A porta estaba estrañamente pechada. Apegouse a ela para investigar e escoitou: papá respiraba cansado, como cando ía ao monte.
	E mamá, tamén. Vaia!
	Saíulles una montaña na cama!
	Esta incursión nocturna de Martiño á habitación dos seus pais desemboca nun divertido relato, no que se aborda a sexualidade con moitísimo humor, naturalidade e a dose xusta de tenrura.