Búsqueda de Editorial : XERAIS

1731 resultados

  • CRIATURIÑA
    FRAGA, ANTONIO M.
    Ulises, un neno que adora a rutina e soña cunha vida tranquila, recibe un estraño ovo da súa tía Artemisa. Por outra parte, Francisco Bestilleiro, coñecido como o Efebeí, aspira a ser o mellor policía da vila, aínda que as súas misións sempre acaban en desastre total. Cando, na Noiteboa, do ovo sae unha criaturiña tan doce como perigosa, todo se complica: vampiros, cans desapar...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • CÁNCARA
    ALONSO, FRAN
    Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». A partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe ...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • TIMBROL E A PEGA (E OS DEMAIS)
    BARBADILLO, LETICIA
    Cando nace Timbrol, con el nace unha historia: a da pega que quería roubarlle o seu embigo. Mais as historias nunca veñen soas e na Aldea do Pé da Montaña ninguén queda sen a súa: orellas que levantan vendavais, brazos infinitos por mor da preguiza, rostros que alumean a noite e melenas que escurecen o sol. E unha pega, sempre unha pega, a axexar as vidas de Timbrol e dos demai...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • O MAPA DA TÚA SEXUALIDADE
    VEIGA, LAURA
    Sabías que a túa sexualidade é como un mapa que se vai debuxando a medida que medras Un mapa cheo de camiños, preguntas, emocións e descubrimentos que te axudan a entender quen es e como te relacionas co mundo. Neste libro atoparás unha guía clara, divertida e coidada para comprender como funcionas por dentro e por fóra: o corpo que medra, os sentimentos que ás veces enredan, o...
    En stock

    15,95 €15,15 €

  • VIGO PEQUENO
    VEIGA, RAMÓN D.
    Vigo é unha cidade incrible: ten un ascensor que parece unha nave espacial, un campo de fútbol feito con ondas de mar e un sereo empoleirado no alto de dúas columnas. Apetécevos acompañar a Oliva a dar unha voltiña polos seus lugares favoritos? ...
    En stock

    14,50 €13,78 €

  • A GALICIA MODERNA (1880-1939). UNHA SOCIEDADE ACTIVA, UNHA ECONOMIA INNOVADORA
    FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO
    A sociedade e o territorio da Galicia contemporánea son produtos históricos. Só así se entende que esa sociedade se construíse sobre a base de mecanismos sociais de igualación postos en cuestión nos distintos procesos de cambio e ruptura que se deron no país entre 1880 e 1939. Foi unha época de importantes transformacións na Galicia rural e urbana, un tempo contraditorio, tanto...
    En stock

    18,95 €18,00 €

  • TIÑA EU RAZÓN
    PINAL, VICTORIA
    Unha muller nova que un día deixa de ver partes do corpo doutras persoas, unha misteriosa sombra no mar, unha aldea onde os habitantes parecen tolear, un neno que empeza a moverse cada vez máis lento, unha insistente vendedora de seguros, un insufrible proído na cabeza... Estas son algunhas das inquietantes historias que conforman este libro. Os relatos de «Tiña eu razón» desv...
    En stock

    18,50 €17,58 €

  • PAI
    LOUZAO OUTEIRO,MIGUEL
    Desde a tenrura, a ilusión e a reflexión, «Pai» explora a aventura da crianza dun fillo neste mundo actual cheo de incertezas. As preguntas, as dúbidas, os medos e os descubrimentos do fillo e do pai vanse abrindo camiño nunha viaxe compartida como un xogo serio que moldea as súas vidas. «Pai» ofrece unha perspectiva que renuncia aos privilexios masculinos tradicionais e propó...
    En stock

    13,50 €12,83 €

  • PANTASMADAS
    GARCIA MARTINEZ, ANDREA
    O avó Seronio é o último veciño de Treboeiro, un lugar envolto en néboas, vellas historias e habitantes moi pouco comúns... Cando a súa filla chega disposta a levalo con ela e a súa familia á cidade, Seronio terá que demostrar que, aínda que non saiba nin fritir un ovo, non está tan só como pensan. Conseguirá Seronio quedar no seu fogar? Poderase salvar Treboeiro do esquecement...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • AS MALAS IDEAS
    SOLAR, MARIA
    Elías é un afamado director de produción de series, cuxa traxectoria se ve repentinamente desprestixiada cando o seu equipo de rodaxe se planta nunha absurda folga. A crise laboral coincide coa morte do pai en Ferrol e vese na obriga de deixar o traballo e volver á súa terra natal. Alí descubrirá asombrado que o seu pai fabricaba un artefacto explosivo no faiado; coñecerá a Mer...
    En stock

    19,50 €18,53 €

  • O PAZO DAS MARISMAS
    BLANCO CASAL, ALBERTE
    Durante a Primeira Guerra Mundial, os señores do Pazo das Marismas teñen que enfrontarse a conflitos xeracionais e protestas obreiras, mentres que unha serie de ataques violentos e asasinatos descubrirán as conexións entre crimes locais e plans militares secretos. Nunha atmosfera chea de misterio, tensión e cambios sociais, o pazo do fondo da Ría de Vigo convértese nun escenari...
    En stock

    21,50 €20,43 €

  • BUSCALETRAS
    SENDÓN, OLAIA
    Este é un libro para xogar. Aquí, as historias non están escritas, están agochadas e agardan por ti. Cada páxina é un mundo distinto: a neve, a estrada, a festa, o mar... E as letras e palabras xogan ás escondidas. Atoparalas todas Aprende ortografía mentres buscas e encontras. Un libro divertido, visual e cheo de sorpresas. ...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • A ZAPATEIRA MECÁNICA
    TORO, XELIS DE
    A Lucía sempre lle gustaron as chaves inglesas, a graxa e os motores, pero, de repente, a fábrica onde traballa como mecánica pecha e decide aceptar un traballo que nunca imaxinou: aprendiza de zapateira. Co seu enxeño, os zapatos do barrio comezan a facer cousas extraordinarias. A xente amoréase para conseguir cita con Lucía, e esta convértese, sen pretendelo, na mellor zapate...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • REQUIEM
    OUTEIRO, EUGENIO
    Os versos de «Réquiem», estruturados como un acto relixioso, conforman un poemario coral que honra os asasinados pola barbarie fascista na Illa de Arousa. A memoria das vítimas mestúrase coa paisaxe e co mar, símbolo de dor mais tamén de esperanza, e as súas voces resoan coma ecos na auga, reclamando xustiza e descanso. A través da evocación dos nomes e das súas historias, o po...
    En stock

    13,50 €12,83 €

  • PRINCIPIO DE SUPERPOSICION
    FERNANDEZ DAVILA, FRAN
    Sofía López Fiz desaparece. Para atopar a verdade detrás da súa ausencia, deberás escoitar as múltiples voces que a definen: a da súa nai, a das súas compañeiras de clase, a dos profesores e, sobre todo, a da propia Sofía a través dos poemas do seu caderno. «Principio de superposición» é unha novela polifónica e trepidante. Unha crónica sobre o acoso escolar, a identidade, as a...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • CURRIÑO. SALCHICHAS PICANTES
    COSTAS, LEDICIA
    A vida no parque é xenial... ata que alguén decide deixar trampas para cans. Gordon come unha salchicha envelenada e Curriño e a súa cuadrilla póñense a investigar para descubrir quen está detrás do terrible acto, mentres adoptan un gato que quere ser can. Quen odia tanto os cans como para envelenalos Curriño e os seus amigos darán localizado o culpable E o máis importante: a v...
    En stock

    10,95 €10,40 €

  • MAÑÁ, CANDO SEXAMOS LUNS
    NÚÑEZ, XAQUÍN
    Un xubilado que coida unha esposa encamada, unha funcionaria en risco de expulsión, un dependente de ferraxaría envolto nun asunto turbio e unha empregada brasileira que espanta un trauma. Estas catro persoas, con vidas converxentes malia non o saberen, coinciden nunha sala de espera mentres fóra a noite é un tornado de barullo e xente. Son nómades dunha cidade que ve sorprendi...
    En stock

    19,50 €18,53 €

  • MARIÑA E O BALÓN. O PRIMEIRO GOL
    TOBARUELA, PERE
    Mariña é unha namorada do fútbol e da poesía. Despois dalgunhas dúbidas, por fin decide anotarse no equipo de fútbol feminino da vila coas súas mellores amigas. Empezan os adestramentos e elas pásano de marabilla practicando o seu deporte favorito. Cando se achega o primeiro partido, Mariña relouca por demostrar o moito que aprendeu e por axudar as compañeiras a marcar gol. Unh...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • DIPNOI
    CANOSA, MARIA
    Sabela, Manu, Claudia, Fabio e Lois conforman un grupo en que a amizade convive coa sospeita, os prexuízos e o que nunca se di en voz alta. Sen pretendelo, Manu destaca por diferente. Coida o seu aspecto con esmero, fala pouco do seu pasado e non sempre encaixa nos moldes. Algúns admírano. Outros desconfían. Nin sequera quen o defende se atreve a preguntarlle o que todos calan....
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • MILLENNIALISMO OU SÁTIRA DUNHA XERACIÓN
    ROMERO NOGUEIRA, RAMÓN
    #challenge: apaga o móbil un par de horas, concentra ese cerebro virtualizado que tes e adéntrate nunha intranet de versos sen "postureo" nin filtros. ...
    En stock

    13,50 €12,83 €

  • MARCOPOLA 5. TERRA A DENTRO
    FERNANDEZ SERRANO, JACOBO
    Marcopola acaba de estrear pernechas e xa está preparada para recuperar o remo roubado. Acompañada dos seus inseparables Libro e Dragoneta, deixará a Costa das Patacas e irá cara ao interior a través de fabulosas paisaxes na procura de pistas que lles axuden a dar con el. No camiño atoparán novos amiguiños, vellos e perigosos inimigos e outros seres que non se sabe que son. Cal...
    En stock

    13,50 €12,83 €

  • BEGOÑA OU O PRACER DA AMIZADE
    MACEDA, BEATRIZ
    Begoña Caamaño, a escritora homenaxeada nas Letras Galegas de 2026, foi unha muller excepcional que fixo da palabra un acto de rebeldía e sororidade. Nesta biografía novelada, catro voces míticas -Circe, Penélope, Morgana e Xenebra- reúnense para narrar a vida desta autora fundamental, desde a súa infancia en Vigo ata o seu papel clave na cultura galega contemporánea. Xornalist...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • OS FÍOS DE BEGOÑA
    MEJUTO, EVA
    A vida de Begoña Caamaño, a autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026, foi un fío extraordinario que se pode seguir nas páxinas desta biografía ilustrada. Desde a súa infancia inventando xogos ata converterse nunha das voces máis importantes da radio, do activismo e da literatura galega, Begoña loitou sempre pola xustiza, polo galego e pola igualdade, tecendo redes de amizade ...
    En stock

    15,50 €14,73 €

  • ALICIA E A MESTRA DE OZA
    CARBALLEIRA, PAULA
    «Agora as mestras non baten nas alumnas, pero daquela... canto máis duras eran as mestras, máis ríxidas e estritas, mellor sona tiñan. Pero tamén estaban as tolas, as que cantaban, as que tiñan unha maneira diferente de aprenderlles a vida. Esas non duraban moito tempo. Denunciábanas porque eran tan libres que metían medo e ninguén quería que os nenos e, sobre todo, as nenas se...
    En stock

    16,50 €15,68 €

  • A CASA GRANDE
    SENDÓN, OLAIA
    A nai morreu, e na Casa Grande só fican as pantasmas axexando tras as fendas. Os tres irmáns (Estela, Marcos e Paulina) regresan á vila para repartir os restos da herdanza, mais cada obxecto garda a pegada dunha memoria e a ameaza dun axuste de contas. No corazón desa casa, que xa non é fogar, latexan o pasado e os silencios dunha familia que camiña na corda frouxa entre a pert...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • A NOVELA DO BRAVU
    SOUTO, XURXO
    Isto non é (só) un libro de música. Velaquí a experiencia colectiva dun fato de xente nova que, nos anos noventa, decidiu saír do rego do discurso dominante e -co poder da lingua galega- dialogar con vehemencia coa súa propia realidade. Proclama que transcendeu dende as marxes e deixou pegada en toda a súa xeración. A ruta continúa. Porque, como dixo Miguel Anxo Murado: «Na ant...
    En stock

    24,95 €23,70 €

  • GUÍA ILUSTRADA DO ENTROIDO GALEGO
    DOMÍNGUEZ, XABIER / DE EVAN, ALBA
    Dende os peliqueiros de Laza ata os xenerais da Ulla, pasando polos cigarróns ou os boteiros, este libro é unha viaxe chea de cor, festa e tradicións únicas. Unha guía divertida e amena para coñecer algúns dos Entroidos máis sorprendentes de Galicia, con ilustracións e curiosidades que farán rir, aprender e querer saír a correr tras as máscaras. Prepárate para o mellor Entroido...
    En stock

    15,50 €14,73 €

  • MULLERES QUE VIVEN XUNTAS
    CAMINO, ABRIL
    En 1955, despois da morte de seu pai, Isabel, que aínda non fixo os dez anos, vese na obriga de marchar para Londres, onde será acollida polos tíos. Cando en 1968 regresa á súa aldea, preto de Compostela, coñece a Chus, unha mestra que coidou da súa nai mentres ela non estaba e con quen vai iniciar unha relación de amor que durará toda a vida. O medo ao que dirán e a manifesta...
    En stock

    18,95 €18,00 €

  • LELA, A SUPERAVOA
    XOSE TOMAS
    Lela non é unha avoa calquera. Cos superpoderes da retranca, da astucia e da experiencia, pode resolver calquera obstáculo ou situación da vida. A súa familia sabe que non hai medo que a deteña, aínda que ás veces acabe metida nalgunha enleada das súas!Un divertido cómic con breves historias autoconclusivas que, a través do humor, lles rende unha homenaxea ás avoas. ...
    En stock

    13,50 €12,83 €

  • ERIN E O LOBO
    ESMORIS, ERICA
    Erin vive no máis fondo do bosque, nunha cabana construída polos seus pais para afastarse da civilización. Nunca viu unha cidade nin un colexio nin outro neno. Un día, o pai regálalle un libro vello e, ao lelo en voz alta, esperta un feitizo: a súa voz de cóxegas sacode o bosque enteiro. Erin faise bosque e o bosque faise nena. As súas palabras chegan a todas as criaturas (o ra...
    En stock

    12,95 €12,30 €