AZUL MAIS VERDE COOP. / AUTORÍA COLECTIVA
Un monte todos os montes concíbese como unha publica-acción para o pensamento e a acción colectiva. Impulsada por Azul mais Verde Coop. co apoio e financiamento da Fundación Daniel y Nina Carasso, reúne voces, prácticas e saberes situados que dialogan arredor do monte como espazo cultural, político e comunitario en Galicia. A través dunha escrita plural -que incorpora diferentes formas da lingua galega en diálogo co portugués- e dun ensaio visual, o libro articula un dispositivo colectivo que pon en relación experiencias, memorias e metodoloxías vinculadas ao monte en distintos territorios. O propio libro, na súa forma e materialidade, desde a edición e o deseño, ensaia unha práctica de biodiversidade, incorporando unha composición aberta de escalas, ritmos e disposicións que o lector percorre como experiencia. Constrúese desde o encontro entre investigación e prácticas situadas entre a investigación-acción, a creación artística, a mediación cultural e o traballo comunitario en relación co territorio e en diálogo con estratexias de gobernanza do monte. Conta coas contribucións de Adriele Andrade Préc