AA.VV
A presente publicación recolle as reflexións que tiveron a súa orixe nas xornadas que, co mesmo título Arte + Pintura, reuniron no ano 2014 a destacados profesionais que son protagonistas dos cambios acaecidos na pintura nas últimas décadas. Exposicións, publicacións e a propia práctica artística son testemuño do final dunha crise prolongada e da revitalización da pintura no ámbito internacional, nacional e galego.