Búsqueda de Editorial : XERAIS

1380 resultados

  • A CASA DO AMO.UNHA ANÁLISE DO DISCURSO COLONIAL E RACISTA NA LITERATURA GALEGA
    REIMONDEZ, MARIA
    A finais dos anos setenta, a escritora feminista negra lesbiana estadounidense Audre Lorde resumía a súa crítica ao feminismo branco coa famosa frase: «As ferramentas do amo nunca desmantelarán a casa do amo». A súa mensaxe ecoa aínda hoxe en diferentes movementos supostamente transformadores nos que se deixa de lado unha crítica en profundidade ás estruturas coloniais e racist...
    En stock

    18,95 €18,00 €

  • METAFORA DA METAFORA
    QUEIZAN, MARIA XOSE
    «Metáfora da metáfora» é unha reflexión sobre a palabra literaria como forma de poder e, en última instancia, sobre o poder da palabra nunha meditación sobre o amor sancionado pola tradición literaria masculina e sobre a necesidade de inventar novos paradigmas. ...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • A REDE BRANCA
    MORGAN, PACO
    Ambientada na cidade portuaria de Úrvida (que se pode identificar con Vigo), «A rede branca» é unha trepidante novela negra cunha estrutura coral formada por catorce personaxes protagonistas que van entrelazando as súas historias para debuxar un regueiro de cocaína que, como nunha carreira de remudas, circula desde restaurantes de luxo até patios de prisión. Un narcotraficante ...
    En stock

    14,50 €13,78 €

  • A SOMBRA CAZADORA
    DE TORO, SUSO
    Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírtelles: «Imaxinade que a vosa sombra se separa de vós e cobra vida propia. Imaxinade que a imaxe do espello ten vida de seu e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento en que teñades d...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • VARETAI. PROTECTORA DE ESPÍRITOS
    DE EVAN, ALBA
    Lía é unha rapaza especial, dende cativa é capaz de ver os Vareti, espíritos elementais que protexen o mundo. Cando as cousas comezan a se torcer na vila, decátase de que algo non vai ben. Quen está provocando desastres Quen son eses seres que apareceron de súpeto Xunto con Brisa, a súa inseparable amiga, tentará solucionar a desfeita antes de que cobre dimensións épicas. ...
    En stock

    12,50 €11,88 €

  • A SOIDADE DAS NENAS
    BEIZANA VIGO, MIRIAM
    Celia, unha nena que vive no orfanato Hijas de la Caridad, desaparece sen deixar pegada. Emilia, a súa mellor amiga, tentará suplir o oco que deixa uníndose irremediablemente á súa irmá xemelga, MX, quen fuxirá da pantasma da desaparecida nunha carreira cara adiante. Esa unión medrará con elas nunha relación amorosa de cimentos fráxiles, pero a incógnita da desaparición atormen...
    En stock

    13,95 €13,25 €

  • A NOITE DAS CEBOLAS
    ANEIROS, ROSA
    Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa p...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • O TREN FANTASMA
    ORUÑA, MARIA
    A Alan no lle gusta ir para a cama. Para axudalo a durmir, o seu pai decide lerlle un conto moi especial: «O tren fantasma». Cando Alan queda durmido con el entre as mans... esperta dentro do tren da historia! E as pantasmas serán o último dos seus problemas: montañas máxicas, tormentas terribles, amazonas con espadas... Vaia aventura agarda por el! ...
    En stock

    12,50 €11,88 €

  • ABONDA CON VIVIR
    DOPICO, MONTSE
    Unha biografía feita con retallos da memoria que gardaron de Luísa Villalta persoas que formaron parte da súa rede afectiva. Unha análise literaria, sociolóxica e histórica que percorre todas as mulleres que foi Villalta. Un diálogo, con forma de reportaxe, coas súas amizades para tentar explicar quen era Luísa e por que escribiu o que escribiu. ...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • 831-URB
    LOPEZ RODRIGUEZ, MANUEL
    «831-urb» é un exercicio arquitectónico de ambiente ciberpunk onde o ser humano cre recoñecerse. Este libro de poesía foi gañador do XXVI Premio Johan Carballeira. ...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • AS MATEMÁTICAS MÁIS SORPRENDENTES
    SACO PÉREZ, FERNANDO
    O leitmotiv deste libro son os resultados matemáticos que chocan coas nosas ideas intuitivas previas e que nos producen sorpresa, admiración e asombro. Neste texto atopamos curiosas respostas a moi variadas cuestións, entre as que figuran a estatística, as xeniais ideas de Cantor sobre o concepto de «infinito» ou as maxistrais e máxicas solucións de Euler a moitas «series numér...
    En stock

    15,50 €14,73 €

  • O LEGADO DA NENA DO SAL
    GALLEGO, ELENA
    Cando Inés lle prometeu á nai ler os seus cadernos e escribir o libro da súa vida non podía imaxinar o alcance dese legado. Ao abrir o primeiro manuscrito, a memoria devolveulle a imaxe de Carmiña, trinta anos máis nova, escribindo sen parar sobre a mesa da cociña. Inés sabía que se lle presentaba unha oportunidade irrepetible e fixou a ollada na caligrafía coñecida, coma se as...
    En stock

    21,95 €20,85 €

  • FINXIMENTOS
    PEREZ REI, MARIÑA
    Nené baila unha danza de resistencia ao redor de Heinrich, nunha escena de xadrez que os volve invisibles. Os dous sobreviven nun mundo en crise, nun teatro de máscaras onde nada é o que parece e a identidade se torna un xogo, un intercambio efémero entre bambolinas. Asalariados, estafadores ou grandes cínicos, os dous deambulan na procura dunha esquina limpa na costa galega p...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • REFUGALLO O ESPANTALLO
    ALONSO GASALLA, IRENE
    Comba é unha nena moi espelida e moi peculiar. Acompañada do seu gato Chosquiño, gústalle recoller materiais de refugallo para darlles unha nova vida: fai lapiseiros cos frascos de mel, xoieiros con caixas de ovos e casas de bonecas con cartóns de leite. O seu desexo é recompoñer o vello espantallo que o pai ten na horta da casa, pero non vai ser sinxelo, xa que os «bocapodres»...
    En stock

    12,50 €11,88 €

  • CINCO PSEUDOCOMEDIAS
    PRIETO, JOSE
    «Cinco pseudocomedias» contén cinco dos meus textos preferidos. Todos eles están emparentados polo humor, pero en cada un a comedia mestúrase con outros xéneros para transitar por camiños diferentes. Do costumismo ao absurdo, do musical á traxedia ou do drama ao documental. A comedia exerce nestes textos de elemento transversal, ás veces de aliño e ás veces de alivio, pero non ...
    En stock

    13,95 €13,25 €

  • POETÍZATE
    ALONSO, FRAN
    Cunha concepción desenfadada e rebelde, «Poetízate», a coñecida antoloxía poética feita por Fran Alonso, converteuse, desde a súa publicación, nunha ferramenta de referencia para achegar a poesía á mocidade. E é que a poesía non é aburrida, nin cursi, nin difícil. Esta antoloxía demóstrao, con poemas seleccionados para as persoas que non están afeitas a ler poesía e con códigos...
    En stock

    13,50 €12,83 €

  • 7. FORMIGAS. MISIÓN ENTROIDO
    TOBARUELA, PERE / MEIXIDE, ANDRES
    FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes das FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En «Misión Entroido» as FORMIG4S enfróntanse ao doutor Paumao durante estas populares festas. Que tramará o malévolo científico? A brigada especial será capaz de poñer freo aos seus plans...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • AS PEREGRINACIÓNS A COMPOSTELA
    ANDRADE CERNADAS, XOSÉ MIGUEL
    Que as peregrinacións a Compostela son un fenómeno multitudinario é obvio. A inflación xacobea é algo que se sente na cidade de Santiago e noutras partes do país, máxime cando hoxe está ligada ao desenvolvemento dun turismo de masas que ameaza a Galicia. Mais cal é a relación destas peregrinacións coa súa historia? Foron sempre así? As ducias de «camiños de Santiago» son reais ...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • AQUELES CORPOS NOSOS
    GÓMEZ RAMOS, ADRIÁN
    Todos os actos teñen consecuencias. Fernán e Xandre Malvís buscan recuperar a normalidade nas súas vidas e sandar as cicatrices inflixidas polo enfrontamento cos irmáns Garrido. A cidade, pola contra, non esquecerá con tanta facilidade o conflito entre as dúas familias, e as fauces de Compostela escolleron unha nova vítima. Os Malvís terán que facer uso de todo o seu coñecement...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • SOMOS UN POBO DE ARTISTAS
    SOUTO, XURXO
    O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Os "Cantares Gallegos" de Rosalía son o gran referente do Rexurdimento. Cantigas e cantares. Non obstante, a música sempre estivo ausente nas clases de literatura. En 1999 Luísa Villalta publicou "O outro lado da música, a poesía", libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si ambas...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • ESPERTA DO TEU SONO
    RONTANO, LOLA
    «Esperta do teu sono» toma como motivo central o conflito da mina de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños, para presentar en clave de intriga unha ficción que mestura ecoloxía, desobediencia civil, loita pola terra e solidariedade entre comunidades rurais e urbanas. Entre misteriosas mortes e vellos rancores, Vila Amparo, un porto de mar da Costa da Morte, será testemuña da pau...
    En stock

    19,50 €18,53 €

  • UN ANIMAL CHAMADO NÉBOA
    COSTAS, LEDICIA
    A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir....
    En stock

    19,50 €18,53 €

  • WOMBO COMBO
    CARBALLEIRA, PAULA
    Sara odia a súa vida, ou polo menos a súa vida real: non ten case amigas e moito menos amigos; búrlanse do seu aspecto; non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre... Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, unha vida virtual onde xoga en liña con ducias de persoas e é imbatible nas loitas facendo «Wombo Combo». Sar...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • OS VAGALUMES DE MARÍ
    "MIGUEZ, ALBA / GÓMEZ DAMIÁN
    Marí é unha nena de dez anos que vive feliz ata que o seu pai ten que embarcar por motivos de traballo. Cando o barco está a piques de regresar, o faro da vila estrágase. Marí nunca imaxinaría que o conto que lle contaba o pai sobre monstros e vagalumes poida ter algo que ver coa posibilidade de que o faro volva iluminarse antes de que o seu pai chegue a porto. ...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • A FERIDA IMAXINARIA
    DAVILA, BERTA
    «A ferida imaxinaria» conta a historia de dúas parellas de irmás distanciadas, dous peixes laranxas e un ganso doméstico. E tamén a dos habitantes da aldea de Soutelo, cerca de Viveiro. Falta pouco tempo para que se produza unha eclipse solar total, pero ningunha das protagonistas ten un interese especial no fenómeno. As catro están mergulladas na súa propia escuridade. Un acu...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • LUÍSA VILLALTA. MELODÍA DE PALABRAS
    CANOSA, MARIA
    Luísa Villalta (1957-2004) foi unha muller comprometida coa vida e fixo desta un espazo máis amable, que encheu de compromiso e de beleza. A Villalta dedícaselle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa inestimable achega literaria. Foi unha visionaria, unha modernizadora da poesía e do teatro, pero tamén unha congruente defensora das nosas raíces e da nosa historia. Ademais de n...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • LUÍSA VILLALTA. ALMA DE VIOLINO ( LETRAS GALEGAS 2024)
    MACEDA, BEATRIZ / RIOS, ELI
    Luísa Villalta soubo escoitar o silencio e a realidade que lle tocou vivir e plasmalo na súa obra. Comprometida e coherente, teceu os vimbios dunha sociedade equitativa e igualitaria. Nesta biografía ilustrada, mergullamos nalgunhas das palabras e das músicas que ela ceibou ao vento para achegarnos a unha muller tan polifacética como fascinante. ...
    En stock

    15,50 €14,73 €

  • OS SUICIDANTES
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Nunha cidade do futuro, devastada por un réxime económico fóra de control, os individuos son arrastrados cara ao abismo. Un camiño que ninguén querería percorrer: o camiño da morte autoproducida, executada coas propias mans. As mentes están atravesadas por unha angustia indefinible e centos de vidas causan baixa definitiva cada día para un sistema que só busca a supervivencia d...
    En stock

    18,95 €18,00 €

  • UN MILLÓN DE VACAS
    RIVAS, MANUEL
    Este libro nace fundamentalmente da observación. A través destes relatos, como fogaradas, como rápidas instantáneas, viaxamos por tipos humanos, situacións, contrastes e anécdotas que se presentan como un singular retablo da Galicia que vivimos. Entre o videoclip e o angazo na ría, entre o turbo e a corredoira, as parabólicas e o tute, as bandas modernas e a pensión agraria... ...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • EU TAMÉN FUN PEQUENA
    BLANCO, CONCHA
    Todas as noites, antes de durmir, a avoa Concha cóntalles ás súas netas lembranzas da infancia nos anos cincuenta na aldea de Lires, que contrastan coa forma de vida actual: fálalles do mundo rural da época, da nula presenza da tecnoloxía ou das escasas infraestruturas. A través dos recordos da avoa e das preguntas que fan as nenas Ana e Mariña, abórdanse temas como o coñecemen...
    En stock

    12,95 €12,30 €