"Érase unha vez un coelliño branco. Un día foi buscar coles 
	á horta para facer un caldiño. Cando o coelliño volveu á casa, 
	atopou a porta pechada e petou.
	-Quén é? preguntou un vozarrón desde dentro..."
	Na busca de axuda para reconquistar o seu fogar, ocupado 
	pola terrible cabra cabraza, que se lle salta enriba o esmagaza, 
	o coelliño branco levará varias sorpresas. Trátase dun texto-fórmula 
	concebido tanto para ser lido como para ser contado, e que xoga
	dunha forma especial coa sonoridade e coa rima. Tamén reivindica
	a amizade e a coraxe como proba de que a valentía non é cuestión
	de tamaños.