MANU CHAO
-5%

MANU CHAO

MÚSICA E LIBERDADE

ROBECCHI, ALESSANDRO

21,75 €
20,66 €
IVE incluído
Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
2001
ISBN:
978-84-8302-725-7
Páxinas:
352
Encadernación:
Rústica
Colección:
CRONICA
21,75 €
20,66 €
IVE incluído

Segundo Eduardo Galeano, Manu Chao. Música e liberdade, do xornalista musical italiano Alessandro Robecchi, " non é unha biografía dun rock star pola sinxela razón de que Manu Chao non é un rock star, senón máis ben un rock wind, e non se pode retratar o vento. O autor deste libro métese nese vento que se mete nos mundos do mundo, e convídanos a voar " .
Robecchi reconstrúe a traxectoria vital e musical de Manu Chao dende os comezos dos Hots Pants e Los Carayos á paixón insurrecta de Mano Negra, á aventura do cargueiro Melquíades, e á Colombia do Expreso de xeo e lume, momento no que chegou a se converter no verdadeiro líder do grupo. Esta primeira biografía continúa co seu camiñar musical en solitario, abordando tanto o éxito radical dos seus discos Clandestino e Próxima Estación... Esperanza, como das súas estancias en Barcelona, ou o seu último concerto en Lalín, nunha traxectoria ascendente cara ao número un de tódalas listas musicais de Sudamerica e Europa, gracias á mestizaxe musical que fai que as súas cancións non pertenzan a un só lugar senón a todo o mundo.
Xurxo Souto e Xosé Manuel Pereiro reivindican no libro a pegada galega da obra de Manu Chao e reviven a súa estadía en Galicia. Na introducción de Xurxo Souto, " Manu Chao en Galiza, ou a aventura da Feira das mentiras " , descríbese o encontro de Manu Chao coa terra dos seus maiores, a terra e as xentes de Bastavales, a unión co movemento Bravú, a participación na Caravanne des Quartiers e a celebración en Santiago, no agosto de 1998, da Feira das Mentiras. Pola súa banda, o xornalista Xosé Manuel Pereiro escribe un epílogo, " Ciao, Manu " , no que revive a última estadía de Manu Chao en Galicia, en Lalín no mes de agosto de 2001, " unha festa realmente global " , e no que valora o papel da proposta musical de Manu Chao na sociedade actual.

Artículos relacionados

  • HISTORIA OCULTA DE LA MUSICA
    MUÑOZ, LUIS ANTONIO
    Mozart, Haydn, Carlos Gardel o Louis Armstrong eran masones. Satie compuso música en su juventud para la Orden Rosacruz. Leonardo da Vinci escribió un tratado sobre música que se encuentra perdido y diseñó extravagantes instrumentos musicales. Hitler concibió su plan de invadir Europa después de escuchar una ópera de Wagner. Schumann frecuentaba sesiones espiritistas al tiempo ...
    Dispoñibilidade inmediata

    11,90 €11,31 €

  • ENSEÑAR FLAMENCO
    CENIZO JIMENEZ, JOSE
    Un estudio que intenta clarificar el panorama de la Didáctica del Flamenco, entendida como propuesta y método para acercar el flamenco a los alumnos de los distintos niveles educativos, especialmente de secundaria, donde ha trabajado el autor más de treinta años. Se aporta una visión didáctica interdisciplinar (aspectos lingüísticos, literarios, históricos, filosóficos, etc.) p...
    Dispoñible

    21,90 €20,81 €

  • DE GIRA CON ALICE COOPER
    GREENE, BOB
    En 1973, Bob Greene estaba considerado uno de los periodistas más prometedores y prominentes de Estados Unidos. Columnista estrella del "Sun-Times" de Chicago y autor de un libro sobre la campaña presidencial de 1972, también era un joven de veintiséis años enamorado del rock and roll. Decidido a unir las dos pasiones de su vida, en 1973 llegó a un acuerdo con la Alice Cooper B...
    Dispoñibilidade inmediata

    24,95 €23,70 €

  • ANDRES DO BARRO. A XENESE DO POP EN GALEGO
    FERNÁNDEZ REGO, FERNANDO
    Fernando Fernández Rego achéganos á intensa vida de Andrés do Barro, marcada polo éxito e o baleiro que este trouxo consigo, así como aos tempos convulsos que lle tocou vivir, de par que nos ofrece un retrato da Galicia da época, das primeiras formacións beat, do Movemento Popular da Canción Galega e da censura que operaba nas emisoras que emitían cancións en galego, catalán e ...
    Dispoñibilidade inmediata

    31,00 €29,45 €

  • HOY VAMOS DE CONCIERTO
    ARENILLAS, JORGE
    Hubo un tiempo en el que las entradas de conciertos, impresas en papel, se compraban en tiendas de discos; en el que algunos recitales empezaban a medianoche en salas en las que se podía fumar; en el que no había zonas VIP ni precios dinámicos, y en el que los espectadores no pasaban buena parte del show viendo a los músicos a través de una pantalla de móvil. Esa época que nos ...
    Dispoñibilidade inmediata

    24,00 €22,80 €

  • ¡ESAS PALMAS, COÑO!
    MIGUEL COSTAS
    El relato en primera persona de una de las leyendas del punk español. Un recorrido nostálgico por las décadas que marcaron y cambiaron para siempre la historia de la música de este país. Guitarras, resacas y alguna que otra verdad. Más que unas memorias, este libro es un parte de guerra. ¡Esas palmas, coño! es la historia de un chaval de Vigo que nació entre calles de barro, ap...
    Dispoñible

    22,90 €21,76 €

Outros libros do autor

  • VERDADES ROTAS
    ROBECCHI, ALESSANDRO
    El aclamado director de Las verdades rotas, Manlio Parrini, decide volver a ponerse detrás de la cámara tras haber dejado el cine en la cima del éxito. Ahora, ya casi anciano, tiene en mente una historia muy especial: una película sobre Augusto De Angelis, pionero de la novela negra italiana en los años treinta cuya violenta muerte quedó como un caso sin resolver que huele a in...
    Dispoñibilidade inmediata

    20,90 €19,86 €

  • PESCI PICCOLI
    ROBECCHI, ALESSANDRO
    Dispoñible

    24,13 €22,92 €

  • FOLLIA MAGGIORE
    ROBECCHI, ALESSANDRO
    Sen stock. Solicite información

    22,62 €21,49 €

  • ESTA NO ES UNA CANCIÓN DE AMOR (SBLACK)
    ROBECCHI, ALESSANDRO
    Sen stock. Solicite información

    21,00 €19,95 €