Un incrible mundo de sensacións, sorpresas e descubrimentos agóchase no maxín dunha castaña recén caída da árbore.
Dende que deixou o ourizo, para a pequena protagonista todo son perigos: o vento que a fai caer da árbore, a chuvia, os xabarís, os humanos que a queren comer, os vermes? pero superará todos os atrancos ata conseguir o seu máximo soño: converterse nun grande e frondoso castiñeiro.