Sarou afonda, cunha secuencia narrativa cronolóxica, que se desenvolve en a penas vintecatro horas, e un estilo descarnado, directo e sen concesións, na particular conta atrás de dous homes, Sito e Cardiño, e de dúas mulleres, Karina e Laura, lanzados nunha carreira sen retorno cara ós instantes decisivos das súas vidas.
Sito, xove narcotraficante de orixe humilde, despois de catorce meses sae da prisión en liberdade condicional. Dende ese momento e nunha carreira alucinada a bordo do seu todorreo, buscará obsesivamente recuperar o tempo perdido: procurará o amor perdido de Karina que xa non atopará; pretenderá arranxar os seus " negocios pendentes " cos seus colegas da banda dos Buga que non solucionará; buscará os seus cartos enterrados no monte...