Búsqueda de Editorial : AIRA

151 resultados

  • TODAS AS NOITES, TODAS AS CIDADES
    REDONDO, DOLORES
    Nash Elizondo recibe a noticia de que o famosísimo escritor Benedict Newman é o seu pai. Mentres decide se aceptar ou non a súa invitación a coñecelo, Newman é detido, acusado dun horrible crime que copia exactamente a trama da súa última novela. Un thriller trepidante onde nada é o que parece, onde o imaxinario e o real se entrecruzan. Unha homenaxe aos grandes clásicos do xén...
    Dispoñibilidade inmediata

    24,90 €23,66 €

  • O ELIXIDO
    PERREAULT, CATHERINE
    Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional. Primeira novela de Catherine Perreault, un éxito de críti...
    Dispoñibilidade inmediata

    19,00 €18,05 €

  • O CAMIÑO DA GEIRA E DOS ARRIEIROS
    R. PENÍN, EVA
    O Camiño da Geira e dos Arrieiros e un Itinerario Cultural de Interese Autonómico que une as cidades de Braga e Santiago de Compostela desde hai centos de anos. Moitos son os motivos polos que botarse a camiñar nestas paraxes, mais calquera razón é boa para descubrir un territorio acugulado de beleza natural, legado histórico e patrimonio inmaterial. Paisaxes inesquecibles, a p...
    Dispoñibilidade inmediata

    16,00 €15,20 €

  • SANTIAGO
    NARLA, FRANCISCO
    Ano 1589: A Armada de Filipe II contra Inglaterra fracasou. Isabel I encárgalle a Francis Drake a vinganza. Santiago de Compostela está baixo a ameaza de dous reis. Isabel quere reducir a catedral a cinzas; Filipe ansía completar a colección de reliquias de El Escorial cos ósos máis santos. Un antigo soldado e unha falsa noviza terán que loitar para esquivar a cobiza de ambos. ...
    Dispoñibilidade inmediata

    23,90 €22,71 €

  • O CADERNO DE RUTKA
    LASKIER, RUTKA
    En 1943, con apenas catorce anos, Rutka Laskier comeza a escribir un caderno no que deixa constancia da súa vida no gueto xudeu de Bedzin, na Polonia ocupada polos nazis. Entre as páxinas aparecen os seus medos, desexos, amizades, o primeiro amor e as preocupacións propias dunha adolescente, mais asemade a progresiva destrución do mundo que coñece. O que comeza como o diario ín...
    Dispoñibilidade inmediata

    16,00 €15,20 €

  • LA LIBERTAD QUE ME HABITA
    CABALEIRO, BEATRIZ
    Zahira está a punto de competir en la prueba que puede decidir su futuro. ¿Será la primera triatleta que represente a Marruecos en unos Juegos Olímpicos Pero la auténtica carrera ha sido llegar hasta allí. La emigración a Galicia, la tensión entre la cultura de sus padres y su nueva vida en Europa. El deporte es su manera de reivindicar un lugar en el mundo, el modo de reclamar...
    Dispoñible

    16,00 €15,20 €

  • OS FABULADORES
    CARNERO, JOSE IGNACIO
    En xaneiro do 1961, un comando de opositores ás ditaduras de Franco en España e de Salazar en Portugal secuestrou en alta mar o transatlántico Santa Maria. Á fronte da operación, dous galegos: Pepe Velo e o comandante Sotomayor, e mais un portugués, o capitán Galvão. Tres figuras hoxe míticas que José Ignacio Carnero converte en personaxes literarios mergullando e perdéndose en...
    Dispoñibilidade inmediata

    19,90 €18,91 €

  • SUSEIA
    NARLA, FRANCISCO
    Ano 1168: O futuro de Santiago de Compostela como unha das capitais da Cristiandade está en cuestión. O Mestre Mateo recibe a encarga de rematar unha basílica digna de acoller o panteón dos reis de Galicia. A maceta do canteiro converterá a pedra na representación da marabilla da palabra de Deus, pero non hai creador que non sufra as consecuencias da obsesión pola súa obra. ...
    Dispoñibilidade inmediata

    23,90 €22,71 €

  • O LIBRO DOS ANATEMAS
    VAL EUDOXIA
    O primeiro libro de Val Eudoxia abre as carnes do patriarcado, extrae da dor e a opresión materia viva que brilla neste monllo de relatos que abraian e estremecen. «O Libro dos anatemas non só denuncia a violencia relixiosa e social exercida sobre as mulleres, senón que a transforma en materia simbólica, en alegoría feroz e en insurrección literaria». Do prólogo de Emma Pedreir...
    Dispoñible

    19,00 €18,05 €

  • GAÑARÁS UN MAR EN CALMA
    MARTÍN I SERRA, MIQUEL
    Na casa de Gona, a narradora desta novela, corre unha lenda familiar: Que o bisavó Espiridió recibiu este exótico nome por unha promesa do seu pai tras ser rescatado dun naufraxio nunha illa grega. Cando lle entrega á súa filla esta historia, coma un legado, á súa filla Amália, Gona entende que ten que investigar que hai de verdade nese eco do seu pasado. ...
    Dispoñible

    19,95 €18,95 €

  • O RULETISTA
    MIRCEA CARTARESCU
    Mircea Cartarescu condensa neste relato febril a historia dun home que converte a ruleta rusa nun espectáculo público e hipnótico. Unha parábola escura e poética sobre a fama, a morte e a necesidade desesperada de transcendencia, escrita coa materia prima da boa literatura. Unha viaxe alucinada á Bucarest do tempo de Ceau?escu. As ilustracións de Ramón Trigo converten o un...
    Dispoñibilidade inmediata

    19,95 €18,95 €

  • PARA ENTENDER PALESTINA.UNHA HISTORIA VISUAL
    GUIGNARD, XAVIER / DE PIN, ALIZEE
    Durante máis dun século a cuestión palestina parece unha ecuación de imposible resolución. Por que Cales son as razóns desta guerra interminable Segue a ser viable unha solución de dous Estados É posible a coexistencia entre palestinos e israelís Baseado en dez anos de estudo e nas últimas investigacións históricas e xeopolíticas, este libro presenta un formato innovador: a esc...
    Dispoñible

    21,90 €20,81 €

  • AO OUTRO LADO DO MEDO
    ORRIOLS, MARTA
    Joana toma conta da vida nun momento de cambio que a obriga a equilibrar todos os seus desexos e obrigas. Nai divorciada de dous adolescentes, adáptase ao feito de que o seu ex marido vaia ser pai de novo mentres recorda o breve encontro cun home atractivo e misterioso que vive ao outro lado do océano. Marta Orriols reiventa a novela costumista de personaxes cun retrato certeir...
    Dispoñible

    20,90 €19,86 €

  • NON É UNHA BONITA PALABRA
    SING, BHARTI
    Algunha vez che apeteceu dicirlle «non» a alguén, mais non quixeches mancalo Hai veces que queres dicir «non», mais acabas por dicir «si» e sénteste a desgusto Acompaña a Sia nunha fascinante viaxe na que ha aprender a dicir «non» con seguridade e elegancia. Un libro que axuda a comprender o valor da asertividade, a sermos amables sen ignorar os nosos propios sentimentos. ...
    Dispoñible

    16,00 €15,20 €

  • A BOCA DE KRISHNA
    PENA, XOSE RAMON
    Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia. Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a microhistoria recente de Ga...
    Dispoñible

    19,95 €18,95 €

  • DIARIO DO PARAÍSO
    DAHLGREN, MARTA
    Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir. Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre. A primeira novela de Marta Dahlgren revive ...
    Dispoñibilidade inmediata

    19,95 €18,95 €

  • PINTIÑAS
    MOSQUERA CALVO, INÉS
    Pintiñas perdeu as súas pintiñas. Coa axuda da clínica Parchís e a súa terapia de cores recuperará aquelas calidades que lle axuden a ser feliz. ...
    Dispoñibilidade inmediata

    16,00 €15,20 €

  • COMERÁS FLORES
    LUCÍA SOLLA SOBRAL
    Un día de festa e verán, Marina queda prendida na mirada dun home e sente como lle aparecen arañiñas na pel. A pesar de que é vinte anos máis vello, a moza atopa nel a parella ideal. Pero axiña descubrirá que unha casa pode gardar dentro de si un inferno. O debú de Lucía Solla Sobral gaña público e admiración día tras día pola súa gran capacidade de relatar unha situación mo...
    Dispoñibilidade inmediata

    19,95 €18,95 €

  • ULTREIA
    FRANCISCO NARLA
    Ano 1117: Compostela é un fervedoiro de peregrinos e conspiracións. A raíña, dona Orraca, intenta afianzar o seu poder entre os nobres e o pobo. O arcebispo, o todopoderoso Diego Xelmírez, contempla como avanzan as obras da nova catedral e intenta aplacar a rebelión que fermenta entre as rúas e a miseria. Esta é a historia de Ilduara, unha nena orfa que estraña un pai, e ...
    Dispoñibilidade inmediata

    23,90 €22,71 €

  • O LIBRO DOS MONSTROS
    ANÓNIMO
    Cando o mundo aínda non era unha esfera diáfana, entre as súas sombras agochábanse marabillas e abominacións. A imaxinación humana creou figuras, animais e seres mitolóxicos que nos acompañan desde hai milenios. Nesta obra, escrita en Europa no século VIII por unha man anónima, todas esas criaturas brotan e hoxe en día seguen a abraiar. ...
    Dispoñible

    19,95 €18,95 €

  • CONVENTÍCULO
    MOREDA, EVA
    A Nena visita a súa media irmá, estudante en Gran Bretaña. Lonxe de Lucián, a vila onde se criaron, ambas atoparán novos vínculos entre si e coas persoas e ambientes que van coñecendo. Unha obra de gran brillo literario na que Eva Moreda demostra os seus dotes para captar a esencia da lingua galega oral e a súa capacidade de innovación expresiva. ...
    Dispoñible

    19,00 €18,05 €

  • HISTORIA VISUAL DO CELTA
    CÉSAR CEQUELIÑOS / CAMPOS, JORGE
    O Celta leva máis de cen anos unindo unha comunidade baixo un sentimento compartido: Ledicia e bágoas para unha lenda que aínda ten moito para contar. Con este libro descubrirás os momentos e as persoas que fixeron posible esta fazaña nacida no 1923. ...
    Dispoñibilidade inmediata

    19,95 €18,95 €

  • ZE. XEO E VENTO
    NARLA, FRANCISCO
    Ao norte de Dhumbria esténdese un voraz océano no que unha perigosa regata decide quen gobernará os restos da súa orgullosa civilización. Ze, un pescador esgazado pola perda da súa amada, retorna para demostrar que a dor é o motor máis poderoso. Pero o que el non sabe é que a súa historia aínda non está escrita, que a enerxía do amor é quen de vencer o xeo e o vento. Francisc...
    Dispoñible

    22,90 €21,76 €

  • CARNE PICADA
    ADRIÁN BOKAS
    Nun presente alternativo, a gran parte dos seres humanos morre ao facer os corenta anos e convértese en man de obra escrava, incons. Cibrán está a piques de chegar a esa idade, mais o seu futuro dista moito de ser predicible. Carne picada, o debú de Adrián Bokas como escritor, é unha novela punk, excesiva, divertida e chea de chiscadelas á nosa realidade cotiá. II PREMIO...
    Dispoñible

    19,00 €18,05 €

  • AS TRES BEIRAS
    ESTEVEZ, MARTA
    O barco de Ulises, en plena pandemia do 2020, retorna á illa na que pasou aquel inesquecible verán da súa infancia xunta os seus avós, na dura década do 1980. A década da heroína, a década da sida, a década do retorno de moitos galegos emigrantes a Venezuela. Nesta novela, Marta Estévez retrata a infancia da xeración nacida no 1970 e a dor dos que tiveron que abandonar a súa te...
    Dispoñible

    21,90 €20,81 €

  • DO AMOR SALGADO
    FRAGA, MODESTO
    Do amor salgado, cando se publicou a súa primeira edición no 1997, converteuse nun referente da nova poesía que estaba a escribir unha nova xeración, a dos 90, que rápido se consolidou nas letras contemporáneas. Agora ve a luz a súa segunda edición, revisada e aumentada con dez poemas inéditos até agoa. O seu autor, que formou parte do mítico Batallón Literario da Costa da Mort...
    Dispoñibilidade inmediata

    16,00 €15,20 €

  • MÁIS RECÓNDITA MEMORIA DOS HOMES, A
    MBOUGAR SARR, MOHAMED
    Diégane Latyr Faye, escritor senegalés emigrado en París, descobre o mítico libro O labirinto do inhumano, publcado no 1938, que convertera nun maldito o seu autor, T. C. Elimane, polas acusacións de plaxio. Fascinado por el, Faye pescuda o seu rastro a través dos relatos das persoas que o coñeceron e o amaron. Esta novela lese como un policial literario, unha viaxe de Francia ...
    Dispoñibilidade inmediata

    22,90 €21,76 €

  • DRÁCULA (GALEGO)
    STOKER, BRAM
    Unha sombra, sepultada durante séculos, esperta na Transilvania. O seu poder maléfico está a piques de estremecer as barulleiras rúas de Londres. Mais un equipo liderado por Mina Harker e Abraham Van Helsing está preparado para enfrontarse ao vampiro entre vampiros. Drácula é unha das obras máis famosas da literatura popular. Adaptada centos de veces ao cine e á televisión, pro...
    Dispoñible

    32,50 €30,88 €

  • UN CUARTO PROPIO
    WOOLF, VIRGINIA
    Un cuarto propio é un dos mellores títulos da historia das letras porque resume á perfección o contido deste libro. Para que as mulleres poidan desenvolver a súa creatividade, para que poidan dedicarse á literatura, antes de nada necesitan contar cun espazo de seu no que teren calma e independencia. Esta obra reúne a serie de conferencias que a autora pronunciou na Universidade...
    Dispoñibilidade inmediata

    19,95 €18,95 €

  • (G).MORRER SABENDO POUCAS COUSAS
    BARCELO, JOAN ENRIC
    Homes derrotados polo desamor, xubilados que estrañan recoñecemento, a historia nunca contada do máis rebelde creador de realities... Joan Enric Barceló crea un universo cheo de contrastes, malentendidos, momentos gloriosos entre o patetismo e o ridículo. Nos once relatos que compoñen este libro hai unha galería de personaxes inesquecibles en situacións aparentemente cotiás, pe...
    Dispoñible

    19,00 €18,05 €


01 02 03 04 05 06 »