Chrysostome Liège asinou o contrato para servir na Force Publique do rei Leopoldo a comezos de 1903, e chegou ao seu destino no Congo en agosto do mesmo ano tras viaxar en paquebote de Anveres a Matadi, despois en tren até Léopoldville, e logo ao final nun pequeno vapor, o Princesse Clémentine, deica o destacamento militar de Yangambi. Narrada con ironía e sarcasmo, con diálogos e bastante movemento de personaxes, esta obra reflicte a faciana monstruosa do ser humano e fainos reflexionar sobre o valor da vida e da morte, sobre a ambición desmedida, a traizón e a paixón. Ilustración de portada: Marc Taeger