Moucho sempre fora o sabio conselleiro do bosque, aquel que atopaba as palabras xustas cando alguén as precisaba. Pero un día comezou a esquecer.
Cando os seus recordos comezan a esvaecerse, os seus amigos deciden escribir para el as historias que compartiron xuntos. Páxina a páxina, Moucho descobre que, aínda que a memoria poida debilitarse, todo o que fomos e significamos para os demais permanece.
Un álbum ilustrado luminoso e conmovedor sobre a memoria, a identidade e o poder dos vínculos, ideal para compartir entre nenos e adultos.