GONZALEZ LOPO, DOMINGO L / VV.AA.
Recóllese neste volume boa parte dos contributos presentados á IV Xuntanza da Rede de Arquivos e Investigadores da Escrita Popular (RedAIEP) que, co título Memoria Escrita, Historia e Emigración, tivo lugar en Santiago de Compostela, coorganizada polo Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, a Cátedra UNESCO sobre Migracións da Universidade de Santiago de Compostela e mais a propia RedAIEP, entre os días 6 e 8 de novembro de 2008. Pásase revista así ás experiencias epistolares dos emigrantes galegos, portugueses, vascos e asturianos na América entre 1850 e 1960 así como ás vivencias dos nenos da guerra españois na URSS logo de 1937.