Varios autores
Nas páxinas deste libro o lector ten a crónica dunha vida, dunha vocación apaixonada.
Memoria dos amigos, editado por Galaxia e a Fundación Otero Pedrayo, é a crónica dunha vida ordenada por capítulos temáticos e enmarcada no testemuño de familiares e amigos de Agustín Sixto Seco, moitos dos cales o acompañaron en momentos decisivos da súa vida privada, vocacional e profesional.
Álvaro Sixto, o seu neto, Pedro Guillén, discípulo e figura sobranceira da Traumatoloxía española, Xosé Ramón Barreiro, Presidente da Real Academia Galega e Juan Manuel Pérez, vello amigo seu de alén mar e Ex Presidente do Centro Galego de Bos Aires falannos do Agustín home, profesional, amigo e galeguista. Cinco esteos que constrúen un libro de cariño e homenaxe a quen foi o primeiro Presidente do padoado da Fundación Otero Pedrayo dende a súa creación no ano 1979 ata pouco antes do seu falecemento en decembro do 2004.