Búsqueda de Editorial : XERAIS

1566 resultados

  • MANUAL DE CAMUFLAXE
    MERINO, SAMUEL
    «Manual de camuflaxe» é unha expedición creativa que nos envolve e nos interroga, coma unha fenda luminosa. Máis aló da adaptación á contorna, a camuflaxe sinala o paradoxal desexo de ser visto, de ser recoñecido no mesmo medio da disolución. Nesa tensión entre o visíbel e o velado, os versos de Samuel Merino adquiren unha calidade especular, devolvéndonos a nosa propia fraxili...
    Dispoñible

    12,95 €12,30 €

  • SEIS LEIRAS E UN PIANO
    CASTRO, CLAUDIA
    Os poemas deste libro están ateigados de ritmo e de luz. De xogo, de música, de natureza e de aldea. De sentimento e reivindicación do noso. Como apunta o poeta Antonio García Teijeiro no epílogo do libro, «Son poemas para seren lidos en voz alta. Para cantalos e acompañalos con xestos e palmas. Pero tamén para reflexionar sobre o fondo que moitos gardan e comentalos posteriorm...
    Dispoñible

    12,95 €12,30 €

  • QUERIDAS PANTASMAS
    DE EVAN, ALBA
    Amelia múdase a unha nova vila fuxindo do seu pasado, mais... podemos escapar do que axexa no noso maxín? Entre as paredes do seu novo fogar descobre que a amizade pode transcender a morte, e que, como pasa con todo o importante, as rosas non son tan doadas de coidar como parece. ...
    Dispoñibilidade inmediata

    12,95 €12,30 €

  • HEARTSTOPPER 4
    OSEMAN, ALICE
    O Charlie nunca pensou que el tamén lle puidese gustar ao Nick, mais agora son mozos oficialmente. O Charlie comeza a sentirse preparado para dicirlle esa palabra: quérote. O Nick sente o mesmo, mais anda con moitas cousas na cabeza: entre elas, saír do armario co seu pai e a posibilidade de que o Charlie teña un trastorno da conduta alimentaria. A medida que o verán dá paso ao...
    Dispoñible

    15,95 €15,15 €

  • AS OBRAS POSTUMAS
    GIRALDEZ, DIEGO
    Logo de saber que padece unha demencia agresiva, a escritora Pilar Fonte recibe a encarga de escribir unha obra póstuma. Pilar, xa con moitas dificultades, vaille ditando a unha amiga que a acompaña algunhas pasaxes da súa vida e, sobre todo, a súa particular relación co centro psiquiátrico San Simeón, que contemplou dende pequena asomada á venta do seu cuarto. Mais o vínculo d...
    Dispoñibilidade inmediata

    16,95 €16,10 €

  • FORMIGAS. MISION SAMAIN
    TOBARUELA, PERE
    FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes das FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En «Misión Samaín» as FORMIG4S entran no Alén tras os pasos dun enigmático escaravello branco. Alí atópanse coa Santa Compaña e outros personaxes estraños. Nesta estarrecedora aventura no ...
    Dispoñibilidade inmediata

    13,50 €12,83 €

  • ASKJA
    FRAGA, MANUEL A.
    Ana viaxa polo leste de Islandia con Xurxo, a súa parella, cando a erupción do volcán Askja pon en pausa a súa vida. Confinada nunha casa de hóspedes mentres agarda a evacuación, o tempo parece dilatarse e a atmosfera faise cada vez máis irreal. Ana aproveita a paréntese para rememorar varios episodios cos homes da súa vida e decidir se realmente está namorada de Xurxo. Porén, ...
    Dispoñibilidade inmediata

    17,50 €16,63 €

  • ONDE NACEN AS BESTAS
    FEIJOO, PEDRO
    Entre o lume do val e as néboas da serra, algo se revolve nas entrañas da Galicia máis feroz e descarnada. Unha serie atroz de asasinatos espertará a memoria dun nome perdido no tempo e, como nun segredo que se comparte en voz baixa, un temor comezará a repetirse nos rumores: «Volveu o Sacaúntos...». «Onde nacen as bestas» é unha novela sobre o lado salvaxe do noso propio ser, ...
    Dispoñibilidade inmediata

    23,50 €22,33 €

  • NOA E A CIDADE SEN MAXIA
    ROA, ANGIE
    Noa é unha nena que medra escoitando relatos sobre unha cruel batalla librada por culpa da maxia, da que todo o mundo renega. A rapaza non imaxina, ata que lle é desvelado, que ela provén dunha liñaxe de grandes magos e que chegou o momento de que coñeza os seus poderes e a verdadeira orixe do que semellaban ser só lendas. VI Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético ...
    Dispoñibilidade inmediata

    13,50 €12,83 €

  • A PEQUENA OSA QUERE XOGAR
    LÓPEZ, IAGO
    A pequena osa quere xogar ao balón, igual ca os xabarís, pero na fraga non paran de dicirlle que iso non é para ela. ...
    Dispoñibilidade inmediata

    14,50 €13,78 €

  • PIFOSTIO
    L. PARIS, SAMUEL
    O fráxil, o indómito, a violencia, a poesía, o delirio, a forma, o entusiasmo, a agonía, o futuro, a decepción, o inesperado e o cotián. Sesenta e un artefactos con xente atrapada, fantasía de andar pola casa, profesionais que fan o que poden, crueldade, ciencia ficción doméstica, mordacidade, dor e humor. Nada ten sentido. Todo ten sentido. É o Pifostio. ...
    Dispoñibilidade inmediata

    17,50 €16,63 €

  • VENDOCHE UN POEMA
    ALONSO, FRAN
    Teñen algo que ver a poesía e a publicidade A publicidade invade as nosas vidas, omnipresente. O que pode sorprender é que a publicidade bota man constantemente de moitos recursos propios da poesía. Ás veces, mesmo emprega a propia poesía para dirixirse a nós e tratar de convencernos. A partir da relación entre poesía e publicidade, Fran Alonso convídanos a explorar esa conexió...
    Dispoñibilidade inmediata

    13,50 €12,83 €

  • CURRIÑO 3. FAMA OU FUGA
    COSTAS, LEDICIA
    Socorro! Secuestraron a Curriño! Non imaxines uns tipos fortes e con cara de malos, non. A secuestradora é Anxélica, unha nena moi fan de Curriño, que o recoñece na rúa e o leva á súa casa para coidalo e volver facelo famoso. Queira el... ou non. Curriño bota en falta os seus amigos e, aínda que Anxélica é bastante prosma, tamén bota en falta ter preto alguén que lle dea agarim...
    Dispoñibilidade inmediata

    10,95 €10,40 €

  • ESTUDO SOBRE O VOO DOS CORZOS
    CALDEIRO, MÓNICA
    «Estudo sobre o voo dos corzos» é unha disección da beleza vulnerábel, unha análise poética da violencia na cultura humana e na cultura da natureza. Esta ollada é aloumiño e dó pola fraxilidade desa beleza escorregadiza, inaccesíbel e inesquecíbel, para a considerar parte de nós, para protexermos esa parte de nós. Podemos entón fuxir dunha brutalidade que xa é de noso Como apre...
    Dispoñibilidade inmediata

    12,95 €12,30 €

  • DE PRÍNCIPES, PRINCESAS E OUTRAS ANDRÓMENAS
    ALONSO DIZ, MIGUEL
    Este é un libro de princesas que bailan, que xogan ou que espertan. Tamén de princesas que se anoxan e que se alegran. Hai algunhas que loitan e outras que berran. Xunto a princesas que fan do silencio a mellor ferramenta. Pódese cambiar a palabra «princesas» por «príncipes» e todo será igual. Porque este é un libro de poemas que claman a favor da igualdade. ...
    Dispoñibilidade inmediata

    12,95 €12,30 €

  • DÚAS BÁGOAS POR MÁQUINA
    CASALDERREY, FINA
    Cando Xusta fixo seis anos, recibiu da súa familia un agasallo moi especial: un can, ao que lle puxeron o nome de Máquina. Desde aquel día, Xusta e Máquina foron dous amigos inseparables. Pero, co paso dos anos, a familia da nena foi cansando do animal. E, sen que Xusta o saiba, o pai decide desfacerse del abandonándoo nunha estrada. Unha emotiva novela, narrada con tenrura e h...
    Dispoñibilidade inmediata

    12,95 €12,30 €

  • A ESCOLA ROBOT
    FARIÑA, ANXO
    Que pasaría se un día a famosa corporación Piña te convida a estudar na misteriosa Escola Robot E se a escola está nunha illa móbil Pódese crear un robot con forma de gato Existen as pantasmas con calzóns de cocos Pode unha nena que está nun hospital ir á clase a través do seu avatar robótico Que lle pasa a unha caixa cando vai ao ximnasio Farase... Mmm... caixa forte Moitas pr...
    Dispoñibilidade inmediata

    12,95 €12,30 €

  • O TEITO É DE PEDRA
    ALONSO, ÁLEX
    «Naqueles primeiros días de xullo de 1936, don Antonio Cerqueira, elegantemente vestido co seu traxe de xastrería, chaleco, gravata e chapeu, comía na terraza do Bar Canido dúas nécoras con suma destreza e rapidez, coma se levase toda a vida manipulando criaturas minúsculas e indefensas». Deste xeito comeza «O teito é de pedra», unha novela escrita coa pel e coas entrañas da em...
    Dispoñibilidade inmediata

    19,50 €18,53 €

  • LIBRO DAS CONTRARIAS
    AGRA, AGUSTIN
    Sofía, unha prestixiosa fotógrafa, intérnase nun agreste parque nacional de Suecia onde só é posible subsistir durante o estío. McClaunasey, investigadora sobre o papel das mulleres na ciencia, avisa a Fátima da desaparición da amiga de ambas. Pretende que dean con ela baseándose nunhas indicacións ocultas nos libros e poemas que, con tal finalidade, Sofía deixou á mantenta. Fá...
    Dispoñibilidade inmediata

    16,95 €16,10 €

  • DONA PROBLEMAS, RESCATADORA DE MASCOTAS
    O HEMATOCRITICO
    Tras os seu enfrontamento coa mestra «influencer», que foi retransmitido por televisión, Carlota (Dona Problemas) converteuse nunha celebridade entre nenos e nenas. Recoñécena pola súa cidade e mesmo lle piden selfies e axuda para problemas cotiáns. Así e todo, nin Dona Problemas nin Xoán, o seu axudante, esperaban recibir na escola a visita dunha nena preocupada pola desaparic...
    Dispoñibilidade inmediata

    12,50 €11,88 €

  • MAXICAMENTE VELLA, ETERNAMENTE NOVA, A LITERATURA TRADICIONAL GALEGA
    CALLÓN, CARLOS
    Por que a túa tataravoa estaría contenta co Día das Letras de 2025? Que son as "recolleitas" que fascinaron a C. Tangana? Por que os Séculos Escuros tamén foron Séculos Radiantes? Que ten a cultura tradicional galega para abrir tanto os ollos de quen a descobre? ...
    Dispoñibilidade inmediata

    11,50 €10,93 €

  • O MISTERIO DAS ZOCAS
    CARIDE, RAMON
    María, Frida, Nursa e Xeria, as catro músicas ambulantes que cantan en feiras, festas e romarías, vense implicadas nun estraño misterio. Unhas zocas moi noviñas, penduradas no alto das árbores, semellan querer avisalas de algo importante. O novo camiño que empezarán deste xeito vainas levar a viaxes inesperadas, perigos mortais, feitizos insólitos, dilemas vitais e probas asomb...
    Dispoñibilidade inmediata

    12,95 €12,30 €

  • TACON, PUNTA, TACON
    IGLESIAS, ANXO
    No universo, unha galaxia; nela, un sistema solar, un planeta, un continente, unha península e, na súa punta máis salgada, un recanto feliz. Un lugar onde os mexillóns non xogan ao béisbol e Doraemon ten gardado no seu peto máxico un chimpín. Alí poderás facer piragüismo, empanadas, beatbox... e mesmo cantar un gol! Un sitio distinto, de mulleres bravas e cabalos ao galope, ond...
    Dispoñible

    12,95 €12,30 €

  • INSUBMISION AMBIGUA
    LEMA, ANXELA / AMIGO, ANA
    Benvide a esta sorte de asemblea-aquelarre de corte libertario. Aquí estamos es ambigües, fluídes, indecises, reivindicándonos cómplices do que escape dun esencialismo que precisa que nos identifiquemos con respecto a un único xénero (definido, ademais, baixo uns parámetros moi concretos) polo que sintamos atracción sexual e/ou romántica. Se a fluidez ou a ambigüidade se senten...
    Dispoñibilidade inmediata

    19,95 €18,95 €

  • HEARTSTOPPER 3
    OSEMAN, ALICE
    O Charlie nunca pensou que puidese gustarlle ao Nick, mais agora son mozos oficialmente. O Nick mesmo encontrou o valor para saír do armario coa súa nai. Porén, saír do armario non é algo que pase só unha vez: está o irmán máis vello do Nick e unha viaxe do instituto a París, sen esquecer todas as outras amizades e familiares... e a vida pode ser difícil, mesmo con alguén que t...
    Dispoñible

    16,95 €16,10 €

  • SAN METEORO
    ARAÚJO, JOSIÑO
    O día do seu vixésimo aniversario, Pedro, quen se considera a persoa máis irrelevante do mundo, láiase da súa intranscendencia mentres contempla o seu reflexo no espello. Á noitiña, só no monte, fumando maría e filosofando sobre a vida ao pé dunha capela, ve pasar unha estrela fugaz e formula o desexo de se converter en alguén destacado. Pero aquela luz fuxidía resulta ser un e...
    Dispoñibilidade inmediata

    16,95 €16,10 €

  • A FALSA AUTÓNOMA
    CASTAÑO, YOLANDA
    Escuro e descarado como a mellor Yolanda Castaño, «A falsa autónoma» solta un obús sobre contidos infrecuentes para a poesía e sinala o impacto emocional que poden ter as dificultades económicas. Faino cun fondo simbolismo capaz de falar de débeda, obediencia e autoexplotación dun xeito transcendente. Un poemario sobre a fustrigante servidume do traballo, nomeadamente o dun cam...
    Dispoñibilidade inmediata

    13,50 €12,83 €

  • AS AUGAS INTERIORES
    RIESTRA, BLANCA
    A protagonista de «As augas interiores» embarca rumbo a Terranova nun buque de salvamento marítimo que pretende estudar o escenario dun naufraxio. A nave non dá avanzado, xira arredor de si mesma igual ca unha obsesión ou un remorso, cústalle subir cara ás augas frías onde se amorean os restos de afundimentos e os cadáveres. Entre a tripulación, salienta o grupo dos mergullador...
    Dispoñibilidade inmediata

    17,95 €17,05 €

  • BISCOITO DE CASTAÑAS
    MOJON, LUCIA
    Unha tarde de outono; unhas castañas desaparecidas e a lenda da Cova da Pena Grande. Pai e filla gozan xuntos dunha tarde de aventuras para descubrir o misterio das castañas grazas á bisa. Serán quen de chegar ata a cova superando todos os obstáculos que presenta o camiño Estará alí a solución ao misterio Un divertido álbum ilustrado que nos lembra o valor da imaxinación, dos m...
    Dispoñibilidade inmediata

    15,50 €14,73 €

  • CONTA, SHEREZADE
    TORO, SUSO DE
    Luz asiste a un curso de creación literaria e decátase de que descoñece a verdadeira historia da súa familia, da súa vida, polo que decide utilizar a escrita literaria para reconstruíla. A investigación e o proceso de documentación que leva a cabo para crear esa súa novela vital vaille ir desvelando datos e acontecementos que xa estaban aí e agardaban agochados e silenciosos na...
    Dispoñibilidade inmediata

    17,95 €17,05 €