O libro de texto de Física 2.º de Bacharelato que presentamos resulta da revisión e modificación de edicións anteriores para adaptalo ao Decreto156/2022, de 15 de setembro, que establece o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
O desenvolvemento teórico da materia acompáñase de Exercicios resoltos, que pretenden servir de guía e axuda ao alumnado para traballar as competencias específicas.
Ao final de cada tema propóñense unha serie de Exercicios, que se separan en Cuestións e Problemas, acompañados da solución correspondente, intentando facilitar o traballo autónomo das alumnas e dos alumnos e fomentar a competencia de aprender a aprender.
Unha gran parte destes exercicios foron propostos nas PAU e ABAU de Galicia entre os anos 2003 e 2022.
Pechan os temas os Mapas conceptuais dos mesmos, que se pretende sirvan de axuda clarificadora dos conceptos adquiridos e nunca como substitutivos concentrados do texto para a súa memorización.