GREGO, 1º-2º BACHARELATO
-5%

GREGO, 1º-2º BACHARELATO

CAL CORTINA, MATILDE DE / BERTOLO BALLESTEROS, JOSE MANU

34,35 €
32,63 €
IVE incluído
Editorial:
BAIA EDICIONS
Ano de edición:
2017
Materia
Texto bachillerato
ISBN:
978-84-9995-227-7
Páxinas:
384
Encadernación:
Rústica
Colección:
1ºBACHARELATO
34,35 €
32,63 €
IVE incluído

O libro está estruturado en doce unidades didácticas incluíndo ao final unha Antoloxía de textos, Paradigmas e un Vocabulario.

Cada unidade consta de tres partes interrelacionadas entre si: dúas referidas principalmente a aspectos culturais e unha máis centrada na lingua. Todas inclúen actividades. Nunha Primeira Parte, que dá título á unidade, ofrécese información sobre o mundo cotián e mitolóxico a través de textos traducidos e imaxes artísticas gregas; a continuación, e baixo o nome de Persistencia do mito, preséntanse textos e obras de arte que amosan a súa influencia na cultura galega e foránea. Incorpóranse tamén actividades e suxerencias de ampliación.

A Segunda Parte é a especificamente gramatical. Ten explicacións breves e abundantes exercicios. Tradúcense primeiro frases e, progresivamente, textos orixinais. Insertamos unhas listas de vocabulario de "máxima frecuencia" -feito a partir dos autores máis representativos- pois consideramos que a súa aprendizaxe facilita o achegamento aos textos. Cada lista vai acompañada de diversas actividades (antónimos, derivación, helenismos, familias léxicas...) para unha máis doada e rápida adquisición de coñecementos léxicos. No segundo curso de Bacharelato é necesario que o alumnado ademais se familiarice co uso do dicionario.

Nesta parte hai tamén un apartado denominado E se queres avanzar máis..., no que se oferta material de ampliación que permite adecuarse aos distintos niveis de coñecemento adquiridos polo alumnado.

A Terceira é a parte histórica e cultural, presentada por medio dunha viaxe, co apoio de imaxes e textos. Inclúe actividades e suxestións de ampliación, así como referencias de libros, CD - Rom e enderezos de Internet.

Todas as unidades levan exercicios de recapitulación. A 4, 8 e 12 inclúen, ademais, unha autoavaliación. Pode recorrerse a esta parte para insistir nalgún punto da materia ou mesmo para exames.

O presente manual cumpre coas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego aprobadas pola Real Academia Galega en Xullo de 2003.

Artículos relacionados

  • LINGUA GALEGA E LITERATURA 1º BACHARELATO LOMLOE
    GONZÁLEZ AVIÓN, ISABEL / ÍNSUA LÓPEZ, EMILIO
    Subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades da Xunta de Galicia. Este material inclúe materiais debidamente revisados, postos ao día e adaptados ao novo currículo, cun formato de presentación en 16 unidades, cun Glosario e un Anexo gramatical finais. Estes materiais foron experimentados e mellorados ao longo de moitos cursos e so...
    Dispoñibilidade inmediata

    41,00 €38,95 €

  • PSICOLOGÍA 2º BACH. (LOMCE) PACK TEORÍA Y PRÁCTICA
    VELA LEÓN, JUAN ANTONIO
    Se presenta en dos volúmenes, el primero centrado en los contenidos teóricos y ejercicios de autoevaluación, y el segundo en aspectos prácticos, mapas conceptuales y propuestas de experimentación referidos a los mismos contenidos de la materia. Tanto el volumen "teórico" como el "práctico" se dividen en diez unidades: 1. La Psicología como ciencia. 2. Fundamentos biológico...
    Dispoñible

    51,90 €49,31 €

  • BIOLOGÍA 2 BACH
    CLEMENTE ROCA, SILVIA / DOMÍNGUEZ CULEBRAS, AURORA / RUIZ GARCIA, ANA BELEN / OLMOS CASTELLÓ, ANTONIO
    Dispoñible

    47,10 €44,75 €

  • LENGUA Y LITERATURA 2
    GUTIERREZ ORDOÑEZ, SALVADOR / SERRANO SERRANO, JOAQUIN / PÉREZ FERNÁNDEZ, DESIRÉE
    Dispoñible

    47,10 €44,75 €

  • (G).(23).BIOLOXIA 2ºBACH.(OPERACION MUNDO) *GALICIA
    CLEMENTE ROCA, SILVIA / DOMÍNGUEZ CULEBRAS, Mª AURORA / RUIZ GARCIA, ANA BELEN / OLMOS CASTELLÓ, ANTONIO
    Dispoñible

    47,10 €44,75 €

  • MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS II BACH.
    COLERA JIMÉNEZ, JOSÉ... [ET AL / OLIVEIRA GONZÁLEZ, Mª JOSÉ / COLERA CAÑAS, RAMÓN / GARCÍA PÉREZ, ROSARIO / AICARDO B., ANA
    Dispoñible

    47,10 €44,75 €

Outros libros do autor