Publicado na plataforma de Galaxia para a creación literaria de autores noveis, este é primeiro libro de Xerardo Quintiá, un novo escritor prometedor das terras luguesas. Nel fainos partícipe dun percorrido suxestivo e vertixinoso por tempos pasados e paisaxes vivas na lembranza, nunha viaxe amena por unha Galicia caracterizada polo choque dunha cultura tradicional coa contemporaneidade da aldea global. É o conto dun neno labrego nacido nos anos 70, para o que a vaca Gallarda e os Picapedra forman parte do mesmo mundo. Máis alá de calquera neo-enxebrismo, esta novela constitúe un bo exemplo dunha literatura arraigada na autoestima e no orgullo polo propio en conxunción con temas universais.