Unha mañá, na vila de Sopaboa, a avoa foi á horta, viu unha cenoria xigante e dixo:
-Víñame ben esta cenoria para facer unha sopa!.
A avoa foi apañar a cenoria, e tirou e tirou
pero a cenoria non saíu.
A autora fai unha versión moi persoal de «O nabo xigante», un coñecido conto popular ruso, recompilado por Afanasiev no século XIX. Desde a súa experiencia de narradora,
Charo Pita recolle a forza e sinxeleza da historia para situarse nos confíns da realidade e levar a súa imaxinación a escenarios que permiten ler desde unha perspectiva nova.
Un texto acumulativo arraigado na tradición oral, cunha relectura actual que xoga cos números e fórmulas de repetición sinxelas e eficaces, moi adecuado para a dramatización e a lectura colectiva.
O álbum mostra o valor da cooperación e o esforzo colectivo, e celebra a solidariedade
e a alegría compartida dos que tiran a favor e tamén dos que van en contra.