O Consello da Cultura Galega contribúe á recuperación de José Rodríguez Carballeira, coñecido como Pepito Arriola, figura sobranceira da música galega, neno prodixio e talento mundialmente recoñecido, de éxito incuestionable pero escurecido e esquecido ao final dos seus días. Esta recuperación histórica e biográfica da obra de Arriola pode reputarse aínda máis importante se temos en conta a lamentable circunstancia da desaparición da maior parte da súa obra e da súa memoria musical a discografía, a biblioteca e toda a música escrita-, vítima dos bombardeos aliados da cidade de Berlín, onde residía á altura de 1945, nos momentos finais da Segunda Guerra Mundial.