MÉDICOS E MEDICINA RURAL NA COSTA DA MORTE. A FIGURA DO DOUTOR MANUEL PÉREZ MARO
-5%

MÉDICOS E MEDICINA RURAL NA COSTA DA MORTE. A FIGURA DO DOUTOR MANUEL PÉREZ MARO

PÉREZ ASTRAY, BRAULIO

20,00 €
19,00 €
IVE incluído
Editorial:
HERCULES DE EDICIONES
Ano de edición:
2023
Materia
Biografías
ISBN:
978-84-19754-25-7
Páxinas:
240
Encadernación:
Rústica
Colección:
VARIOS
20,00 €
19,00 €
IVE incluído

As condicións de traballo eran moi duras. Non había horarios, a atención prestábase as vinte e catro horas do día, os sete días da semana e os trescentos sesenta e cinco días do ano. Apenas había estradas, e para chegar á casa de moitos doentes
cumpría ir por corredoiras enlamadas. Casas ás que, en moitas ocasións, aínda non chegara a luz eléctrica. O cabalo, a moto e o utilitario foron marcando no tempo o progreso dos médicos e o desenvolvemento das zonas.
Atendían partos, fracturas, enfermidades comúns e todos os problemas de saúde que lles afectasen aos seus pacientes, pois trasladalos á cidade era moi complicado e moitos tampouco dispoñían de recursos económicos para facerlles fronte. Os médicos rurais de entón foron profesionais que exerceron a medicina cunha entrega absoluta, suplindo as carencias técnicas cun enxeño e unha pericia practicamente infinitos.
Auténticos heroes silenciosos, como foron chamados, que atendían os seus pacientes cun trato familiar moi humanitario, en ocasións sen cobrarlles, incluso dándolles de comer ou mesmo cartos para comprar as medicinas a aqueles máis necesitados,
nunha época de grandes carencias e pobreza. Eran persoas da total confianza dos seus pacientes, auténticos confesores, conselleiros e gardiáns de segredos.
Manuel Pérez Maroño foi un deses médicos rurais durante un longo período de máis de corenta anos, que abarca desde mediada a década dos cincuenta ata 1995, en que se produciu a súa xubilación. No desempeño da profesión é recoñecido
como «un dos médicos rurais máis activos da Costa da Morte durante a segunda metade do pasado século», cun importante «labor de liderado da clase sanitaria da zona» (La Voz Carballo, 2005). Pero sobre todo segue a ser lembrado como un home de ben, próximo e humilde, de fácil trato, accesible a calquera independentemente da súa procedencia ou condición, con innumerables e apreciados amigos alá por onde foi. Dotado dunha grande intelixencia, fina ironía e simpatía por milleiros, fixo gozar coas súas historias a todos aqueles que as compartían con el. Este libro recolle, a grandes trazos, parte da súa vida e das súas andanzas polos lugares, aldeas e vilas da vella e incomparable Costa da Morte.

Artículos relacionados

  • JUAN BELMONTE, MATADOR DE TOROS
    CHAVES NOGALES, MANUEL
    Desde las orillas del Guadalquivir hasta la gloria eterna: la transformación de un hombre en semidiós, narrada por Chaves Nogales. El retrato íntimo de un genio que revolucionó el arte de torear y se convirtió en mito viviente de la España de principios del siglo XX. Las calles de Sevilla forjaron la infancia del que posteriormente sería conocido como el Pasmo de Triana, un Bel...
    Dispoñibilidade inmediata

    25,00 €23,75 €

  • SANTIAGO
    LEYRA FARALDO, ANGEL MARIA
    Una biografía del apóstol Santiago que explora su relación con España, y la consolidación del Camino de Santiago. ...
    Dispoñibilidade inmediata

    24,95 €23,70 €

  • SIR TOMAS MORO
    VAZQUEZ DE PRADA, ANDRES
    Completa biografía de Tomás Moro, gran canciller de Inglaterra, canonizado por la Iglesia católica en 1935. ...
    Dispoñible

    24,95 €23,70 €

  • FRANCISCO DE ASÍS DE BORBÓN, EL REY CONSORTE
    RICARDO MATEOS SAINZ DE MEDRANO / JONATAN IGLESIAS SANCHO
    ¿Has oído hablar de un hombre afeminado, meapilas, avaro e impotente que pasó sin pena ni gloria por la historia de España como su único rey consorte ¿Sabes quién yace enterrado bajo tal retahíla de tópicos, qué hay de cierto en todos ellos La insólita figura de Francisco de Asís de Borbón es, paradójicamente, una de las menos estudiadas y más desconocidas de nuestra contempora...
    Dispoñible

    25,95 €24,65 €

  • PASION INTELECTUAL Y AMOR PROHIBIDO
    GIL AMBRONA, ANTONIO
    Marie-Louise Mignot Arouet, conocida como Madame Denis, mantuvo una relación incestuosa y prohibida con su tío materno Voltaire, tras quedarse viuda, a lo largo de más de treinta años. En aquel tiempo, supervisó la publicación de las obras del escritor y filósofo mientras este permanecía en un largo exilio, asumió la coordinación del estreno de sus piezas teatrales, gestionó lo...
    Dispoñible

    22,95 €21,80 €

  • COMO UNA PLUMA BLANCA
    FUENTES, JAIME
    Jaime Fuentes ubica el origen de sus andanzas en el año 1964, en Uruguay. Tiene 19 años y se irá a estudiar periodismo en la Universidad de Navarra. Su época de Pamplona cambiará su entera existencia: allí se desencadenarán unos sucesos que irán perfilando el sentido de su vida y que le llevarán a soñar con proyectos cada vez de mayor envergadura: su encuentro con san Josemaría...
    Dispoñibilidade inmediata

    16,90 €16,06 €