A GALERA DE XELMÍREZ
-5%

A GALERA DE XELMÍREZ

PAZ, XABIER

19,95 €
18,95 €
IVE incluído
Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
2015
ISBN:
978-84-9914-882-3
Páxinas:
160
Encadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
19,95 €
18,95 €
IVE incluído

Por encargo do arcebispo de Compostela dous homes novos e un mozo parten de Pisa cara a Iria para construír unha nave de guerra. O piloto e mestre Fuxón Bonincontro, o carpinteiro de ribeira Stefano Bagnoli e o aprendiz Francesco Nuti atravesan a península polo camiño como tantos outros peregrinos, inda que eles non o sexan. O que non saben é que esa viaxe os vai transformar radicalmente. Deixado o amparo da rutina, o Mundo, o Demo e a Carne asexan os viaxeiros cos seus galanos. A viaxe, nas súas novidades e encontros, suporá unha vía de autocoñecemento de consecuencias tráxicas.
Fuxón vai ser o máis afectado. O lado escuro da propia sexualidade e o descubrimento de certas propiedades dalgunhas plantas provocarán nel unha fascinación irreparable. Co decorrer das xornadas mudarán as relacións entre Fuxón e Stefano, que deixarán de ser quen eran. A galera, sombra esvaecida na conciencia de Fuxón, tornará en grave obriga para Stefano.
Co pano de fondo da loita polo poder relixioso e político, os tres viaxeiros apenas gustarán de canto lles ofrece o camiño: a presenza islámica, as novidades litúrxicas, as vilas rebuldeiras, as feiras..., para eles todo semella espectáculo antes que realidade. Tan só Francesco, coa súa inocencia, será quen de evitar os perigos nos que naufragan os seus compañeiros e conseguirá adaptarse no novo país.
Escrita cun estilo coidado que fai desta novela unha magnífica peza literaria, Xabier Paz retorna para ofrecerlles aos seus lectores e lectoras a mellor narrativa.

Artículos relacionados

  • RECTOR DE LA ISLA DE SEIN, EL
    QUEFFELEC, HENRI
    Esta apasionante novela relata de forma estremecedora la vida áspera y salvaje de la isla de Sein en el siglo XIX. Es una visión que ilumina las difíciles condiciones de vida, a veces bastante sombrías, las revueltas semejantes a la naturaleza atribulada de este pedazo de tierra sometido a los caprichos furiosos del mar. Ante este aterrador telón de fondo, un honrado ciudadano,...
    Dispoñible

    19,00 €18,05 €

  • PEL DE CORDEIRO
    COSTAS, LEDICIA
    Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiadas. Lol...
    Dispoñibilidade inmediata

    19,50 €18,53 €

  • QUIMICA PARA MOSQUITOS
    LUN, ALEKSANDRA
    En el verano de 1977, una niña nace en una población minera de un país bajo el dominio de la Unión Soviética. En el bloque de pisos donde vive con su familia, todos empleados de la planta química del Estado, observa con atención y extrañeza las rutinas de una economía planificada. A veces un tranvía los lleva a las afueras, donde cultivan una parcela asignada por el Gobierno y ...
    Dispoñible

    17,00 €16,15 €

  • AURORA Q.
    CUENCA SANDOVAL, MARIO
    1981. Dos niños armados caminan por el andén de una autopista, descalzos y cubiertos de sangre. No saben que se va a escribir mucho sobre ellos en la prensa y en los medios académicos. No saben que su caso se convertirá en materia de agrias polémicas científicas. Estructurada como un relato clínico, Aurora Q. retrocede, desde esta imagen inicial, hasta los orígenes de la crueld...
    Dispoñible

    18,00 €17,10 €

  • LAS HIJAS DEL PINTOR
    HOWES, EMILY
    Peggy y Molly son las hijas y modelos de Thomas Gainsborough, uno de los retratistas ingleses más famosos del siglo xviii. Ellas, además de hermanas, son muy buenas amigas. Pero su universo infantil se quiebra cuando Molly empieza a sufrir unos extraños ataques en los que pierde conciencia de la realidad. Peggy asume en secreto el cuidado de su hermana, pues sabe que, si se des...
    Dispoñibilidade inmediata

    24,90 €23,66 €

  • SHOSTAKOVICH CONTRA STALIN
    GÜELL, XAVIER
    El 26 de enero de 1936, en el teatro Bolshói de Moscú, Shostakóvich contra Stalin se representaba por enésima vez la ópera de Dmitri Shostakóvich Lady Macbeth de Mtsensk. No era una función cualquiera. Esa noche, oculto tras las cortinas de uno de los palcos, el Camarada Secretario General, Iosif Stalin, vigilaba. Al día siguiente, todo el mundo en Moscú sabía que al dictador n...
    Dispoñibilidade inmediata

    23,00 €21,85 €

Outros libros do autor

  • O LIBRO E O TAPIZ
    PAZ, XABIER
    Entre os séculos XI e XII as figuras da raíña Urraca I e do arcebispo Diego Xelmírez enchen un tempo decisivo na nosa historia. Daquela, Galiza foi resgardo seguro da cristiandade ibérica, lugar onde se criaban os fillos dos reis. Nesta novela de Xabier Paz, ademais dos sucesos históricos e dos personaxes creados pola historiografía dominante, asoman os seres humanos que só a l...
    Dispoñibilidade inmediata

    19,50 €18,53 €

  • ANÍBAL E A PINTORA
    PAZ, XABIER
    Aníbal e a Pintora é unha novela que conta a historia dos devezos de Aníbal Moreda á procura da incerta verdade sobre a vida da pintora Artemisia Gentileschi, artista descuberta a partir dun lenzo atopado en Internet. Un mangado de libros e medio cento de ruíns reproducións de cadros serán os materiais para fundar unha estraña relación que rematará por mirrar o esforzado amador...
    Dispoñible

    22,50 €21,38 €

  • MATERIA DE LUCRECIO
    PAZ, XABIER
    Materia de Lucrecio de Xabier Paz é un poemario concibido na tradición de pensamento liberador e cívico, amecendo a visión filosófica e científica coa poética: un libro que constitúe unha reflexión sobre a orixe e o devir do Cosmos, sobre a existencia e o coñecemento humanos neste desolado pórtico do século XXI. A emoción e a estrañeza do vivir ven suxeita pola rédea do coñecem...
    Dispoñible

    16,95 €16,10 €

  • FOLLAS DO BACALLAU
    PAZ, XABIER
    Un feixe de mariñeiros galegos está a largar as redes nas augas polares do arquipélago Spilbergen, entre placas de xeo, nunhas latitudes que nin sequera veñen nos mapas. Son bacalloeiros. Follas do bacallau de Xabier Paz abala entre o diario persoal, como unha bitacora ou diario de a bordo, o apuntamento memorialistico e, sobre todo, a crónica do mundo da pesca do bacallau. Rel...
    Dispoñible

    21,55 €20,47 €

  • ANTROPOSOFÍA XERAL
    PAZ, XABIER
    Dispoñibilidade inmediata

    14,90 €14,16 €