PEL DE LOBO
-5%

PEL DE LOBO

MIRANDA, XOSE

14,50 €
13,78 €
IVE incluído
Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
2002
ISBN:
978-84-8302-865-0
Páxinas:
112
Encadernación:
Rústica
Colección:
FORA DE XOGO
14,50 €
13,78 €
IVE incluído

Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos. Desta volta, Xosé, un mozote de dezasete anos, dará conta en primeira persoa do acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando. Alí no Incio, Xosé coñecerá a beleza inquedante das irmáns Ana e Aurora e enfrontarase ás gadoupas dun animal que non ten medo do home nin do lume. Este é o arranque argumental de ''Pel de lobo'', a novela de Xosé Miranda, gañadora do Premio Merlín 2002. Unha novela de aventuras e terror que recrea o mito popular e literario do lobishome. Escrita nunha prosa de alta calidade literaria, empregando unha lingua popular moi puída, Xosé Miranda crea nesta novela engaiolante a atmosfera desacougante das fazañas e das crenzas sobre o lobo nas aldeas da montaña luguesa. Aventuras e crenzas que non lle impiden recoller noutros fíos narrativos unha misteriosa historia de amor e de descubrimento iniciático da vida adulta, o debate sobre as ideas de redención dos foros, o mundo mítico e as crenzas populares da aldea, ou as historias de cazadores. ''Pel de lobo'' constitúe unha homenaxe á memoria de tódolos habitantes das montañas de Lugo e Ourense, a súa fala e a súa concepción do mundo. Unha homenaxe, tamén, traballo dos antropólogos e escritores galegos como Laureano Prieto, Vicente Risco, Fiz Vergara Vilariño, Uxío Novoneyra ou Ánxel Fole, que impregnaron coas súas historias as páxinas desta magnífica obra, dirixida tanto a público xuvenil como adulto.

Artículos relacionados

  • PATRULLA CANINA PRIMERA AVENTURA. DINOPE
    NICKELODEON
    ¡Prepárate para una acción trepidante llena de dinosaurios! Únete a la Patrulla Canina en este libro basado en «La Dino Película», que se estrenará en los cines en el verano de 2026. ¡La Patrulla Canina vuelve a la gran pantalla con una tercera película con increíbles aventuras y ¡muchos dinosaurios! Una tormenta lleva a la Patrulla Canina a una isla tropical repleta de dinosa...
    Dispoñible

    8,95 €8,50 €

  • CONTANDO CRIATURAS
    LEONE, DEE
    ¡Aprende a contar de la manera más monstruosamente divertida! Prepárate para conocer un mundo lleno de criaturas traviesas, en este original libro repleto de ritmo y humor para leer en voz alta. Conoce a pequeños duendes de rodillas nudosas, monstruos gruñones con pelos de punta, dragones lanzallamas de escamas brillantes… ¡y muchos monstruitos más! Con un texto rimado, ilustra...
    Dispoñibilidade inmediata

    14,96 €14,21 €

  • TOCA Y APRENDE - NÚMEROS
    DK
    Un precioso libro interactivo para tocar y sentir que encanta a los más pequeños Los elementos táctiles y las encantadoras imágenes fomentan el desarrollo de las habilidades motoras y el aprendizaje temprano. Una forma interactiva y divertida de ayudar a tu hijo a aprender no solo palabras, sino también números, formas y texturas. Las imágenes llamativas y brillantes y las colo...
    Dispoñible

    7,95 €7,55 €

  • UN AMOR TAN GRANDE
    DIAZ REGUERA, RAQUEL
    ¿Cómo se mide el amor de mamá? Un amor tan grande no cabe en la maleta de un gigante, ni en el sombrero de un elefante ni en un beso de la luna. Tampoco puede guardarse en ningún sitio. Bueno, sí. Solo hay un sitio donde cabe tanto amor. ...
    Dispoñible

    15,90 €15,11 €

  • BUSCA Y ASUSTA. ¡CON ACTIVIDADES!
    PAZOS, FEDE
    ¡El libro de busca y encuentra más monstruosamente divertido para celebrar Halloween! ¡Y con actividades! ¡Prepárate para una noche de Halloween llena de monstruos, música y diversión! Vladi, un pequeño vampiro guitarrista, y Circe, una brujita experta en maracas, han sido invitados a las fiestas más terroríficamente divertidas del año. Pero, antes de empezar a bailar, necesita...
    Dispoñibilidade inmediata

    15,95 €15,15 €

  • OVEJITA Y LA CASA ENCANTADA, LA
    SMALLMAN, STEVE
    La ovejita deja de hacer BEEEEEE para decir BUUUUUU... Una historia perfecta para un Halloween que cada vez tiene más adeptos. La ovejita Estofado, el lobo y su cocodrilo Tortilla están disfrutando de un día en la casa embrujada. ¡Qué divertido! Pero… ¿saldrán igualmente felices tras todos los sustos que les esperan? Lee y lo verás; lo pasarás... ¡de miedo! Los niños pequeños d...
    Dispoñibilidade inmediata

    9,95 €9,45 €

Outros libros do autor

  • VESTIO
    MIRANDA, XOSE
    A doutora Eva García, destinada no remoto lugar de Viana das Veigas, atópase cun cadáver sen rostro e coas mans esmagadas. Xunto ao cadáver aparecen unha carta e un diario. Lendo o diario a doutora vai descubrir as claves de estraños comportamentos e estraños acontecementos que non só se refiren aos habitantes da vila, senón a ela mesma, ao seu marido e á súa filla desaparecida...
    Dispoñibilidade inmediata

    15,50 €14,73 €

  • A BIBLIOTECA DA IGUANA
    MIRANDA, XOSE
    Este primeiro libro de contos de Xosé Miranda, agora reeditado, revisado e actualizado polo autor, recolle oito pezas de impecable construción e gran forza argumental que van engaiolando ao lector a cada paso. Un libro plural, aberto, no que os relatos parten do cotián para adentrarnos nas perplexidades da vida que sempre acaban por marcar o desenlace. Oito fermosos relatos inq...
    Dispoñible

    16,85 €16,01 €

  • TARXETA VERMELLA
    MIRANDA, XOSE
    "Moitas veces marrei unha bóla que tiña segura. Tiven centos de oportunidades, tirei á portería, pero a pelota deu no largueiro, coouse polo fondo, desviouse no aire. Non sei canto tempo hai que empezou o partido. Posiblemente horas. Se cadra días. Non o sei, non lembro o comenzo..." Así comeza "Tarxeta vermella", o texto que dá título a este libro de relatos, onde o autor subv...
    Dispoñible

    16,65 €15,82 €

  • ARIADNA
    MIRANDA, XOSE
    Adriana e Ariadna son dúas irmás xemelgas que chegan ata o Vello Planeta nunha viaxe turística, gracias a que foran gañadoras dun concurso dos que aparecen nas tapas de cartón dos cereais. A estancia prevista de quince días, despois da viaxe dende o seu planeta Europa, no foguete interplanetario Hecatonquiric IV, modificará totalmente as súas vidas. No Vello Planeta aloxaranse ...
    Dispoñible

    12,30 €11,69 €

  • MORNING STAR
    MIRANDA, XOSE
    Morning Star é unha novela de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns e esperanzas, gavelas de bandoleiros do século XIX, da busca dun tesouro e de dous rapaces procurando a liberdade, dun cego que toca a gaita e o violín e fala en verso, dun can branco burgalés, dun portugués con tres pegas amestradas e un ollo coma un ovo cocido, que ten o se...
    Dispoñibilidade inmediata

    19,95 €18,95 €

  • CAPITAN DOS TEUS OLLOS.(POESIA)
    MIRANDA, XOSE
    Dispoñible

    12,00 €11,40 €