estado de ansiedad que va creciendo con percepciones grotescas....
    Available

    15,95 €15,15 €

    Buy
  • MADONNA NO NACIÓ EN WISCONSIN
    MORENO, NATALIA
    Esta es la historia de una mujer que recuerda su pasado para poder tener presente. De una niña que cambia su nombre para mover el mundo un milímetro a su favor y seguir viva. De un pueblo de los noventa lleno de cabras y silencios que gritan, un frontón en el que meterse mano, un cine de verano con sillas de casa, un bocata de sardinas, una abuela sola contra el mundo, una prim...
    Available

    18,90 €17,96 €

    Buy
  • INDIGNIDAD
    YPI, LEA
    Brillante y conmovedor relato sobre la familia Ypi y su lucha por mantener la dignidad en un mundo en constante transformación. Convencida de que todos los documentos de juventud de su abuela habían sido destruidos con la llegada a Albania del comunismo, Lea Ypi descubre asombrada que una fotografía antigua de Leman Ypi, tomada en su luna de miel en Cortina d’Ampezzo (los Alpes...
    Available

    21,90 €20,81 €

    Buy
  • NUESTRAS VELADAS
    HOLLINGHURST, ALAN
    Un libro sensual, melancólico y profundo: Alan Hollinghurst en la plenitud de su talento. Cuando tenía trece años Dave Win conoció a los Hadlow. Un chico de extracción humilde, hijo de un sastre de origen birmano, iba a ser becado en un colegio de élite por una familia de filántropos. El padre, Mark, se convirtió en su mentor y protector, y la madre, Cara, también mostró su afe...
    Available

    24,90 €23,66 €

    Buy
  • AMERICANO TRANQUILO
    GREENE, GRAHAM
    Una de las novelas esenciales del gran cronista moral del siglo xx. Alden Pyle es un estadounidense joven e idealista que acaba de llegar a Saigón en plena guerra de independencia de Indochina para trabajar en la llamada Misión de Ayuda Económica norteamericana. Allí entabla amistad con Thomas Fowler, un cínico y curtido corresponsal de guerra británico que mantiene una relació...
    Available

    20,95 €19,90 €

    Buy
  • NO HABÍA VENTANAS
    HOULT, NORAH
    De la autora de «Boda irlandesa» En el Londres asediado por los constantes bombardeos alemanes del Blitz, la anciana Claire Temple se halla perdida en el oscuro laberinto de su propia casa. Su mundo, aquel en el que era la escritora de moda, una elegante femme fatale que iba de fiesta en fiesta rodeada de amantes, pretendientes y los novelistas más celebrados, parece desvanecer...
    Available

    24,95 €23,70 €

    Buy

Other books of the author

  • MAZARELOS
    PORTAS, MANUEL
    Helena, profesora xubilada, novela as orixes do instituto histórico en que traballou e polo que pasaron figuras centrais da intelectualidade galega do século XIX. De carácter difícil, mesmo discute cos personaxes que participan na trama da súa historia. Dous deles, Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal, exalumnos do centro, xunto co pontevedrés Luís R. Seoane, andan atarefados prepa...
    Available

    22,00 €20,90 €

    Buy
  • FANECA BRAVA
    PORTAS, MANUEL
    A prima Concha é unha muller singular. Homes singulares sempre os houbo. Algúns chegan a ser recoñecidos por esa singularidade. No caso das mulleres —se cadra non, seguro—, o recoñecemento é para moi poucas. A vara de medir non é a mesma. Mais elas están aí, Concha está aí. Só de cando en vez, a vida anónima dunha muller coma ela sae á luz e eríxese, grandiosa, ...
    Available

    22,10 €21,00 €

    Buy
  • CADENCIAS
    PORTAS, MANUEL
    Moitas veces, case sempre, as cousas non son o que parecen. Hai matices, recendos, sombras, que condicionan a visión que temos da realidade, de calquera realidade. Nas cousas do amor tamén. En especial nas cousas do amor. A subxectividade innata dos sentimentos abrocha por riba das palabras e fai que a atracción se alimente ou se esfarele, se condense ou se dilúa. Nisto, os pro...
    Available

    17,95 €17,05 €

    Buy
  • POR PUNTOS
    PORTAS, MANUEL
    Premio Blanco Amor 2018 A vida está chea de casualidades, de situacións baixo o ditado das coincidencias e os caprichos do destino. O curso para a recuperación do carné de conducir é un lugar e un tempo no que cadran un mangado de homes e mulleres singulares mais que teñen algo en común. Descoñecidos entre si, as circunstancias fan que agora aparezan como o que son: persoas sol...
    Available

    22,70 €21,57 €

    Buy
  • AMOR EN ALPARGATAS
    PORTAS, MANUEL
    Amor en alpargatas non é unha historia real, aínda que podería selo. Por veces, os personaxes desta novela presentan reminiscencias biográficas que facilmente resoan na nosa memoria colectiva recente. En pouco máis de vinte minutos, no medio dun cemiterio deserto, as lembranzas selectivas do amor de Sara e de Lucía eríxense na particular despedida que lle tributan a Senén, un n...
    Available

    19,50 €18,53 €

    Buy
  • DENSO RECENDO A SALGADO
    PORTAS, MANUEL
    Denso recendo a salgado son os fragmentos dun espello escachado por un golpe; as páxinas dunha intensa novela con moitas novelas dentro; unha historia de historias fragmentarias e ocasionais, tecida con fíos multicolores de personaxes que se entrelazan dende unha aparente desconexión inicial para acabar nunha frenética sinfonía vital, tráxica e vibrante, trepidante, delicada, p...
    Available

    20,95 €19,90 €

    Buy