Cranford é a obra máis popular de Elizabeth Gaskell. A través da figura de tres irmás solteiras, asistimos aos pequenos e grandes acontecementos da vila: matrimonios, mortes, estreiteces económicas? Un fráxil microcosmos rural que as grandes mudanzas sociais da Revolución Industrial estaban a transformar axiña para pasmo dos seus veciños. A paisaxe, a ambientación, o humor e a ironía, converten esta novela nun gozo para os sentidos. Conta ademais cun moi interesante elenco de personaxes femininos observados con profundidade e afecto pola autora. Esta novela, en palabras de Dickens e de Edward MorganForster, resulta ?un exquisito retrato social?, unha obra ?tenra e deliciosa? que mantén todo o seu atractivo, malia o tempo que transcorreu dende a súa publicación.