é unha fábula de estilo clásico escrita en Kikuyu e traducida a máis de oitenta idiomas en todo mundo. Unha homenaxe á tradición da literatura oral e dese másico momento compartido que supón ler aos outros.
O conto narra a formación do corpo humano como unha discusión entre as súas partes. Brazos e pernas quererán demostrar que son os máis importantes nunha competición que terá como testemuñas o resto de animais, que os tomarán por tolos, e as outras partes do corpo quererán dicir o que opinan. Como acabará todo?
Un marabilloso conto de Ngg wa Thiong'o ilustrado por Agustín Comotto.
A vida está conectada. Estamos todos conectados, dependemos os uns dos outros. Palabras de Ngg sobre o conto na entrevista en Los Angeles Review of Books.
O relato lémbranos que todos somos un, e que na nosa unidade temos o poder de transformar o futuro que esperamos para nós mesmos. The Guardian