HISTORIA DA LITERATURA GALEGA III
-5%

HISTORIA DA LITERATURA GALEGA III

DE 1916 A 1936

PENA, XOSE RAMON

30,95 €
29,40 €
IVE incluído
Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
2016
ISBN:
978-84-9121-107-5
Páxinas:
520
Encadernación:
Rústica
Colección:
30,95 €
29,40 €
IVE incluído

Continuando o relato iniciado polo primeiro volume -Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais 2013)- e polo segundo -Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento (Xerais 2014)-, aparece agora a terceira entrega do ambicioso proxecto emprendido por Xosé Ramón Pena. Trátase, en liña cos labores anteriores, de construír unha narración proporcionada e obxectiva da etapa vivida polas letras galegas entre 1916 -data da fundación das Irmandades da Fala- e xullo de 1936 -momento en que deu inicio a Guerra Civil española-. Unha xeira que ben merece o cualificativo de «anos de prata», xa que asistimos nese tempo á consolidación dunha literatura galega que acada a súa plena madurez, en directa converxencia coas correntes estéticas universais: isto é, unha afinidade que a obra escrita no idioma de noso -a pesar dos magníficos relampos atinxidos no século XIX, e singularmente da man de Rosalía de Castro- non amosara desde a Idade Media, coa eclosión do lirismo trobadoresco.
Comprender os textos literarios producidos nese período como parte integrante -en interacción continua- da mobilización galeguista/nacionalista; consideralos, xa que logo, na súa dimensión sociocultural e sociopolítica; indagar neles a preocupación, por parte dos seus creadores, respecto da concreción dunha estética nacional; abordar o macrotexto que conforman na súa converxencia vertical e na súa proxección horizontal, configuran outros tantos piares que alicerzan a tarefa das presentes páxinas. Unhas páxinas, ademais, nas que Xosé Ramón Pena buscou considerar o conxunto do bosque literario, mais tamén discernir, alén de prexuízos e clixés, a verdadeira dimensión das especies que o compoñen.

Artículos relacionados

  • LA BELLEZA DE INVOCAR PERFUMES
    MARTINEZ CASTILLO, ANA
    ¿A qué huele el más allá? ¿Qué fragancias se usan en el inframundo? ¿Con qué esencias se manifiestan los fantasmas? ¿Podemos comunicarnos con lo otro mediante los olores? ¿Cómo huele lo monstruoso? ¿No es acaso el perfume el espectro más bello y más terrible? Asomarse a la ventana, descorrer el velo y atisbar, aunque sea por una rendija, las regiones ocultas del otro lado es un...
    Dispoñible

    14,00 €13,30 €

  • LORCA DESPUES DE LORCA
    VALIS, NOEL
    La Guerra Civil no terminó en 1939. El ejército franquista protagonizó una represión que se cebó en colectivos como los periodistas y los escritores republicanos. El tercer volumen de la tetralogía analiza un conjunto representativo de los consejos de guerra seguidos contra quienes hicieron uso de la libertad de expresión y fueron condenados por el supuesto delito de rebelión m...
    Dispoñible

    24,90 €23,66 €

  • NARRATIVAS ESPAÑOLAS DEL SIGLO XXI (2015-2025): CRUCES Y CAMINOS
    El periodo comprendido entre 2015 y 2025 ha sido fértil para la narrativa española. No porque se haya constituido algo así como una generación ni por la existencia de un movimiento claramente delimitado. Estos años han sido fértiles porque se han configurado como un espacio de nuevos caminos. A ellos apuntan las aperturas de lo fantástico, el retorno de lo político, la explorac...
    Dispoñible

    19,90 €18,91 €

  • TRES GUINEAS
    WOOLF, VIRGINIA
    Virginia Woolf (1882-1941) publica Tres guineas (Three Guineas) en 1938 na editorial Hogarth Press, que ela e o seu home Leonard crearan en 1917. Inspirado polas grandes ideas humanistas ilustradas de liberdade, igualdade, fraternidade e felicidade que moveron as revolucións democráticas, o ensaio, en forma de epístola, conságrase á defensa dos ideais pacifistas, feministas e h...
    Dispoñibilidade inmediata

    15,00 €14,25 €

  • PISTOLEROS DE QUIOSCO
    EGUIDAZU, FERNANDO
    A lo largo de todo el siglo XX, y muy en especial desde los años cuarenta, la novela del Oeste fue la reina indiscutible de los quioscos españoles. De los más de 60.000 títulos que llegó a sumar nuestra novela popular en este período, más de la mitad tuvo como tema el Oeste americano. Y cuando, en los ochenta las reediciones sumaron otros miles de títulos a la lista, prácticame...
    Dispoñible

    24,90 €23,66 €

  • SINTAXIS HISTORICA DE LA LENGUA ESPAÑOLA II. CUARTA PARTE
    CONCEPCION COMPANY COMPANY
    La cuarta parte de la Sintaxis histórica de la lengua española la constituyen 31 capítulos, dispuestos en tres volúmenes, que analizan la estructura argumental, la estructura informativa, el orden de constituyentes, los actos de habla, las tradiciones discursivas y el condicionamiento de la cultura y del género textual en numerosos cambios en la historia del español. ...
    Dispoñible

    45,00 €42,75 €

Outros libros do autor

  • A BOCA DE KRISHNA
    PENA, XOSE RAMON
    Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia. Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a microhistoria recente de Ga...
    Dispoñible

    19,95 €18,95 €

  • EN TEMPO DE DESCONTO
    PENA, XOSE RAMON
    Xosé Ramón Pena é esa clase de autor que pertence á mellor tradición de contistas do noso país. Este libro de relatos é a confirmación diso, e de que estamos diante dun dos mellores narradores das letras galegas. Un mollo de historias que poderían ser en si mesmas partes dunha novela que as transita e atravesa e onde os personaxes, atrapados na vida, atropelados por ela, gobern...
    Dispoñibilidade inmediata

    22,55 €21,42 €

  • OBRA POÉTICA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. (LETRAS GALEGAS 2022)
    PENA, XOSE RAMON
    As Letras Galegas 2022, dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán,permiten a redescuberta dun autor inserido nas coordenadas da vangarda enxebre ao que cómpre engadir unha poesía, bastante descoñecida, quecontén cantos xeórxicos, exaltacións dionisíacas e eróticas ou queparticipa da poesía de combate e denuncia social. A Obra poética deFlorencio Delgado Gurriarán inclúe Bebedeira...
    Dispoñible

    22,50 €21,38 €

  • TODAS AS VIDAS
    PENA, XOSE RAMON
    "Todas as vidas" recrea relatos de soñadores, perdedores, persoas frustradas ou de aspirantes á revolución. Son un monllo de vidas que abanean entre o marabilloso e o absurdo, vidas intensas que petan con forza á nosa beira. Un exlexionario fantasía con tempos felices sobre os areais de Melilla; un aspirante a estrela do boxeo combate sobre o ring dunha Detroit moi doméstica; a...
    Dispoñible

    23,95 €22,75 €

  • HISTORIA DA LITERATURA GALEGA IV
    PENA, XOSE RAMON
    Con este cuarto volume, Xosé Ramón Pena continúa o ambicioso relato da nosa historia literaria que iniciou hai máis de cinco anos e que conta cos seguintes títulos: «Historia da Literatura Galega, I. Das orixes a 1853» (Xerais 2013); «Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento» (Xerais 2014); «Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. A xeira das ...
    Dispoñible

    28,95 €27,50 €

  • HISTORIA DA LITERATURA GALEGA II
    PENA, XOSE RAMON
    Esta segunda entrega da Historia da Literatura Galega continúa o relato emprendido co primeiro volume, Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais, 2013), e configura unha narración congruente e sólida que nos conduce agora pola etapa do Rexurdimento, desde os albores da renacenza literaria do idioma galego, a mediados do século XIX, deica a fundación das Irmanda...
    Dispoñible

    30,95 €29,40 €