FRAGA, ANTONIO M. / CASTRO, BEATRIZ
Que pode saír mal cando dous yetis intentan converterse nuns perfectos cabaleiros británicos?
Boris e Margaret viven aburridos nunha remota cova do Himalaia ata que rescatan a Lord Mortimer, un aristócrata inglés perdido entre a neve. O seu novo amigo descóbrelles o té das cinco, os pícnics, o fish and chips e outros fascinantes costumes británicos. Entusiasmados, os dous yetis farán todo o posible por imitalos... con resultados absolutamente desastrosos.
Unha divertidísima novela ilustrada chea de humor, aventuras e situacións absurdas que, entre té, neve e moitos disparates, fala tamén de identidade, diversidade e aceptación. Porque podemos admirar os demais sen deixar de ser nós mesmos.