POESÍA MARCIAL VALLADARES
-5%

POESÍA MARCIAL VALLADARES

VALLADARES, MARCIAL

17,95 €
17,05 €
IVE incluído
Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
2003
ISBN:
978-84-9782-010-3
Páxinas:
280
Encadernación:
Rústica
Colección:
BIBLIO DAS LETRAS GALEGAS
17,95 €
17,05 €
IVE incluído

A faceta de poeta de Marcial Valladares (Vilancosta, A Estrada 1821-1903) aparece na historia da literatura galega frecuentemente escurecida pola súa outra actividade literaria como narrador. Non obstante, debemos ter presente que o autor de "Maxina ou a filla espúrea" (escrita en 1870 e publicada en 1880) compuxo arredor de medio cento de composicións poéticas que, aínda que de desigual calidade, presentan como mérito o feito de seren precursoras no uso do galego nos primeiros tempos do rexurdimento literario. Sen dúbida, as súas primeiras composicións poéticas, de 1844, 1845 e 1846, a súa primeira manifestación literaria reflectida en poemas como "A un paxariño",xunto ás pezas de Alberto Camino, sitúan ao escritor da Estrada como un dos fundadores da nosa Renacencia literaria.
A presente edición da obra poética en galego de Marcial Valladares, preparada por Xosé A. Fernández Salgado, profesor da Universidade de Vigo e especialista na obra de Marcial Valladares, sobre quen preparou a súa tese de doutoramento, recolle medio cento de composicións escritas por Valladares ao longo de case medio século, dende 1844 a 1891. Ofrécese, pois, por vez primeira, un volume que compila as súas poesías dispersas por xornais e publicacións da época, e algunha outra inédita. Precursor, como Francisco Añón ou Alberto Camino, os primeiros poemas de Valladares traslocen os sentimentos e sensibilidades das vivencias persoais, e son debedoras das formas e temáticas románticas propias da altura do século. Non obstante estes versos comparten presencia cos de asuntos costumistas, que se tinguen ás veces de leves críticas sociais, e con outros tipicamente populares en formas e motivos.

Artículos relacionados

  • SEÑALES PARA FUTUROS ARQUEOLOGOS
    RODRIGUEZ, JULIO
    Señales para futuros arqueólogos se alzó con el Premio Alegría del Ayuntamiento de Santander, en su 29.ª edición por "su atrevido aliento lírico, el cuidado técnico y la valentía de enfrentarse, con sutileza y crítica, a los desafíos de nuestro tiempo", según expresó el jurado. El enigmático título del libro sugiere no sin ironía que los objetos y costumbres de nuestra vida cot...
    Dispoñibilidade inmediata

    10,00 €9,50 €

  • LA EDAD DE LOS FANTASMAS
    PRADO, BENJAMIN
    Benjamín Prado (Madrid, 1961) ha publicado trece novelas, entre otras las siete de su serie protagonizada por el detective Juan Urbano ùMala gente que camina (2006), Operación Gladio (2011), Ajuste de cuentas (2013), Los treinta apellidos (2018), Tod ...
    Dispoñibilidade inmediata

    12,00 €11,40 €

  • ASPERO MUNDO
    GONZALEZ, ANGEL
    La poesía del ovetense Ángel González (1925-2008) mantiene hoy una enorme vigencia y continúa despertando el interés y la admiración de las nuevas generaciones de lectores. Con motivo del centenario de su nacimiento, Ediciones Rialp se suma de forma especialmente significativa a la conmemoración con la edición facsimilar de Áspero mundo, su primer poemario, publicado originalme...
    Dispoñibilidade inmediata

    10,00 €9,50 €

  • CUARENTA Y TRES MANERAS DE SOLTARSE EL PELO
    SASTRE, ELVIRA
    Elvira Sastre, escritora, traductora y filóloga, nació en Segovia en 1992, es una de las poetas más reconocidas e influyentes de la poesía en español de los últimos años. Su obra lírica está reunida en el libro Lo que la poesía aún no ha escrito, Visor 2023. Como novelista en 2019 obtuvo el Premio Biblioteca Breve. «A Elvira Sastre se la veía venir, desde su primer libro. Despu...
    Dispoñibilidade inmediata

    15,00 €14,25 €

  • POESÍAS COMPLETAS I
    ZURITA, RAUL
    Heredero de la gran tradición lírica chilena reconocida anteriormente por el premio Reina Sofía en la figura de Gonzalo Rojas y Nicanor Parra, su obra revela el aliento épico y la ambición de la totalidad presente en La Araucana de Ercilla y continuada con títulos como Altazor, de Vicente Huidobro o Canto general, de Pablo Neruda. Estas grandes creaciones, a las que habría que ...
    Dispoñible

    36,00 €34,20 €

  • CASI COMO UNA APARICIÓN
    FAJARNES DURAN, JAVIER
    «Este libro recoge una serie de intuiciones e imágenes de hace ya unos cuantos años. Sus poemas salvo uno de ellos, surgido en 2025, fueron escritos en una época en la que tenía todo por vivir (o quizá vivía más en la poesía escrita), y fueron guardados sin urgencia, lejos de la necesidad arrebatada de someter al tiempo. Son una suerte de apariciones o epifanías cotidianas que,...
    Dispoñible

    14,00 €13,30 €

Outros libros do autor

  • MAJINA,OU A FILLA ESPUREA
    VALLADARES, MARCIAL
    Majina, a primeira novela galega moderna. Apareceu publicada por entregas na revista madrileña La Ilustración Gallega y Asturiana en 1880, o annus mirabilis da literatura galega en que tamén viron luz os libros Follas novas, Aires da miña terra e Saudades gallegas, de Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Lamas Carvajal, respectivamente. Malia publicarse neste ano, actualmente s...
    Dispoñible

    18,50 €17,58 €

  • MAXINA OU A FILLA ESPURIA
    VALLADARES, MARCIAL
    Dispoñible

    26,50 €25,18 €

  • MAXINA OU A FILLA ESPURIA
    VALLADARES, MARCIAL
    Marcial Valladares Núñez (1821-1903) é autor da primeira novela galega do século XIX, obra sobranceira do rexurdimento: Maxina, ou a filla espúrea (1890). Nese mesmo ano publicou Rosalía de Castro Follas Novas e M. Curros Enríquez Aires da miña terra. Presentada primeiro por entregas no folletón de La Ilustración Gallega y Asturiana, que dirixía Manuel Murguía, Maxina represen...
    Sen stock. Solicite información

    10,25 €9,74 €