Búsqueda de Editorial : LAIOVENTO

312 resultados

  • AS COUSAS POLO NOME
    SALM,REBEKKA
    «Vale, a historia per se non é nada novo. Un tío pilla unha nena. A nena nonquere. Aínda así, o tío píllaa, porque pode. Igual tamén porque ten que facelopara ser un tío, ou? Todo o mundo o sabe. Fin. Pois iso, esta é a historia».Nos anos oitenta, nunha vila da Suíza alemá, unha rapaza é violada e,apremada polos pais, casa co violador. O delito queda tapado baixo un mantode sil...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA
    DE LA BOÉTIE,ÉTIENNE
    Num tempo em que a liberdade se dissolve entre o consumo, a apatia e a despolitizaçom, este livro recupera umha pergunta incómoda formulada no século XVI por Étienne de La Boétie: por que é que os povos obedecem - e até luitam - pola sua servidume? A resposta, tam lúcida quanto perigosa, revela que a tirania nom se impom pela força, mas sí polo consentimento dos governados. O h...
    En stock

    11,95 €11,35 €

  • CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS
    BIEITO ALONSO
    Estas historias de emigrantes. Crónicas de emigrantes. Como de tantas outras persoas que acordaron abandonar o territorio de orixe e instalarse, por máis ou menos tempo, nos lugares de acollida. Foron traballadores, apenas cualificados, que exerceron a súa ocupación laboral en condicións de grande dureza, en ámbitos pragados de explotación e discriminación, illados de moitos do...
    En stock

    21,95 €20,85 €

  • EMPATÍAS
    DACOSTA,FERNANDO
    Que ocorre cando pómos no lugar do outro deixa de ser virtude? En Empatías Fernando Dacosta interroga un dos conceptos máis complexos da experiencia humana. Doce pezas narrativas e poéticas articúlanse como un mosaico inquietante. A empatía non aparece aquí como territorio seguro, senón como unha zona ambigua onde a comprensión pode ser transformadora, perigosa ou imposible. ...
    En stock

    14,96 €14,21 €

  • ET IN GALLAECIA EGO. ESCULCAS NO MUNDO DOS TROBADORES
    LARSON,PÄR
    Os misterios da lírica medieval Armado coa precisión dun paleógrafo e a audacia irredutible do neófito, o romanista sueco Pär Larson converteuse no detective máis perspicaz dos manuscritos medievais. Nestes oito estudos, interroga códices galego-portugueses coma se fosen testemuñas silenciosas de crimes literarios, desentrañando secretos que durante séculos permaneceron sepulto...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • NOVO DIÁLOGO
    BERNARDEZ, CARLOS L.
    No 75 aniversario da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886–1950) en Bos Aires, Galiza lembra unha figura clave da súa cultura. Este volume céntrase na súa contribución ás artes plásticas, nas que destacou como creador dunha arte galega moderna, cun estilo orixinal que combinou o debuxo satírico cun fondo compromiso ético e político. A súa obra denuncia a inxustiza, o...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • CONECTA CO ÍNTIMO
    OTERO FERNÁNDEZ,DAVID
    “… e velaí a proposta sen perder a frecuencia, nin o sinal, no desexo de “conecta co íntimo”. E así a complicidade do sentepensar. Nada de perdas innecesarias, que unha , das dúas oportunidades que se dean, non será moito pedir, que sexa a de querer ler e así quedarse dando voltas e máis voltas, nas vivencias, nas experiencias. No posible destes versos, na lectura de conquista...
    En stock

    14,96 €14,21 €

  • NAZISMO E CLASE OBREIRA (1933-1993)
    FONTEGHER BOLOGNA, SEGIO / CURRAIS ARCAY, JACOBO
    En "Nazismo e clase obreira (1933-1993)", Sergio Fontegher Bologna fálanos do papel da clase obreira nos anos anteriores e posteriores á toma do poder nazi. Ao analizar as condicións de vida das persoas traballadoras e os acontecementos máis cruciais do período (desde o masacre obreiro de Berlín en 1929 até a historia das bandas de rúa xuvenís antinazis e as redadas das SA nos ...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • FIOS DE TRANSPARENCIA ACESA
    MARIÑO DAVILA,ESPERANZA
    A poliédrica figura de X. M. Beiras -economista, profesor, político, músico, ensaísta, narrador e tradutor-, referente imprescindible no contexto cultural e político galego dos séculos XX e XXI, destaca por unha excepcional cultura humanística de raíz afrancesada. O presente ensaio aspira a ofrecer unha visión integral dunha parte da próspera faceta literaria, desde os primeiro...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • GOLPISTAS E REPRESORES.RETRATOS E MEMORIA HISTÓRICA DE FALANXISTAS GALEGOS
    LAMELA GARCIA, LUIS
    En Galiza, os crimes dos falanxistas seguen sendo unha das grandes eivas na recuperación da memoria histórica. Non foron vítimas, senón verdugos que executaron a represión e construíron o Estado franquista. Aínda que se foi recuperando a dignidade das vítimas, a memoria dos represores segue no silencio. A historiografía centrouse nas vítimas, deixando fóra os autores dos asasin...
    En stock

    29,95 €28,45 €

  • LEVITACIÓN, NIVEL INCIACIÓN
    TAIBO ARIAS, NACHO
    Levitación, nivel iniciación é a historia, en boa parte verdadeira, de Ákira, un diplomático xaponés que chega a España ao pouco de acabar a Guerra Civil. Na súa inopinada conversión ao catolicismo coñece unha familia coruñesa que o anima a visitar Galiza. Descobre que alí levita. Para el será a Terra da Felicidade. No marco das viaxes e dun tristeiro Madrid en ruínas, onde al...
    En stock

    14,96 €14,21 €

  • DOMINGO E OUTRAS HISTORIAS
    NEMIROVSKY,IRENE
    Domingo e outras historias, de Irène Némirovsky achéganos relatos escritos entre 1932 e 1942, anos previos á Segunda Guerra Mundial e os seus inicios.Némirovsky narra historias sinxelas e de xeito moi parco, pero con personaxes cun desenvolvido perfil psicolóxico. Relatos que nos falan de homes e mulleres ata deixalos espidos ante os ollos do lector, algún dun xeito sutil, outr...
    En stock

    24,95 €23,70 €

  • CANÍCULA
    RUVIRA, SOFÍA
    Canícula é un poemario que fala da xenealoxía familiar e a natureza. Hibridando o espazo mariño co monte e o rural co urbano, as nais coas avoas e as avoas coas netas, o libro preséntase como una reflexión arredor do que supón medrar e marchar, ou o que supuxo, nun tempo, ficar. Os poemas do libro galopan como as pernas de cabalos que foxen, como budións que se escorregan polas...
    En stock

    13,95 €13,25 €

  • ARREDOR DE CASTELAO NO SÉCULO XXI
    GARCIA NEGRO, Mª PILAR
    Aredor de Castelao no século XXI é unha reedición dun clásico imprescindible, publicado orixinalmente en 2001 e agora actualizado para conmemorar o 75º aniversario do falecemento de Castelao, unha das figuras máis relevantes da cultura galega do século XX. Esta obra, editada por Laiovento, ofrece unha análise profunda e contextualizada do seu pensamento e legado. O libro aborda...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • G
    COUSILLAS NOVO,DIEGO
    Greguería, haiku, caligrama, poesía concreta, soneto visual, poesía tipográfica, experimentación... Cousas... Con permiso de Castelao. É do que se compón G, título que fai referencia a Greguería, pero tamén a Galego, a materia coa que está feita a obra. A expresión concreta do idioma representada por unha letra que se converte en homenaxe ao dicionario, ese libro escrito sen Gr...
    En stock

    14,96 €14,21 €

  • ENTRE A MEMORIA E O ESQUECEMENTO
    ACEVEDO LÓPEZ, GUIOMAR
    A autora, especializada en estudos sobre memoria e identidade en contextos de desprazamento forzado e exilio político, achéganos, ademais de reflexións teóricas sobre os seus dous principais obxectos de estudo, unha aproximación ao exilio republicano en México e a súa institucionalización, así como ás condicións nas que se produciu a denominada “transición española”, ollada den...
    En stock

    14,96 €14,21 €

  • O PODER QUE CAMIÑA NAS TEBRAS
    HAMILTON, LILLIAS
    Na súa obra A filla do visir, Lillias Hamilton abordou temas que poucos se atreveron a tocar. Nesta novela, escrita despois de superar a censura, a doutora británica narra a represión do pobo hazara e o xenocidio que sufriu baixo o réxime afgá. Non só foi testemuña directa deses eventos, senón que tamén contou coa rara oportunidade de acceder á corte do emir en Cabul, onde trab...
    En stock

    24,95 €23,70 €

  • TERRA BAIXA
    GUIMERÀ, ÀNGEL
    “Traducir ao galego un clásico estreado en 1896, como Terra baixa de Àngel Guimerà, presentou múltiples desafíos. Non considero necesario un prólogo erudito sobre a peza ou a vida do autor, pois abundan estudos sobre el. No entanto, quero compartir a miña experiencia no proceso de tradución. Esta obra, un drama realista con forte oralidade, esixiu un esforzo extra ao tratarse d...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • CARTAS DESDE A CADEA
    LUXEMBURG, ROSA
    Rosa Luxemburg (1871-1919), destacada figura do marxismo e do antimilitarismo, escribiu durante o seu encarceramento entre 1916 e 1918 unha serie de cartas á súa amiga Sonja Liebknecht, esposa de Karl Liebknecht, cofundador da Liga Espartaquista. Estas cartas, traducidas ao galego, revelan unha faceta máis íntima de Rosa, onde o teórico se entrelaza co persoal. A través delas, ...
    En stock

    13,95 €13,25 €

  • O MERCADOR DE VENECIA
    SHAKESPEARE, WILLIAM
    O mercador de Venecia é unha das obras máis atractivas e populares de Shakespeare. O seu título é enganoso. Antonio, mercador veneciano, pide a Shylock, prestamista xudeu, tres mil ducados para que o seu amigo Basanio, nobre veneciano empobrecido, poida ir con grande ostentación e boato competir pola man e a fortuna da fermosa Porcia. Shylock accede coa condición de que se aos ...
    En stock

    13,95 €13,25 €

  • LÚAS DO ORZÁN
    PISÓN VILLAPOL, XESÚS
    Na obra dramática de Xesús Pisón pódense identificar dúas etapas. A primeira, iniciada en 1980, está composta por obras burlescas que se inscriben na tradición de escárnio e maldizer galega. A partir de 1994, a súa escrita vira radicalmente cara a un estilo máis áspero e combativo, reflectindo a súa visión do poder como algo que emana tanto do exterior como da natureza humana, ...
    En stock

    23,95 €22,75 €

  • O RAPOSO RENARTE E O LOBO GRISENGRÍN
    LISON, RICHARD DE / SAIN-CLOUD, PIERRE DE
    “O raposo Renarte e o lobo Grisengrín (Roman de Renart)” é unha fascinante colección de aventuras dos séculos XII e XIII que satiriza, cunha agudeza sen igual, a sociedade feudal a través dun mundo animal vibrante e complexo. Orixinariamente escritas en lingua romance, céntranse na figura astuta do raposo Renarte. A pesar das variacións de enfoque, estilo e contido, cada relato...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • O COLOSO DE MARUSI
    MILLER, HENRY
    «Na terraza elevada de Amarusio, mentres a luz dos outros mundos empezaba a perder o brillo, captei a vella e a nova Grecia na súa suave translucidez e así se conservan ambas na miña memoria. Decateime nese instante de que non hai nin vella nin nova, só Grecia, un mundo concibido e creado a perpetuidade. O home que falaba deixara de ser de tamaño e proporcións humanas, converté...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • LIBERDADE PARA O GALEGO
    MACEIRA EIRAS, MARCOS / QUINTAS ALBORES, ELSA
    Falemos de liberdade. A que os dicionarios galegos definen como a faculdade pola que se pode realizar a propia determinación, o dereito de actuar segundo os propios criterios e sen imposicións doutros ou fóra do dominio de alguén. É esta a situación do galego? Abonda coa propia vontade para facer uso da lingua do país? Ou existen impedimentos materiais, situacións de coacció...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • NURA
    PONS,PONÇ
    “Comecei a escribir “Nura” un serán de inverno, en Macaret, arrodeado de velas e co Requiem de Mozart a todo volume. “Nura” é o nome que lle puxeron os fenicios a Menorca e significa “Terra de lume”. Un lume que aínda queima por dentro e representa a paixón pola literatura. Condo construía o poema, fun elaborando, intertextualizando, o eco doutras voces por mor de fundir os ...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • FEIJÓO. LA CARA OCULTA DE UN FARSANTE
    MONGE GONZÁLEZ,MANUEL
    Se difunde que Alberto Núñez Feijóo es una persona de centro derecha, reformista, liberal, dialogante, etc. Otros dicen que es un ultra disfrazado de moderado, que tiene dos caras. Hablemos claro, Feijóo es un farsante, es decir, mentiroso, hipócrita, patrañero, trolero. Feijóo manifestaba que no tenía intención de pactar con Vox, pero hoy defiende los pactos y gobiernos de coa...
    En stock

    24,95 €23,70 €

  • DIARIO DUNHA SUFRAXISTA
    NICOLE CADÉNE
    Aínda se sentía a calor revolucionaria da Comuna de París de 1871 cando chega a París, dous anos despois, Hubertine Auclert, unha muller esencial para o feminismo, a primeira en usar o termo e unha das súas pioneiras e máis firmes defensoras. Neste libro damos a coñecer non só ás páxinas do recuperado "Diario" e dos folios soltos, senón que, para valorar moito mellor o traba...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • A TRANSICIÓN EN GALIZA
    UXÍO-BREOGRAN DIÉGUEZ CEQUIEL
    1.1 01.1 10000000000000000 ...
    En stock

    24,95 €23,70 €

  • O AZUL ENTRE O CEO E AUGA
    ABULHAWA,SUSAN
    1.1FP;FR;FRD;FRH 01.1 10000000000000000 ...
    En stock

    23,95 €22,75 €

  • CUMES TORBOENTOS
    BRONTE,EMILY
    1.1FR 01.1 10000000000000000 ...
    En stock

    23,95 €22,75 €