Eduardo Pondal (1835-1917) é, xunto con Rosalía e Curros Enríquez, unha das figuras senlleiras do noso Rexurdimento. Liberal e progresista, o pontecesán eríxese no noso bardo o poeta portador do ideal que lle amosa ao pobo o camiño, animándoo a recuperar a liberdade e a espertar do seu sono secular e aplícase en converter en lingua de ouro unha lingua de ferro.
A presente escolma, preparada polo poeta e narrador Xosé Miranda, constitúe unha completa mostra dos temas recorrentes da obra do bergantiñán: civismo, liberdade, celtismo literario, helenismo ou saudade.