JE VOUS SALUE, FRAN CORTEGOSO
-5%

JE VOUS SALUE, FRAN CORTEGOSO

FIDALGO LAREO, PABLO

7,00 €
6,65 €
IVA incluido
Editorial:
CHAN DA POLVORA
Año de edición:
2021
Materia
Poesía
ISBN:
978-84-123183-6-4
Colección:
MALACA DE FORA
7,00 €
6,65 €
IVA incluido

O cinco de outubro cumpríronse cinco anos do falemento de Francisco Cortegoso (Bora 1985–2016) e Chan da Pólvora dedicoulle un espazo especial na súa web [www.chandapolvora.gal]. Non se trataba unicamente dun tributo amical a alguén que participou activamente no proxecto da editora senón tamén que era unha demostración de admiración por un poeta de marcada singularidade e un dos primeiros autores do seu catálogo. Agora, chega ás librarías unha plaquette que o homenaxea a partir dos versos doutro poeta, Pablo Fidalgo Lareo en Je vous salue, Fran Cortegoso.


O 21 de setembro de 2020, Pablo Fidalgo Lareo estrenou no Teatro Principal de Compostela, dentro do programa do festival Alguén que respira!, a súa performance Je vous salue, Fran Cortegoso, realizada sobre unha serie de poemas que agora recupera Chan da Pólvora Editora para homenaxear ao autor de Suicidas no quinto aniversario da sua morte. A plaquette forma parte da colección Malaca de Fóra e inclúe unha fotografía do autor no seu cuarto de Ramatuelle, a cidade do sur de Francia na que traballou ao longo de varios veráns.

A xeito de introdución ao texto, Pablo Fidalgo Lareo puntualiza: “o único que me une a Fran Cortegoso é a invitación que un amigo común me fixo para traballar sobre el. Para min, este texto non é só a única conversación posible que podía ter con Fran, senón un réquiem e unha despedida definitiva dunha lingua e dun lugar”.

O 5 de outubro de 2016, cando morre Cortegoso, Fidalgo Lareo preparaba a estrea en Compostela de Habrás de ir a la guerra, que empieza hoy, unha peza na que reconstruía a historia da súa familia a partir da fascinante figura do seu tío bisavó, Giordano Lareo, obrigado a abandonar España polo golpe de estado de 1936 e tesoureiro da República no exilio. En realidade, todo na obra de Fidalgo é un esforzo para reescribir a memoria individual e colectiva do pobo, con independencia da súa latitude e do seu idioma.

Esta vertente [significativa no seu teatro e na súa poesía] eclosiona na performance que creou en 2020 sobre o poeta e monxe portugués Daniel Faria [o texto foi publicado por Papeles Mínimos] e chega á súa expresión máis persoal en Je vous salue, Fran Cortegoso, onde brillan tanto os poemas como os poetas, fundidos ambos nun concepto esencial: “A única liberdade é definir o amor”. Imposible non emocionarse co Cortegoso que recuperan para nós os versos de Fidalgo. Imposible non facelo ao lembrar un poeta que quería superar a linguaxe posesiva e desvelar un poema que sempre puidese acoller ao outro. “A morte”, escribiu Cortegoso, “é algo que nos pertence / contempla como se percorre azul / tras un veo de brancura no pulso”.

Artículos relacionados

  • ALASKA
    SUAREZ, CASTILLO
    Houbo un momento en que á voz lírica destes poemas lle saíron gromos de flores pola boca; das coxas, glaciares. Mesmo tivo o estómago atravesado por siluros. Servíndose da familia léxica do frío e evidenciando a súa condición de mamífera, a autora de Alaska toma o nome dun antigo hotel da N-I para poetizar arredor da actuación do tempo sobre os espazos e sobre as relacións hum...
    En stock

    17,10 €16,25 €

  • ANTOLOGÍA DE LA POESÍA TAIWANESA CONTEMPORÁNEA
    SHU-YING CHANG, LUISA / CHENG-FAN CHEN, LUISA
    La poesía taiwanesa contemporánea se despliega como un coro plural que, a lo largo de un siglo, ha atravesado el ambiente colonial y las transformaciones sociales para afirmar una voz propia. Este volumen ofrece poemas que son al mismo tiempo plano y espejo de una tradición en movimiento, donde la palabra se convierte en espacio de creación, debate e identidad. En estas página...
    En stock

    22,00 €20,90 €

  • DA COR DA SOIDADE. POESÍA REUNIDA 1986-2026
    GONZALEZ TOSAR, LUIS
    Luís González Tosar publicou A caneiro cheo en 1986 (Premio Esquío e Premio Losada Diéguez). Nestas catro décadas, o seu labor poético foise incrementando cos títulos: Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1987), Remol das travesías (1989, Premio da Crítica Española), Coa forza da palabra (1993), Madeira do meu canto (1997), Invocación dun tempo (2001), Estú...
    En stock

    23,00 €21,85 €

  • ODISEA
    HOMERO, HOMERO
    La Odisea es mucho más que el relato del regreso de Odiseo a Ítaca tras la guerra de Troya. Es una reflexión inagotable sobre la identidad y la memoria, sobre la hospitalidad y la violencia, sobre la pérdida, la fidelidad y el irrenunciable deseo de volver a casa. Desde hace casi tres mil años, el gran poema homérico continúa interpelando a cada generación con una extraordinari...
    En stock

    22,99 €21,84 €

  • CANTO DE MI MISMO
    WHITMAN, WALT
    Canto de mí mismo (Song of Myself) es el corazón palpitante de Hojas de hierba y el poema más emblemático de Walt Whitman: una celebración desbordante de la vida, el cuerpo y la conciencia de estar en el mundo. Lejos de cualquier forma cerrada, se despliega como un poema en expansión ù52 secciones en constante movimientoù en el que el yo poético es a la vez individuo y multitud...
    En stock

    16,95 €16,10 €

  • TANTO AMOR
    X, IRENE
    Tanto amor es el regreso visceral y arrollador de Irene X, una de las voces más intensas, afiladas e inteligentes de la poesía española contemporánea. Con su tono confesional, feroz y tierno por igual, este libro es un recorrido emocional por el amor en todas sus formas: el que cura, el que hiere, el que supone el éxtasis o el que barre con todo como un vendaval. La autora vuel...
    En stock

    16,90 €16,06 €

Otros libros del autor

  • VIVIR SIN NADA
    FIDALGO LAREO, PABLO
    Pablo Fidalgo nos entrega ahora "Vivir sin nada". Reconocemos enseguida su voz, llena de preguntas; esa especie de monólogo infinito sobre la existencia y sus inconsistencias, sobre el apetito de vida nunca saciado, sobre la necesidad de entender, sobre todo, el sinsentido. Martín López-Vega ...
    Sin stock. Solicite información

    15,00 €14,25 €

  • LA DEJADEZ
    FIDALGO LAREO, PABLO
    Este libro rebosante de preguntas comienza con dos de Georges Bataille: «¿A qué hemos venido ¿A jugar o a estar serios ». Yo no sé a qué hemos venido. Si tengo que responder en base a la poesía de Pablo, diría a que a las dos cosas. Personalmente, me he reído leyendo La dejadez. A lo mejor soy un poco mala persona, pero creo que es un libro para reírse igual que los velatorios ...
    Sin stock. Solicite información

    13,90 €13,21 €

  • PARANGOLÉ
    FIDALGO LAREO, PABLO
    Sin stock. Solicite información

    18,00 €17,10 €

  • CRÓNICA DE LAS AVES DE PASO
    FIDALGO LAREO, PABLO
    Sin stock. Solicite información

    9,50 €9,03 €