REPÚBLICA SIDERAL
-5%

REPÚBLICA SIDERAL

FERNÁNDEZ CARRODEGUAS, MARÍA ESTHER

7,00 €
6,65 €
IVA incluido
Editorial:
BAIA EDICIONS
Año de edición:
2021
Materia
Obras teatro
ISBN:
978-84-9995-370-0
Páginas:
72
Encuadernación:
Rústica
Colección:
BARRIGA VERDE
7,00 €
6,65 €
IVA incluido

Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Co-edición con Agadic.
O xurado destacou o humor deste texto e a boa caracterización dos personaxes, así como a potencialidade escénica e a súa adecuación á modalidade do premio, cunha estrutura sólida, dinámicas moi áxiles –con concreción dos obxectos empregados nun deseño dos movementos moi limpo– e réplicas sinxelas mais mordaces, polo que resulta idóneo para propiciar un diálogo interxeracional sobre feitos históricos.
Saliéntase igualmente a exitosa integración no diálogo das persoas manipuladoras, así como a incorporación maxistral dos elementos propios da cachaporra –con mocadas e pelexas sen escrúpulos.

No epílogo da obra Esther Carrodeguas manifesta:
«Este pequeno divertimento teatral está deseñado para que persoas de diversas xeracións se senten no patio de butacas e poidan aprender un ben interesante episodio do noso pasado que pode iluminar, ademais, o noso presente. Tamén pretende ser a escusa perfecta para axudar a introducir aos máis pequechos e pequechas da casa en determinados feitos históricos e conceptos políticos por veces difíciles de explicar. A comedia de cachaporra —tan deostada nos nosos tempos— antóllasenos de grande axuda para este cometido.

Por todo isto, "República Sideral" non é unha peza para a mocidade, pero tampouco unha peza para maiores: trátase dunha obra para desfrutar en conxunto, que debe de servir para xerar unha boa conversa interxeracional tras a caída do pano.
Case toda a peza está baseada en feitos reais (postos evidentemente ao servizo da comedia). Son reais a maior parte dos nomes dos protagonistas, os feitos que van sucedendo, os lugares polos que van pasando e tamén, desgraciadamente, as súas maneiras de morrer, a pesar de semellares tan farsescas. Isto —por suposto— deberá de ser un estupendo motor de reflexión».

Artículos relacionados

  • SOFOCLES
    REINHARDT, KARL
    EL MÁS PERSPICAZ Y COMPLETO ENSAYO SOBRE LA OBRA DEL DRAMATURGO ÁTICOOlvidado durante mucho tiempo, el teatro de Sófocles se revalorizó a principios del siglo XX y recobró su condición de ser una de las cumbres de la literatura universal. En ese sentido, la obra que le dedicó Karl Reinhardt es fundamental para desplegar un análisis exhaustivo de cada una de las piezas conservad...
    En stock

    22,90 €21,76 €

  • ISABEL, LA CASTIZA
    MARQUES VALVERDE, ANGEL
    Isabel II de España muestra, con íntima feminidad, su descarnado triste destino: su condición de reina mujer, lo escarnios sufridos y el profundo amor a su Patria. ...
    En stock

    14,90 €14,16 €

  • EL BURLADOR DE SEVILLA
    MOLINA, TIRSO DE
    Un joven mentiroso y seductor. Cuatro mujeres engañadas. Un castigo ejemplar. Un burlador burlado. ¿Sigues pensando que los clásicos son cosa del pasado ...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • PROCESO, O. APAGA O CANDIL
    PAZO, CANDIDO
    O proceso recrea a causa xudicial á que foi sometido Curros Enríquez pola publicación de Aires da miña terra. Apaga o candil retrata a atribulada vida e divertida obra de Carlos O Xestal. O Xestal e Curros en dúas pezas teatrais nun mesmo volume? Que elo pode haber entre eles? A cultura popular. En cadanseu ámbito, e ao seu xeito, os dous beben das augas da tradición oral gale...
    En stock

    21,70 €20,62 €

  • O FARO
    LABRAÑA BARRERO, CARLOS IGNACIO / AÑÓN, LORENA
    Gañadora do XVI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (categoría adultos) 2024 “La desbandᔠfoi un dos episodios máis cruentos da Guerra Civil. Coa chegada das tropas “nacionais” a Málaga, o 7 de febreiro de 1937, a poboación entra en pánico e máis de cen mil persoas foxen co posto pola estrada da costa en dirección a Almería, protagonizando o maior éxodo ...
    En stock

    9,00 €8,55 €

  • CABALLERO DE OLMEDO, EL
    LOPE DE VEGA, FELIX
    El caballero de Olmedo, la obra maestra de Lope de Vega, en la cuidada edición de Francisco Rico. Un referente del teatro del Siglo de Oro.Este volumen presenta la que posiblemente sea la obra maestra de Lope de Vega como dramaturgo, y sin duda, la que más ha pulsado nuestra sensibilidad contemporánea: El caballero de Olmedo. Inspirada en una cancioncilla popular, la tragicomed...
    En stock

    41,90 €39,81 €

Otros libros del autor