ùHoxe narrareivos a última historia. Unha historia que sucedeu deverdade! ùdixo moi serioù. Despois calarei para sempre. [à] ùOs que me feriron volverán a por ti. Son inimigos poderosos e hai tempo quequeren quedar coas terras dos Calatrava.
Se non puideresdefender o castelo, arrinca unha pedra dunha das ameas, colle o nosofillo e fuxe. Faino pronto, suplícocho, antes de que vos maten aosdous. Só posuirá en paz este castelo quen o teña enteiro. Algún día ti ou o noso fillo poderedes completalo con esa pedra.