"Oh! Que desatre! Invitei a dona Branca a merendar
Dende hai unha hora, estou intentando facer un pastel
Pero non hai xeito nin dereito! Está a quedar como un puré!
E iso que fixen a receita paso a paso
"
Facer «Un rico pastel» non é tan doado como parece, nin como explican os libros tradicionais de receitas, nin os dispositivos móbiles actuais. E se non, que llo digan ao pobre Don Antón, desesperado ante a chegada inminente da súa invitada.
O doce que está preparando ten moi mala pinta, pero menos mal
que uns simpáticos amigos veñen na súa axuda... Ou non!