Búsqueda de Editorial : XERAIS DE GALICIA, S.A. EDICIONS

1172 resultados

XERAIS DE GALICIA, S.A. EDICIONS Eliminar filtro Quitar filtros
  • AS SENTINELAS DO SILENCIO
    MACEDA, BEATRIZ
    Iria ten que deixar a cidade onde vive, as súas amigas, o colexio, a praia das tardes do verán..., para mudarse cos seus pais ao campo, a un lugar chamado Malvela. Alí a súa vida semella perder todo o sentido. Mais, pouco a pouco, irá coñecendo unha comunidade de persoas especiais que, dotadas de cadanseu don, van ensinarlle outra maneira de estar no mundo, moito máis conscient...
    En stock

    11,95 €11,35 €

  • ZOOM
    D. VEIGA, RAMÓN
    Ramón D. Veiga pídelles a dez fotógrafas e fotógrafos galegos (algún só afeccionado á fotografía) que lle envíen unha imaxe da súa autoría. A que escollan. A que máis rabia lles dea. O obxectivo é argallar unha historia para cada unha delas, achegar unha ollada diferente, unha interpretación persoal sobre a obra desas creadoras e creadores (cinco mulleres e cinco homes) que tan...
    En stock

    16,95 €16,10 €

  • MATERIA
    CASTAÑO, YOLANDA
    Legados, relacións e ata proxeccións familiares: velaí a materia da que estamos feitas. Tanto na súa líquida versión capaz de humectar as raíces antepasadas, coma na solidez do que hoxe nos conforma mesmo se só asoma unha parte, ata a volatilidade gasosa dun futurible familiar. Dende a memoria histórica aos clarescuros da renuncia á maternidade se tratan nesta poderosa proposta...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • XESTAS OLÍMPICAS
    CAJARAVILLE, HECTOR
    Desde que en 1896 se celebraron as primeiras olimpíadas modernas, podemos atopar en todas elas historias de a cabalo entre a realidade e a lenda, fazañas prodixiosas que elevan a quen as protagonizaron á categoría de heroes e heroínas con letras maiúsculas, polos logros acadados ou porque as súas proezas abrían camiños antes inconcibibles. O elemento en común dos relatos que co...
    En stock

    12,50 €11,88 €

  • CAROLINA
    FERNÁNDEZ CANAL, ALBERTO
    Carolina Ernau é unha muller que loita por sobrevivir nunha cruel guerra fratricida onde os gañadores, ademais de tratar de aniquilar fisicamente os vencidos, pretenden impedir que pensen e imaxinen. Unha muller que se converte en maquis e espalla a paixón polos libros, sobre todo por aqueles que a marcaron como ser humano, aqueles que se viu obrigada a ler na clandestinidade, ...
    En stock

    19,50 €18,53 €

  • CÓSMICO. O BOMBEIRO GALÁCTICO
    FON
    Cósmico é un bombeiro galáctico que só pensa nas medallas que gañará apagando incendios. Comprenderá a verdadeira importancia de loitar contra o lume ...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA
    CALLÓN, CARLOS
    Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos. Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o méto...
    En stock

    26,95 €25,60 €

  • O TRADUTOR DE SOMBRAS
    FUENTES, MONCHA
    Con «O tradutor de sombras», volve a narrativa singular da escritora Moncha Fuentes á actualidade para arrastrar o lector nunha novela hipnótica que comeza en Ourense e remata en Vigo pouco antes do inicio da pandemia. Entre a realidade e a desmesura, Roque Corbal procura no alcohol e na tradución un refuxio contra as súas propias pantasmas. Ao longo da súa crise interior, irá ...
    En stock

    17,50 €16,63 €

  • TRECE AVISOS
    CARBALLEIRA, PAULA
    O medo avisa cando chega. Un sopro de aire frío. Un arrepío polas costas. Un corazón que latexa. Algo que non vemos, pero sabemos que está. Algo que sentimos, ou que presentimos. Estes contos son para ler de noite, se te atreves. ...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • OS MEGATOXOS E O RETO DE INTERNET
    FARIÑA, ANXO
    Ultimamente en Internet non se fala doutra cousa. Toda a xente está pegada aos ordenadores, ás tabletas, aos móbiles... Toda a xente Non. Aos Megatoxos semella que non lles afecta ese RETO que inunda as redes. Con todo, a quen non lle gustaría poder facer realidade os seus soños Ter un aspecto diferente cada día, poder voar, facer novos amigos por todo o mundo, vivir onde se qu...
    En stock

    13,95 €13,25 €

  • DEBER DE BALTAR
    TORO, SUSO DE
    Velaquí a saga dos Baltar coa presenza dos seus obxectos e mobles vividos, coa seducción dos seus retratos, co engado dos seus filmes familiares, coa memoria dos seus lugares amados. Coa forza da cultura, da política, da medicina: DEBER DE BALTAR. [Catálogo da exposición inspirada na novela "Un señor elegante" de Suso de Toro. Comisario e deseñador: Pepe Barro.] ...
    En stock

    24,95 €23,70 €

  • A MÚSICA DAS PALABRAS
    CABANA, DARIO XOHAN
    «Pra escribir, escóitome a min mesmo e a música das palabras, non as normas dos gramáticos». En «A música das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021» Darío Xohán Cabana reflexiona, con rigor e excelencia, sobre literatura e lingua, compartindo o seu coñecemento e prestando especial atención á tradución e á poesía. Son pequenos ensaios, en forma de artigos e conferencias, e...
    En stock

    24,95 €23,70 €

  • A DEFUNCIÓN DOS SEXOS
    FERRÁNDEZ PÉREZ, DANIELA
    A defunción dos sexos: disidentes sexuais na Galiza contemporánea é un libro divulgativo que recompila historias e memorias de persoas que viviron alén da norma sexual na Galiza dos últimos cento cincuenta anos. A través de fontes de arquivo e xornalísticas reflexiónase sobre algúns dos itinerarios que estas persoas tiveron que percorrer e o seu enfrontamento co xugo dunha sexu...
    En stock

    18,50 €17,58 €

  • XINFU: MÚXEL ATTACKS
    MORGADE, ADRIÁN
    Un exército baixo a auga É que se volveu tolo o autor Xinfu e Wini regresan, desta vez coa responsabilidade de salvar a súa cidade dunha misteriosa ameaza. Coma se dunha lenda da antiga China se tratase, esta nova aventura conta tamén a viaxe do heroe e as consecuencias que debe afrontar cando protexe os demais. ...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • O NEGOCIADOR
    SANDE, MIGUEL
    Un feito histórico, o secuestro máis longo cometido por ETA no Estado español, é o punto de partida desta novela. As negociacións, que se desenvolven en Alxer, son narradas a través do excepcional testemuño do home que participou naqueles encontros pola liberación. As lembranzas e as sensacións dese momento enchen todo o relato. As vidas das persoas implicadas no proceso de aco...
    En stock

    16,95 €16,10 €

  • LÚA NOVA
    MONTERO, IRENE
    Lúa Lóngora é unha pianista recoñecida e admirada no mundo enteiro. Coa música como eixe sobre o que se vertebra toda a súa existencia, goza dunha vida plena e afortunada rodeada de seres que a queren e que a axudaron a desenvolverse como profesional e como persoa. Lúa é cega de nacemento, unha condición que non lle impediu avanzar no seu camiño, erguéndose despois de cada trop...
    En stock

    16,50 €15,68 €

  • AXENTE RICIÑOS: MISIÓN PRINCESA
    O HEMATOCRITICO
    Axente Riciños, a mellor e máis implacable axente da Policía, regresa para resolver un misterio que mantén en tensión a todos os habitantes da Fraga. Alguén está secuestrando as princesas sen deixar nin rastro. Só hai unha opción para resolver o caso, que Riciños faga coma quen que é unha delas. Algo que, coñecéndoa, non será nada doado... Tranquilas, princesas, Axente Riciños ...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • AS MULLERES QUE CULTIVABAN NÉBOAS
    GREGORES, BEA
    Mamá é unha muller forte. Papá é un home estraño. Cando chega, todo se tingue dunha mancha escura, e da súa boca saen palabras que se cravan coma frechas no meu peito. ...
    En stock

    15,50 €14,73 €

  • ANIMALARIO DE LER A DIARIO
    VELASCO, EDUARD
    Esta noite hai foliada no souto e os animais convídannos a bailar con eles e a descubrir como viven polo ar, pola terra e polo mar. A vacaloura, o morcego, o corrobolás ou o caranguexo tatexo farannos rir e emocionarannos, e tamén farán que xoguemos cos poemas deste divertidísimo animalario de ler a diario, con bicharía da noite e do día. ...
    En stock

    11,95 €11,35 €

  • CADERNO DE ESCRITA DIVERTIDA
    EL HEMATOCRITICO
    Un caderno de escrita divertida pensado para os nenos e as nenas e os profes e as profas máis argalleiros Escribir é imaxinar. Imaxinar é divertido. Saca o teu lapis e imaxina: - O restaurante máis noxento do mundo. - Que es o amigo dun robot. - A peor película da túa vida. - Que entrevistas un piollo. - Un exame no que estás obrigado a sacar un cero. 64 PÁXINAS - 40 EXERCICIOS...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • A ÁRBORE QUE DÁ AS LÁGRIMAS DE SHIVA
    SANCHEZ IGLESIAS, CESAREO
    «A árbore que dá as lágrimas de Shiva» nace da desposesión, de desaprender. Na visión do sagrado é templo a árbore, a pedra pintada, a máis delicada alfaia mogol. O poeta vive dentro de si o intemporal humano. Sente o desamparo dos «invisíbeis», vulnerado pola súa mirada até ferilo e facelo sangrar. Desde o interior da linguaxe que lle nace do propio idioma, nomea o que perman...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • A VIDA NA GRECIA CLÁSICA
    BLANCO, ALFONSO
    A vida na Grecia clásica é unha porta de entrada á civilización que, xunto coa romana, está na base da nosa cultura. A historia da arte, da ciencia, do pensamento ou das formas políticas non se pode entender sen coñecer e apreciar as achegas dos gregos antigos. Neste libro aprenderás como era o seu día a día, as súas escolas, que comían e bebían, como vestían, como se entretiña...
    En stock

    12,50 €11,88 €

  • MIÑOCA E PEGA. Nº 2
    D. VEIGA, RAMÓN
    Pode unha pega con malas intencións facerse amiga dunha apetitosa miñoca? Unha nova aventura de Miñoca que demostra, unha vez máis, que as diferenzas poden superarse, sobre todo se hai boa predisposición... e comida polo medio. ...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • LINGUA, PODER E ADOLESCENCIA
    RODRÍGUEZ CARNOTA, MIGUEL
    O idioma galego esmorece entre a mocidade e cómpre preguntarse por que. «Lingua, poder e adolescencia» quere contribuír a desvelar as causas do declive. Este libro de Miguel Rodríguez Carnota, que parte dunha tese doutoral co mesmo título, é un estudo da biografía lingüística de dez rapazas e rapaces galegofalantes no medio lingüisticamente hostil dunha vila e un instituto do n...
    En stock

    22,95 €21,80 €

  • INSTRUCIÓNS PARA LER ESTE LIBRO
    ALONSO DIZ, MIGUEL ÁNGEL
    Narrador: «Non podo contarche de que vai este libro. Non insistas. De calquera xeito, aínda que o fixese sería inútil. Vas ler o libro, é o teu destino». Demo Maior: «Benvida, alma, ao comezo dunha nova existencia. Déixate levar pola luz das ilustracións. Nada tes que temer». Eles non queren que se saiba, pero estás ante unha orixinal homenaxe aos personaxes da mitoloxía fantás...
    En stock

    11,95 €11,35 €

  • 10.000 MILLAS DE ANDAR NA BICI
    CID, XABIER
    Entre 2018 e 2020, a protagonista deste libro repartiu comida polas rúas de Glasgow e outras cidades escocesas enriba dunha bicicleta tradicional (non das eléctricas, vaia). Nestas páxinas conta, brevemente, o que viu e o que cavilou neses 17 000 km enriba da bici, pedaleando polas rúas e biceiras dunha illa que se derruba. ...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • CANDO OS LOBOS ESCOITABAN A RADIO
    BOUZAS, PEMON
    En 1950, once anos despois da súa estrea mundial, chegaba aos cines españois a película «Foise co vento». A sociedade española, esfarelada polos desastres da guerra, pola pobreza e pola fame, andaba na procura da supervivencia na nova normalidade implantada polos vencedores, once anos despois de rematada a contenda. Porén, movéndose por un territorio indómito no que a paisaxe ...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • OS ANOS DO SILENCIO
    ALVAREZ CASTRO, XOSE
    Con «Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)», Xosé Álvarez Castro completa a investigación de «Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)», publicado tamén por Xerais en 2013. Nesta nova obra, amplía o territorio estudado a toda a provincia e o espazo temporal ata principios da década de 1950. O libro analiza ...
    En stock

    25,50 €24,23 €

  • CANDO LEO
    MEJUTO, EVA
    Todo é posible cando nos poñemos a ler e nos deixamos levar polas páxinas dun libro. Todo é posible, sobre todo o imposible. Eva Mejuto e Bea Gregores unen os seus talentos creativos para render unha intensa e emotiva homenaxe á lectura e ao seu poder para transformar o mundo. ...
    En stock

    14,50 €13,78 €

  • OS SERES QUERIDOS
    DAVILA, BERTA
    Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópaseinesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non.O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelleun reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar, atravesadopola culpa e o arrepentimento. Desde o relato das derradeiras semanasdo ano, onde as reunións familiares se ...
    En stock

    16,95 €16,10 €