Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : BIBLIOTECA DRAMATICA

1565 resultados

  • ESTUDO SOBRE O VOO DOS CORZOS
    CALDEIRO, MÓNICA
    «Estudo sobre o voo dos corzos» é unha disección da beleza vulnerábel, unha análise poética da violencia na cultura humana e na cultura da natureza. Esta ollada é aloumiño e dó pola fraxilidade desa beleza escorregadiza, inaccesíbel e inesquecíbel, para a considerar parte de nós, para protexermos esa parte de nós. Podemos entón fuxir dunha brutalidade que xa é de noso Como apre...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • DE PRÍNCIPES, PRINCESAS E OUTRAS ANDRÓMENAS
    ALONSO DIZ, MIGUEL
    Este é un libro de princesas que bailan, que xogan ou que espertan. Tamén de princesas que se anoxan e que se alegran. Hai algunhas que loitan e outras que berran. Xunto a princesas que fan do silencio a mellor ferramenta. Pódese cambiar a palabra «princesas» por «príncipes» e todo será igual. Porque este é un libro de poemas que claman a favor da igualdade. ...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • DÚAS BÁGOAS POR MÁQUINA
    CASALDERREY, FINA
    Cando Xusta fixo seis anos, recibiu da súa familia un agasallo moi especial: un can, ao que lle puxeron o nome de Máquina. Desde aquel día, Xusta e Máquina foron dous amigos inseparables. Pero, co paso dos anos, a familia da nena foi cansando do animal. E, sen que Xusta o saiba, o pai decide desfacerse del abandonándoo nunha estrada. Unha emotiva novela, narrada con tenrura e h...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • A ESCOLA ROBOT
    FARIÑA, ANXO
    Que pasaría se un día a famosa corporación Piña te convida a estudar na misteriosa Escola Robot E se a escola está nunha illa móbil Pódese crear un robot con forma de gato Existen as pantasmas con calzóns de cocos Pode unha nena que está nun hospital ir á clase a través do seu avatar robótico Que lle pasa a unha caixa cando vai ao ximnasio Farase... Mmm... caixa forte Moitas pr...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • O TEITO É DE PEDRA
    ALONSO, ÁLEX
    «Naqueles primeiros días de xullo de 1936, don Antonio Cerqueira, elegantemente vestido co seu traxe de xastrería, chaleco, gravata e chapeu, comía na terraza do Bar Canido dúas nécoras con suma destreza e rapidez, coma se levase toda a vida manipulando criaturas minúsculas e indefensas». Deste xeito comeza «O teito é de pedra», unha novela escrita coa pel e coas entrañas da em...
    En stock

    19,50 €18,53 €

  • LIBRO DAS CONTRARIAS
    AGRA, AGUSTIN
    Sofía, unha prestixiosa fotógrafa, intérnase nun agreste parque nacional de Suecia onde só é posible subsistir durante o estío. McClaunasey, investigadora sobre o papel das mulleres na ciencia, avisa a Fátima da desaparición da amiga de ambas. Pretende que dean con ela baseándose nunhas indicacións ocultas nos libros e poemas que, con tal finalidade, Sofía deixou á mantenta. Fá...
    En stock

    16,95 €16,10 €

  • DONA PROBLEMAS, RESCATADORA DE MASCOTAS
    O HEMATOCRITICO
    Tras os seu enfrontamento coa mestra «influencer», que foi retransmitido por televisión, Carlota (Dona Problemas) converteuse nunha celebridade entre nenos e nenas. Recoñécena pola súa cidade e mesmo lle piden selfies e axuda para problemas cotiáns. Así e todo, nin Dona Problemas nin Xoán, o seu axudante, esperaban recibir na escola a visita dunha nena preocupada pola desaparic...
    En stock

    12,50 €11,88 €

  • MAXICAMENTE VELLA, ETERNAMENTE NOVA, A LITERATURA TRADICIONAL GALEGA
    CALLÓN, CARLOS
    Por que a túa tataravoa estaría contenta co Día das Letras de 2025? Que son as "recolleitas" que fascinaron a C. Tangana? Por que os Séculos Escuros tamén foron Séculos Radiantes? Que ten a cultura tradicional galega para abrir tanto os ollos de quen a descobre? ...
    En stock

    11,50 €10,93 €

  • O MISTERIO DAS ZOCAS
    CARIDE, RAMON
    María, Frida, Nursa e Xeria, as catro músicas ambulantes que cantan en feiras, festas e romarías, vense implicadas nun estraño misterio. Unhas zocas moi noviñas, penduradas no alto das árbores, semellan querer avisalas de algo importante. O novo camiño que empezarán deste xeito vainas levar a viaxes inesperadas, perigos mortais, feitizos insólitos, dilemas vitais e probas asomb...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • TACON, PUNTA, TACON
    IGLESIAS, ANXO
    No universo, unha galaxia; nela, un sistema solar, un planeta, un continente, unha península e, na súa punta máis salgada, un recanto feliz. Un lugar onde os mexillóns non xogan ao béisbol e Doraemon ten gardado no seu peto máxico un chimpín. Alí poderás facer piragüismo, empanadas, beatbox... e mesmo cantar un gol! Un sitio distinto, de mulleres bravas e cabalos ao galope, ond...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • INSUBMISION AMBIGUA
    LEMA, ANXELA / AMIGO, ANA
    Benvide a esta sorte de asemblea-aquelarre de corte libertario. Aquí estamos es ambigües, fluídes, indecises, reivindicándonos cómplices do que escape dun esencialismo que precisa que nos identifiquemos con respecto a un único xénero (definido, ademais, baixo uns parámetros moi concretos) polo que sintamos atracción sexual e/ou romántica. Se a fluidez ou a ambigüidade se senten...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • HEARTSTOPPER 3
    OSEMAN, ALICE
    O Charlie nunca pensou que puidese gustarlle ao Nick, mais agora son mozos oficialmente. O Nick mesmo encontrou o valor para saír do armario coa súa nai. Porén, saír do armario non é algo que pase só unha vez: está o irmán máis vello do Nick e unha viaxe do instituto a París, sen esquecer todas as outras amizades e familiares... e a vida pode ser difícil, mesmo con alguén que t...
    En stock

    16,95 €16,10 €

  • SAN METEORO
    ARAÚJO, JOSIÑO
    O día do seu vixésimo aniversario, Pedro, quen se considera a persoa máis irrelevante do mundo, láiase da súa intranscendencia mentres contempla o seu reflexo no espello. Á noitiña, só no monte, fumando maría e filosofando sobre a vida ao pé dunha capela, ve pasar unha estrela fugaz e formula o desexo de se converter en alguén destacado. Pero aquela luz fuxidía resulta ser un e...
    En stock

    16,95 €16,10 €

  • A FALSA AUTÓNOMA
    CASTAÑO, YOLANDA
    Escuro e descarado como a mellor Yolanda Castaño, «A falsa autónoma» solta un obús sobre contidos infrecuentes para a poesía e sinala o impacto emocional que poden ter as dificultades económicas. Faino cun fondo simbolismo capaz de falar de débeda, obediencia e autoexplotación dun xeito transcendente. Un poemario sobre a fustrigante servidume do traballo, nomeadamente o dun cam...
    En stock

    13,50 €12,83 €

  • AS AUGAS INTERIORES
    RIESTRA, BLANCA
    A protagonista de «As augas interiores» embarca rumbo a Terranova nun buque de salvamento marítimo que pretende estudar o escenario dun naufraxio. A nave non dá avanzado, xira arredor de si mesma igual ca unha obsesión ou un remorso, cústalle subir cara ás augas frías onde se amorean os restos de afundimentos e os cadáveres. Entre a tripulación, salienta o grupo dos mergullador...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • BISCOITO DE CASTAÑAS
    MOJON, LUCIA
    Unha tarde de outono; unhas castañas desaparecidas e a lenda da Cova da Pena Grande. Pai e filla gozan xuntos dunha tarde de aventuras para descubrir o misterio das castañas grazas á bisa. Serán quen de chegar ata a cova superando todos os obstáculos que presenta o camiño Estará alí a solución ao misterio Un divertido álbum ilustrado que nos lembra o valor da imaxinación, dos m...
    En stock

    15,50 €14,73 €

  • CONTA, SHEREZADE
    TORO, SUSO DE
    Luz asiste a un curso de creación literaria e decátase de que descoñece a verdadeira historia da súa familia, da súa vida, polo que decide utilizar a escrita literaria para reconstruíla. A investigación e o proceso de documentación que leva a cabo para crear esa súa novela vital vaille ir desvelando datos e acontecementos que xa estaban aí e agardaban agochados e silenciosos na...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • CANTAREIRAS
    VARELA, ICIA / VARELA VARELA, XOSE MANUEL
    Un percorrido polo legado da música e a poesía popular. A tradición das pandeireteiras. As Vellas de Mens, Eva Castiñeira e Adolfina e Rosa Casás. Da man da pandeireteira Icía Varela e o investigador Xosé Manuel Varela. ...
    En stock

    11,50 €10,93 €

  • TRECE MANEIRAS DE MIRAR UN ALMANAQUE
    MOSQUERA, X.L.
    «Trece maneiras de mirar un almanaque» é o canto do merlo que lles pon banda sonora aos amenceres da vida do autor dende un loureiro próximo á súa casa. Ese canto e ese merlo son sempre os mesmos e son tamén sempre outros. Mais ese merlo, algún dos merlos, non é acaso o que cantou Wallace Stevens E un mira dende os seus limitados ollos, mira de trece inesgotables e ubicuas mane...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • A EXCURSIÓN A CANS. UNHA VECIÑA DE PELÍCULA
    MISA, IRIA
    Desde o verán pasado, os xemelgos Elsie e Simón non saben nada de Alice, a súa estrafalaria veciña cineasta coa que viviron emocionantes aventuras de película. Mais é posible que iso cambie o día que van de excursión co cole ao Festival de Cans. Ficción e realidade, «ghalpóns» e chimpíns, son os ingredientes perfectos para que se produza o reencontro. Que aventuras estarán a ag...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • A NENA DO PIXAMA ESTRELADO
    SANTIAGO, EDUARDO
    Cando espertou, a nena do pixama estrelado decatouse de que non podía mover as pernas. Calquera outra, na súa situación, asustaríase, mais a nena do pixama estrelado non se asustou, non gritou, non se puxo nerviosa, non chorou. Só pensou en cal podía ser o motivo de que as súas pernas non se movesen. No seu décimo aniversario regaláranlle cousas moi valiosas economicamente e ta...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • O RESCATE DO UNICORNIO
    VIGO, ANA
    Se a Iria lle dixesen que ía ver un unicornio de verdade, non o crería; e se lle falasen dos seres mitolóxicos que estaba a piques de coñecer (olláparos, demos, xacias) pensaría que se burlaban dela. Por iso, cando atopa o unicornio Rixo e descobre que está en problemas, deberá aceptar que a realidade non é como imaxinaba e unir forzas con Tilo (outra humana que pode ver os ser...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • ATA QUE A MORTE NOS SEPARE
    GALLEGO, ELENA
    Marta Vilas, redactora xefa do «Xornal Galaico», recibe unha invitación para participar na viaxe inaugural do «Xacobus», un cruceiro deseñado para proporcionar unha experiencia única aos pasaxeiros de alto nivel económico que buscan facer a ruta marítima do Camiño de Santiago sen renunciar a todo luxo de comodidades. Entre a selecta pasaxe, parten de Vigo unha parella multimill...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • CARRILANAS BESTIAIS
    SOUTO, ESTEBAN
    Vacacións de verán na aldea e unha carreira de carrilanas. Ten boa pinta. Pero cando hai dous grupos de mozos e mozas enfrontados, e aparecen sospeitas de sabotaxe, das risas pasamos aos berros. E dos berros ás risas. Quen gañará a carreira ...
    En stock

    13,95 €13,25 €

  • O BESTIARIO CIENTÍFICO DE ANXOS NOGUEIROSA
    FRAGA, ANTONIO M.
    I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil Premio da Gala do Libro 2019 á mellor obra xuvenil Obra incluída na Lista de Honra IBBY 2022 1933. Aos seus trece anos, Suso é obrigado a pasar o verán nas colonias do Sanatorio Marítimo de Oza por mor da súa mala saúde. No traxecto en tren cara ao destino, chega ás súas mans un caderno cun misterioso título na cuberta: "Libe...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • O CADERNO DE ROQUE
    TABOADA, CARLOS
    A familia Charabiscas da aldea de Pedrafermosa agarda con impaciencia a chegada do tío Roque, que marchou a percorrer o mundo e que lles prometeu volver para celebrar unha festa polo seu trinta aniversario. Cando chega o día sinalado, a familia recibe na caixa do correo o caderno de viaxe do tío e, ao longo da xornada, non para de soar o timbre da casa. Será Roque Non! Unha suc...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • O ENIGMA DE SEMPREVIVA
    MACEIRAS, ANDREA
    Senda múdase cos pais á pequena aldea de Sempreviva. O matrimonio de biólogos vai estudar a zona porque está tan contaminada que non medra nada en toda a contorna. A nena queda moito tempo soa na vella escola onde viven, coa única compaña de Sentinela, a súa asistente virtual. Un día decátase de que no patio agromou un pequeno brote verde. Decide facerse cargo del e así atopará...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • VIDAS E HISTORIAS LGBT DA IDADE MEDIA
    CALLÓN, CARLOS
    Neste libro analízase a evolución da diversidade LGBT ao longo da Idade Media, centrándose sobre todo en documentación galega e portuguesa, que ofrece información crucial nunha dimensión europea. Abórdanse nas súas páxinas diferentes relatos e retratos que quebran o que podiamos pensar sobre esa etapa: o matrimonio máis antigo entre homes de que conservamos documento na Penínsu...
    En stock

    19,50 €18,53 €

  • ÍTACA
    BESTEIROS, MARÍA
    Penélope é unha muller de corenta e cinco anos que vive co seu home, Ulises, e o seu fillo adolescente, Telémaco, no ano 2024. Forman unha familia convencional que un día recibe a inesperada noticia de que ela está embarazada. Tras o impacto inicial, nai e fillo comparten ilusión e preparativos para recibir o novo membro da familia, ante a aparente indiferenza de Ulises, os pre...
    En stock

    16,95 €16,10 €

  • CANTA, MIÑA COMPAÑEIRA
    LADO, MARIA
    Adolfina, Rosa, Eva, Prudencia, Asunción e Manuela son os nomes propios de seis das miles de cantareiras ou pandeireteiras que ao longo do tempo crearon e conservaron unha rica poesía popular oral, que foi transmitida de xeración en xeración. Grazas a mulleres coma elas, chegaron a nós coplas, ritmos, bailes, contos, xogos, remedios e costumes. Sen ese prezado saber, a música g...
    En stock

    12,95 €12,30 €