Un dos álbums infantís máis exitosos do mercado chega agora en galego.Tratámonos ben é unha ferramenta clara, directa e moi efectiva para traballar a convivencia, a xestión de conflitos e a educación emocional na infancia. A través de situacións recoñecibles no día a día (no cole, no xogo, na amizade), o libro axuda ás nenas e nenos a entender como se senten, como actuar cando algo non vai ben e, sobre todo, como tratar aos demais con respecto. Con mensaxes claras e ilustracións moi expresivas, ofrece unha proposta accesible e eficaz para traballar estes temas na aula e na casa.