Búsqueda de Editorial : GALAXIA / Colección : LITERARIA

1795 resultados

  • MERLÍN E FAMILIA
    CUNQUEIRO, ALVARO
    Publicada en 1955, esta é a novela coa que Cunqueiro comezou a súa obra narrativa logo de escribir varios libros de poemas. A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. A historia desenvólvese cunha permane...
    Dispoñibilidade inmediata

    16,55 €15,72 €

  • TRES MULLERES
    ZWEIG, STEFAN
    A acomodada Irene Wagner, a anciá Mrs. C. e unha anónima descoñecida son as mulleres que protagonizan estas tres breves obras mestras de Stefan Zweig, Medo, Vinte e catro horas na vida dunha muller e Carta dunha descoñecida. Tres retratos femininos, dos seus desexos, fracasos, pensamentos e medos, obra dun narrador extraordinario e elegante capaz de afondar dun xeito maxistral...
    Dispoñibilidade inmediata

    15,50 €14,73 €

  • LITERATURA INSÓLITA
    REQUEIXO, ARMANDO
    En Literatura insólita recóllense artigos que versan sobre os costumes e as manías dos creadores, as outras profesións dos escritores, a precocidade e lonxevidade literarias, sobre mortes novelescas, traizóns póstumas, curiosidades a propósito dos títulos dos libros, as linguas en que foron escritos, as dedicatorias e os volumes raros, exóticos, misteriosos e mesmo prohibidos, ...
    Dispoñibilidade inmediata

    23,30 €22,14 €

  • UN PORQUIÑO POLO SAN MARTIÑO (PREMIO ALBERTE QUIÑOI 2025)
    G. VICENTE, MACARENA / BERMÚDEZ, IRIA
    Curro recibe grandes doses de aloumiños, goza de longos paseos coa granxeira e come as mellores landras. Ata que un día escoita algo que remata coa súa tranquilidade. Premio Alberte Quiñoi 2025 ...
    Dispoñibilidade inmediata

    17,00 €16,15 €

  • CREAR PORVIR. 75 ANIVERSARIO DE EDITORIAL GALAXIA
    VARIOS
    No mesmo Vigo xa ten fortes raíces a Editorial máis dedicada ao pensamento galego, a Galaxia […] que ten espallado centos de libros de antigos e modernos temas nas súas variadas series de publicacións, sendo coñecida en todos os países cultos […]. ¿Non consoan estas e algunhas outras institucións, neste doce mes de San Xoán que se abre como froita gustosa, da crise terrible da ...
    Dispoñibilidade inmediata

    22,50 €21,38 €

  • CRANFORD
    GASKELL, ELIZABETH
    Cranford é a obra máis popular de Elizabeth Gaskell. A través da figura de tres irmás solteiras, asistimos aos pequenos e grandes acontecementos da vila: matrimonios, mortes, estreiteces económicas? Un fráxil microcosmos rural que as grandes mudanzas sociais da Revolución Industrial estaban a transformar axiña para pasmo dos seus veciños. A paisaxe, a ambientación, o humor e a ...
    Dispoñibilidade inmediata

    20,50 €19,48 €

  • OS RAPACES SÓ SE TOCAN PARA DARSE DE HOSTIAS
    CALOTO, IVAN
    Esta peza nace inspirada nun caso real, acontecido nun instituto de Vigo en 2024. O texto fala dunha realidade que continúa a afectar os nosos adolescentes, intentando atopar as raíces sociais, psicolóxicas e culturais dun tema como o bullying ou acoso escolar. A peza recolle personaxes da vida diaria, amosando que unha persoa pode ser vítima ou agresora, dependendo das súas ci...
    Dispoñibilidade inmediata

    12,95 €12,30 €

  • IRRACIONAIS
    ALFAYA, AN
    Irracionais é unha novela que convida á reflexión sobre o respecto á diversidade fronte á intransixencia de quen rexeita as distintas identidades. A obsesión do neurólogo Vicente Barbosa polo número áureo, coa complicidade da publicista Alexia Velasco e do cirurxián plástico Bruno Rodas, lévaos a tramar un plan macabro cuxa cerna agroma da discriminación sexual e de xénero. O...
    Dispoñibilidade inmediata

    15,50 €14,73 €

  • MENOS QUE HUMANO
    DAZAI, OSAMU
    Por medio de tres fotografías e varios documentos autobiográficos que caen en mans do narrador, revélansenos algúns episodios da infancia e da mocidade de Yozo Oba, un inadaptado nato, benxamín dunha podente familia de provincias que cuestiona, desde a máis tenra idade, a hipocrisía, as incongruencias e todo o negativo que para el a humanidade comporta. Na súa incapacidade de c...
    Dispoñibilidade inmediata

    16,00 €15,20 €

  • ODIO
    ROMERO DE AVILA, GABRIEL
    Premio Neira Vilas de Literatura Xuvenil 2025. Todo apunta ao comezo dunha nova guerra entre humanos e droides nas Terras de Poñente. Neo Vigo, a cidade dos neons e os rañaceos antigravitatorios, aínda lembra a bomba atómica que estourou sobre o estadio de Balaídos hai dez anos e que terminou coa revolta da Nai Computadora. Pero agora hai un influencer que se dedica a reavivar ...
    Dispoñibilidade inmediata

    15,10 €14,35 €

  • OS CASTELOS DE ATHLIN E DUNBAYNE
    RADCLIFFE, ANN
    Os castelos de Athlin e Dunbayne (1789) é unha das obras aurorais da novela gótica. Ambientada nas Highlands escocesas, o relato mergúllanos nunha intensa historia de amores, crimes, traizóns e vinganzas onde a procura da honra, a nobreza dos sentimentos e a rectitude no obrar constitúen os esteos dun mundo de valores medieval que alcanza, aquí, unha das súas máximas expresións...
    Dispoñible

    16,80 €15,96 €

  • PROCESO, O. APAGA O CANDIL
    PAZO, CANDIDO
    O proceso recrea a causa xudicial á que foi sometido Curros Enríquez pola publicación de Aires da miña terra. Apaga o candil retrata a atribulada vida e divertida obra de Carlos O Xestal. O Xestal e Curros en dúas pezas teatrais nun mesmo volume? Que elo pode haber entre eles? A cultura popular. En cadanseu ámbito, e ao seu xeito, os dous beben das augas da tradición oral gale...
    Dispoñibilidade inmediata

    21,70 €20,62 €

  • CASTELAO EN CUBA
    NEIRA VILAS, XOSE
    En 1938-39 Castelao visitou Cuba como representante do Goberno da República española na procura de axuda; volveu en 1945, desde México, onde asistiu á reunión das Cortes republicanas. Nas dúas ocasións mantivo unha intensa actividade coa comunidade galega alí emigrada, entrevistouse con personalidades, ofreceu discursos e conferencias, realizou exposicións das súas obras e acad...
    Dispoñibilidade inmediata

    23,50 €22,33 €

  • A DITADURA PORTUGUESA CONTRA CASTELAO
    IGLESIAS MIRA, ANTONIO
    En 1969 estoura a Crise Académica en Coímbra, que enfronta a estudantes coa ditadura. Meses antes, o director catalán, Ricard Salvat, chegara á cidade universitaria coa tarefa de dirixir o grupo de teatro CITAC. Comezou entón un traballo que mesturaría as teorías de Bertolt Brecht coa figura de Castelao e a arte de Seoane e Díaz Pardo, nun ambiente tenso, onde a ditadura acabar...
    Dispoñibilidade inmediata

    22,80 €21,66 €

  • AMAR/AZAR
    FRAIZ, JAVIER
    O que por lóxica debería suceder talvez non aconteza. O que semella improbable pode pasar. O azar é coma un deus e compórtase coma o diaño. A diferenza entre morrer e vivir, entre ter e perder, entre querer e volver, redúcese aos detalles. De Ourense a París, da felicidade dunha voda ao dó e o loito, do convencemento ás dúbidas, do amor ao azar. ...
    Dispoñibilidade inmediata

    17,20 €16,34 €

  • COMANDANTES E FAMILIARES
    ALCALA, XAVIER
    1961. Na Habana, Nieves Docampo non dá esquecido o seu amor coruñés, mais acepta a oferta simpática dun dos seus pretendentes, cardiólogo famoso e declarado imprescindible polo sistema castrista. A partir do casamento, as relacións da emigrante multiplícanse e chegan ata o núcleo profundo dos mayimbes. Para Fidel, Raúl, Celia Sánchez, o Che e outros comandantes, pasa a ser La G...
    Dispoñibilidade inmediata

    23,10 €21,95 €

  • AGORA QUE VEN A NOITE
    CALVEIRO, MARCOS
    Zoe, tras un grave incidente, ten que comparecer ante a Fiscalía de Menores. A súa nai, desesperada, mentres o futuro da filla non se resolve, envíaa á aldea de Vilavedra a pasar o verán con Primitiva, a madriña, unha vella á que a moza nin estima nin coñece. Nesas xornadas estivais Zoe madurará e descubrirá devagar como asumir as consecuencias dos seus actos. Coñecerá tamén a ...
    Dispoñibilidade inmediata

    14,50 €13,78 €

  • RIR E PROVOCAR. OBRA TEATRAL
    BLANCO AMOR, EDUARDO
    O humor obríganos e preguntarnos, o cómico non. Só o humor ten a posibilidade de provocar a risa a través da dor, e, deste xeito, interróganos de maneira diferente a como o faría a traxedia sobre a morte, a calamidade e a inxustiza. Esta é a risa que atravesa a obra dramática de Blanco Amor, coa clara intención de interrogarnos, de nos esporear, en ocasións desde un punto de vi...
    Dispoñible

    25,70 €24,42 €

  • NAS HORAS DO SEU RELOXO. UNHA VIAXE DE ANTONIO PALACIOS
    GIRALDEZ, DIEGO
    Antonio Palacios viaxa en tren de Madrid a Galicia na última etapa da súa vida, acompañado pola súa parella, Adela Ramírez. O arquitecto leva varios cadernos de debuxo que lle farán rememorar lembranzas da súa vida e da súa traxectoria profesional. Son unha segunda pel enchida de tatuaxes da que o escritor, Diego Giráldez, se vale para achegarnos a figura de Palacios dun xeito ...
    Dispoñibilidade inmediata

    22,50 €21,38 €

  • UN MAR DE PREGUNTAS
    GARCIA GALDO, JAVIER
    Para que serve una balea? Canta forza ten o mar? Cantas especies habitan os océanos? Porque soben e baixan as mareas? Estas e moitas outras preguntas teñen resposta neste libro sobre o mundo mariño, con ilustracións que espertarán a túa imaxinación e explicacións claras e sorprendentes baseadas no rigor da ciencia e do que hoxe coñecemos do mar. En cada páxina aprenderás algo s...
    Dispoñibilidade inmediata

    20,00 €19,00 €

  • CROCO
    ALONSO GASALLA, IRENE
    Croco naceu sen un só dente! E, malia ser algo pouco corrente, pronto vai descubrir, xunto con catro amigos moi especiais, que hai moitas cousas que non son tan esenciais... Este conto, moi vexetariano, está recheo de tenrura e amizade. E, ademais, está? riquííísimo! ...
    Dispoñible

    16,50 €15,68 €

  • BOSQUE
    BLANCO CASAS, ANTON
    En Bosque, o poema revela un mundo se cadra anterior, mais tamén atemporal. Sinala os movementos e as articulacións do que é natural; e reclámaas para si coma linguaxe. A través de recursos como a polifonía e a partición, o espazo ou o poema, sóñase concéntrico, circula: ábrese. ...
    Dispoñibilidade inmediata

    11,90 €11,31 €

  • CÁNTIGAS POPULARES
    SCHUBARTH, DOROTHE - SANTAMARINA, ANTON
    A finais da década de 1970, Dorothé Schubarth e Antón Santamarina percorreron Galicia recollendo os cantares populares de tradición oral da boca dos seus intérpretes, que se reuniron nos sete volumes do Cancioneiro popular galego, o repertorio máis extenso da música popular de tradición oral galega, de onde se escolmaron estas Cántigas populares, agrupadas por xéneros e tipos: ...
    Dispoñibilidade inmediata

    18,00 €17,10 €

  • (G).BRAVAS:O REFUXIO DA LUZ.(GRAMOLA GOMINOLA).(+QR)
    A GRAMOLA GOMINOLA
    A infame Dona Trona é feliz se ti estás triste, ou tes medo, ou te anoxas. Poderán as Bravas derrotala e traer o rexurdir da luz ao mundo A GRAMOLA GOMINOLA conta a ritmo de rock & roll como enfrontarse ao abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e visibilizar as emocións. Mulleres bravas que inspiran e dan luz ao mundo! ...
    Dispoñible

    18,50 €17,58 €

  • CORRESPONDENCIA 1965-2014
    ALONSO MONTERO, XESUS / NEIRA VILAS, XOSE
    A través destas cartas, entre Xesús Alonso Montero e Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, cheas de erudición lingüística, con especial interese das redactadas por Neira Vilas desde A Habana, complementarias de conversas persoais entre os dous autores, ofrécese mostra da intensa relación que houbo entre eles, de par que se amosa moito do pensamento de Neira sobre o marxismo e a re...
    Dispoñible

    35,00 €33,25 €

  • CANDO O MUNDO E AZUL
    REBOIRAS LOUREIRO, ÓSCAR
    Nuno vive coa súa nai. Encántalle pintar e ler. Enche centos de follas cos seus debuxos, e sempre usa a mesma cor, o azul. Un día aparece na casa un home grande e inchado coma os globos das festas. É o seu avó, que vai vivir con eles. Nuno non sabe moi ben para que serven os avós, pero si ten curiosidade por coñecer como funciona o obxecto máxico que trae na súa equipaxe. ...
    Dispoñibilidade inmediata

    13,50 €12,83 €

  • FEIXE DE FLORES PARA GALICIA
    OUTES RUSO, XOSÉ LUIS
    Feixe de flores para Galicia é o froito dalgunhas reflexións sobre o desenvolvemento do capitalismo desde os anos oitenta do século pasado e a proposta dun programa humano, económico e ecolóxico para o noso país. Estas propostas teñen como finalidade facer de Galicia un país moderno e tecnoloxicamente adiantado, onde prime o colectivo sobre o individualismo, a igualdade e o ben...
    Dispoñibilidade inmediata

    23,20 €22,04 €

  • AS VELLAS DE MENS
    FERNANDEZ PENSADO, JOSE MANUEL
    Con motivo da concesión das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificada nas cantareiras, José Manuel Fernández Pensado (Manel de Aturuxo) achéganos un relato de primeira man das Vellas de Mens desde a perspectiva de quen as viu aparecer en 1972 e coas que conviviu artisticamente durante vinte anos, compartindo infinidade de vivencias con elas e as súas familias. Re...
    Dispoñibilidade inmediata

    14,50 €13,78 €

  • A INVESTIGACIÓN EDUCATIVA EN GALICIA (2015-2024)
    SANTOS REGO, MIGUEL ANXO (ED.)
    Facer un estudo deste alcance, cada dez anos, sobre o que deu de si a investigación educativa en Galicia semella un exercicio sinxelamente descritivo do que temos artellado, na teoría e na práctica, ou cunha mestura de ambas as dúas, quen dedicamos tempo, dun xeito máis ou menos agrupado, ao coñecemento de tan importante dimensión para unha comunidade. Pero, alén diso, tamén re...
    Dispoñibilidade inmediata

    32,00 €30,40 €

  • BIRKEN
    ALFONSIN, DIEGO
    Birken só quere saber onde comezan e onde acaban as preguntas, por iso pon os signos de interrogación ao comezo e ao final. Birken quere saber por que os holandeses si e os galegos non. Birken acaricia as árbores da horta coma se fosen seres queridos. Durante unha viaxe en tren, recoñece un antigo compañeiro da facultade no mesmo vagón e descobren que van visitar a mesma exposi...
    Dispoñibilidade inmediata

    14,80 €14,06 €